O Presidente da Xunta destaca o labor de Adolfo Suárez na reconciliación dos españois e di que hai que aproveitar o seu legado, no momento de crise actual. Os socialistas salientan o seu papel coma artífice da democracia. AGE critica que o ensalcen quen o atacara politicamente e o BNG recoñece o seu rol na superación do réxime anterior // Adolfo Suárez tiña moita vinculación con Galicia, sobre todo coa cidade da Coruña de onde eran o seu pai e os seus avós paternos // Rosario Porto volve saír da prisión de Teixeiro para exercer a súa defensa nas novas declaracións que hoxe tratan de aclarar a orixe da mancha de seme que apareceu na camiseta da súa filla Asunta, asasinada hai seis meses // O Celta prepárase para plantarlle cara ao Barcelona, ao que visita pasado mañá, tentando esquecer a súa última derrota, por 2 goles ante o Málaga. En Segunda, a fin de semana déixanos a vitoria de Deportivo e Lugo. 24/03/14
O Presidente da Xunta destaca o labor de Adolfo Suárez na reconciliación dos españois // Rosario Porto volve saír da prisión de Teixeiro para exercer a súa defensa en novas declaracións xudiciais // O Celta prepárase para plantarlle cara ao Barcelona. 24/03/14
Tempo gris neste comezo de semana con chuvia sobre todo nas primeiras horas que foron dando paso dende mediodía a algúns claros e con chuviscas máis ocasionais. As temperaturas subiron algo despois dunha fin de semana bastante fría en xeral. 24/03/14
O Príncipe de Asturias loubou en Vigo a expansión internacional das nosas empresas ao recibir a medalla de ouro dos patronos pontevedreses coma recoñecemento do seu labor de embaixador. Pola mañá, en Santiago, inaugurara unha gran exposición sobre a auga, instalada na Cidade da Cultura // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación. O proceso concursal entra nunha nova fase na que os acredores van decidir se aceptan o convenio que propón o consorcio liderado polo grupo Damm ou deixan que a compañía pesqueira entre en liquidación // Nunha década Galicia podería perder 150.000 habitantes e quedar con menos poboación que no ano 1.900. A nosa é unha das 314 rexións de Europa máis envellecidas, cunha media dun fillo por muller. 21/03/14
O príncipe de Asturias inaugura na cidade da Cultura de Galicia a mostra Auga Doce, que honra este elemento imprescindible para a vida humana e natural // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación. O proceso concursal entra nunha nova fase na que os acredores van decidir se aceptan o convenio que propón o consorcio liderado polo grupo Damm ou deixan que a compañía pesqueira entre en liquidación // Cruce de querelas no Concello de Ourense. Tralas denuncias xudiciais da oposición (a última onte mesmo), a concelleira de urbanismo, do PSOE, denunciou hoxe á xunta de goberno de 2006, do PP. Acúsaa dun posible delito de prevaricación administrativa por adxudicarlle, segundo eles sen concurso, un contrato á empresa do actual edil de Democracia Ourensana Gonzalo Jácome, por importe de 61.000 euros. 21/03/14
O Príncipe de Asturias loubou en Vigo a expansión internacional das nosas empresas // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación // Nunha década Galicia podería perder 150.000 habitantes e quedar con menos poboación que no ano 1.900. 21/03/14
Temos por diante unha xornada, e unha fin de semana, de ceos anubrados e chuvascos. 21/03/14
Os barcos galegos do cerco prepáranse para dirixirse aos caladoiros da xarda e o xurelo. A maioría dos 130 pesqueiros do sector empezarán a traballar o luns. Só media ducia de embarcacións de Ribeira zarparon xa para faenar en augas do Cantábrico // O partido popular de Ourense denuncia o actual alcalde da cidade, o socialista Agustín Fernández, por, presuntamente, ter urbanizado a súa vivenda con cargo a fondos públicos do plan E. O rexedor négao e asegura que forma parte dunha campaña de persecución contra el // A Xunta aproba o decreto que crea as áreas de xestión clínica, que van ser de adscripción voluntaria para os profesionais da saúde. Foi nun consello presidido polo vicepresidente Alfonso Rueda, debido á viaxe de Alberto Núñez Feijóo a México e Panamá. O goberno galego tamén aprobou a creación da Axencia de Servizos Sociais. 20/03/14
Os barcos galegos do cerco prepáranse para dirixirse aos caladoiros da xarda e o xurelo. A maioría dos 130 pesqueiros do sector empezarán a traballar o luns. Só media ducia de embarcacións de Ribeira zarparon xa para faenar en augas do Cantábrico // A Xunta aproba o decreto que crea as áreas de xestión clínica, que van ser de adscripción voluntaria para os profesionais da saúde. Foi nun consello presidido polo vicepresidente Alfonso Rueda, debido á viaxe de Alberto Núñez Feijóo a México e Panamá // Un de cada catro galegos sofre algún tipo de alerxia respiratoria. Na nosa comunidade a que máis incidencia ten é a dos ácaros. Pero estes días os que máis empezan a notar os seus efectos son os alérxicos ao pole. A primavera para eles vai ser dura, din os expertos, debido ás abundantes chuvias do inverno. 20/03/14
Os barcos galegos do cerco prepáranse para dirixirse aos caladoiros da xarda e o xurelo // O partido popular de Ourense denuncia o actual alcalde da cidade, o socialista Agustín Fernández // A Xunta aproba o decreto que crea as áreas de xestión clínica, que van ser de adscripción voluntaria para os profesionais da saúde. 20/03/14
A primavera empeza hoxe con tempo cambiante, ben propio desta estación. Estamos nunha situación transitoria. Os ceos, ata agora, despexados ou pouco anubrados darán paso ás nubes esta noite, que traerán chuvias. 20/03/14
Ainda non hai acordo definitivo dentro do sector para que a frota do cerco poida sair faenar. Pero a cesión, por parte da flota do País Vasco, de 400 toneladas de xarda para os barcos galegos pode facilitar a solución ao conflicto // O grupo téxtil Inditex gañou un 1% máis en 2013, e acadou uns beneficios de 2.377 millóns de euros. Incrementou as súas vendas nun 5% e chegaron aos 16.700 millóns de euros. A compañía galega segue xerando emprego e o seu cadro de persoal e xa tén mais 128.000 traballadores // Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros. 19/03/14
Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén. Representantes do sector analizan coas autoridades pesqueiras, nunha reunión na Coruña, como redistribuir entre os armadores os cupos de xarda e xurelo, que veñen de aceptar // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos, un deles de Muros, o mecánico Manuel María Tajes. Os mergulladores puideron inspeccionar xa todalas dependencias do arrastreiro afundido, e dan por seguro que os corpos non se atopan no interior do barco. 19/03/14
Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos. 19/03/14
Seguimos disfrutando de tempo solleiro aínda que van ir aparecendo algunhas nubes que iso sí de momento non traerán auga. 19/03/14