Programa especial desde Vigo para toda España co gallo da Festa da Reconquista, coincidindo coa celebración do 20 aniversario de Radio 5 Todo Noticias.
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana. No naufraxio no que morreron 8 dos 9 tripulantes corrido o 10 de marzo fronte a costa asturiana aínda continua desaparecido o muradán Manuel María Tajes // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán. Terán que aclarar as diferencias entre a documentación que aportou o administrador ferroviario e a que levaba o maquinista o día do sinistro, respecto a se o treito no que descarrilou o tren era ou non de alta velocidade e se tiña que dispoñer dos sistemas de frenado propios dun AVE ou non // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. Oitocentos estudantes das universidades galegas poderían ter que devolver as súas becas ao non acadar as notas esixidas para disfrutalas. 27/03/14
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana. No naufraxio no que morreron 8 dos 9 tripulantes corrido o 10 de marzo fronte a costa asturiana aínda continua desaparecido o muradán Manuel María Tajes // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán. Terán que aclarar as diferencias entre a documentación que aportou o administrador ferroviario e a que levaba o maquinista o día do sinistro, respecto a se o treito no que descarrilou o tren era ou non de alta velocidade e se tiña que dispoñer dos sistemas de frenado propios dun AVE ou non // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. Oitocentos estudantes das universidades galegas poderían ter que devolver as súas becas ao non acadar as notas esixidas para disfrutalas. 27/03/14
A autopsia confirma que o corpo encontrado nesta praia de Cantabria é o de victor Xosé Farinhas, contramestre do Santa Ana // Cinco responsables do ADIF prestaron declaración, ao longo da xornada no xulgado de Santiago que instrue o caso do accidente do Alvia do pasado verán // Manifestacións en cinco cidades galegas dentro da protesta convocada en toda España polo Sindicato de Estudiantes contra a LOMCE. 27/03/14
As baixas temperaturas de hoxe van remitir nas próximas xornadas e a nubosidade vai ir diminuindo, co paso das horas. 27/03/14
Volveu nevar hoxe en zonas altas de Galicia. Na montaña de Lugo houbo problemas para circular esta mañá por algunhas estradas secundarias. A neve impediu hoxe ir a clase a 322 escolares de 13 colexios de Lugo // Un cento de policías nacionais protestaron hoxe na Coruña pola organización do dispositivo que controlou a manifestación do sábado en Madrid. Aseguran que os axentes non foron ben protexidos durante o despregue. E os organizadores da marcha criticaron diante do Parlamento a actuación policial á que calificaron de "planificada" // O Celta xoga esta noite co Barcelona no Camp Nou. Un partido que suporá o reencontro de varios exbarcelonistas do Celta co seu antigo clube como Fontás e Nolito e o adestrador Luis Enrique. Os celestes pelexan pola permanencia fronte a un Barca crecido trala súa victoria no clásico. 26/03/14
Un cento de policías nacionais protestaron hoxe na Coruña pola organización do dispositivo que controlou a manifestación do sábado en Madrid. Aseguran que os axentes non foron ben protexidos durante o despregue. E os organizadores da marcha criticaron diante do Parlamento a actuación policial á que calificaron de "planificada" // Volve a neve ás montañas de Lugo e Ourense, que están hoxe en alerta amarela. A acumulación, de ata 20 centímetros, nas zonas máis altas de Lugo está a complicar o tráfico en varias estradas secundarias, algunhas mesmo tiveron que ser pechadas á circulación esta mañá // O Celta xoga esta noite co Barcelona no Camp Nou. Un partido que suporá o reencontro de varios exbarcelonistas do Celta co seu antigo clube como Fontás e Nolito e o adestrador Luis Enrique. Os celestes pelexan pola permanencia fronte a un Barca crecido trala súa victoria no clásico. 26/03/14
Un cento de policías nacionais protestaron hoxe na Coruña pola organización do dispositivo que controlou a manifestación do sábado en Madrid // Volve a neve ás montañas de Lugo e Ourense, que están hoxe en alerta amarela // O Celta xoga esta noite co Barcelona no Camp Nou. 26/03/14
Outro día de tempo desapacible ainda que con tendencia a ir remitindo a inestabilidade. 26/03/14
Galicia estivo representada polo Presidente da Xunta nos actos fúnebres na honra do expresidente do Goberno, Adolfo Suárez, que xa recibiu sepultura en Ávila. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou esta mañá, en Madrid á familia Suárez a quen lle transmitiu o respeto e admiración da sociedade galega por quen é recoñecido coma o artífice da democracia // A garda civil desaloxou aos veciños que permanecían acampados, desde hai un mes en Sarria, en protesta contra o encauzamento do río que pretende a confederación hidrográfica Miño-Sil. Un xulgado acaba de paralizar a corta de árbores necesaria para ese encauzamento por un prazo de tres días á espera de que os promotores aporten documentación // Novas testemuñas na instrucción do caso Asunta seis meses despois. Dentro dunha hora comezan a declarar por videoconferencia os cinco axentes do laboratorio de ADN da Garda Civil. 25/03/14
Galicia estivo presente na homenaxe que as máis altas institucións do Estado lle están a render ao expresidente Adolfo Suárez // O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladoulle á familia Suárez o seu pésame e o respeto e admiración da sociedade galega // A garda civil desloxa aos veciños que permanecían acampados, desde hai un mes, na illa do Toleiro en Sarria. Protestaban contra o encauzamento do río que pretende a confederación hidrográfica Miño-Sil // O Celta xoga mañá en Barcelona disposto a dar a sorpresa fronte ao vencedor do clásico e faráo sen Rafiña, debido a que a súa lesión se agravou tralo último partido. Vaise atopar cun Barça especialmente motivado coa súa volta á pelexa polo título de Liga. 25/03/14
Galicia estivo presente na homenaxe que as máis altas institucións do Estado lle están a render ao expresidente Adolfo Suárez // A garda civil desloxa aos veciños que permanecían acampados, desde hai un mes, na illa do Toleiro en Sarria // O Celta xoga mañá en Barcelona disposto a dar a sorpresa fronte ao vencedor do clásico. 25/03/14
No norte da Comunidade, día desapacible, cun pouco de todo: auga, vento e frío de inverno. Pero o peor está no mar. Hai decretarda unha alerta por ondas de ata 7 metros. 25/03/14
O Presidente da Xunta destaca o labor de Adolfo Suárez na reconciliación dos españois e di que hai que aproveitar o seu legado, no momento de crise actual. Os socialistas salientan o seu papel coma artífice da democracia. AGE critica que o ensalcen quen o atacara politicamente e o BNG recoñece o seu rol na superación do réxime anterior // Adolfo Suárez tiña moita vinculación con Galicia, sobre todo coa cidade da Coruña de onde eran o seu pai e os seus avós paternos. O seu proxenitor está enterrado no cemiterio San Amaro // A relación de Adolfo Suárez con Galicia está viva tamén no concello de O Grove, onde o ex presidente veraneou en 1980. Alí, segundo confesa agora o seu fillo, foi onde o daquela Presidente do Goberno, tomou a decisión de dimitir, acosado dende fora e dentro do seu partido. 24/03/14