Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura // Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14
Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura. Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas. Os labores dos buzos céntranse hoxe na zona dos camarotes de proa onde onte atoparon a outros dos mariñeiros do arrastreiro // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14
Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. 18/03/14
Logo de todos estes días de sol, volve cambiar o tempo. E empeora, a partir do venres. Volveremos ter choivas e baixada de temperaturas. 18/03/14
- Creen que Adif y Renfe no están colaborando con la justicia
- Y piden que se depuren responsabilidades políticasy penales
Os buzos de salvamento marítimo e mais da Garda Civil rescataron o corpo dun dos catro mariñeiros do Santa Ana que ainda seguían desaparecidos // Outro corpo está localizado, logo de que os equipos de rescate lograran perforar o casco do barco // A Xunta agarda un acordo definitivo sobre o reparto da cota de xarda nas negociacións que se van retomar mañá // Hoxe un sindicato policial calificou de proporcionada a actuación dos antidisturbios nas protestas destes mariñeiros en Santiago // Desarticulada na Coruña unha banda adicada a asaltar vivendas. Os seus integrantes, seis homes de idades comprendidas entre os 24 e os 39 anos, son orixinarios de varios países do leste de Europa. Actuaban sobre todo na capital provincial e a súa periferia. 17/03/14
Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias. Alí segue a busca dos catro mariñeiros aínda desaparecidos. Os mergulladores tratan hoxe de perforar o casco, para acceder aos camarotes nos que se sospeita que puideron quedar atrapados // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que é díficil de entender o xiro dos armadores do cerco na negociación // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. Alí tratou cos reponsables de Pemex sobre novos contratos e animou os empresarios a investir en Galicia // A fin de semana déixanos dous empates dos equipos galegos na segunda división de fútbol, o do Lugo en Córdoba e do Deportivo fronte ao Barcelona B, en Riazor. En primeira, o Celta venceu ao Levante, co que xa case ten encamiñada a permanencia. 17/03/14
Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. 17/03/14
Seguindo a tendencia da fin de semana, a última semana do inverno arranca con sol e temperaturas agradables. 17/03/14
Recuperado o corpo dun dos seis mariñeiros desaparecidos dende o luns no naufraxio do Santa Ana en Asturias. É o muradán Lucas José Mayo de 33 anos. Atopárono nun dos camarotes aos que hoxe sí puideron acceder os mergulladores da garda civil e salvamento marítimo.
Os buceadores tivevon que limpar os accesos ao interior do barco afundido, antes de poder entrar a buscar os corpos dos seis mariñeiros que se supón que foron ao fondo dentro do casco, no momento do afundimento.
Comezou en Santiago unha reunión de representantes do sector do cerco coa conselleira de mar para negociar posibles modificacións no sistema de reparto de cotas da xarda. (14/03/14)
Xornada agradable para este venres que nos sitúa baixo a influenza anticiclónica. Aínda así ,nas comarcas do litoral, a mañá estivo acompañada de brétemas costeiras, que impediron gozar do sol. (14/03/14)
Segue o traballo dos buzos da Garda Civil, tratando de localizar os corpos dos seis tripulantes do pesqueiro "Santa Ana" .
As lonxas da Coruña e de Vigo amenceron hoxe prácticamente sen actividade en apoio ás reivindicacións da frota galega do cerco .
O BNG asina con Bildu un acordo para concorreren xuntos ás eleccións europeas do 25 de maio. (14/03/14)
Segue o traballo dos buzos da Garda Civil, tratando de localizar os corpos dos seis tripulantes do pesqueiro "Santa Ana" que seguen desaparecidos dende o afundimento do barco, o pasado luns.
As lonxas da Coruña e de Vigo amenceron hoxe prácticamente sen actividade. Suspenderon poxas e vendas en apoio ás reivindicacións da frota galega do cerco que rexeita o actual reparto das cotas de xurelo e xarda. Mariñeiros galegos participaron hoxe nunha manifestación en Oviedo, xunto cos seus colegas asturianos, cos que comparten reivindicacións.
O BNG asina con Bildu un acordo para concorreren xuntos ás eleccións europeas do 25 de maio. Nun acto celebrado en Bilbao, ambas formacións din que van levar a Bruxelas a voz dos pobos. (14/03/14)
O acordo cos países nórdicos para aumentar a cota de xarda que pode capturar a flota comunitaria permite calmar os ánimos no sector galego do cerco. Agora toca repartir as 1.450 toneladas mais deste peixe que poderán pescar os nosos barcos // Cuarto día na busca dos seis mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Os mergulladores seguen sen poder acceder o casco do barco afundido fronte a Cabo Peñas en Asturias. Salvamento Maritimo tenta estabilizar cun cabo o pesqueiro pero de momento sen éxito // A Xunta vai poñer en marcha un plan para previr a obesidade infantil. Tres de cada dez nenos galegos presentan sobrepeso ou obesidade. Neste plan van participar as familias, médicos, colexios e mesmo as empresas. 13/03/14