Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense. O Pequeno, de só 10 meses xa sofriu varias fracturas en estremidades e costelas que lle foron descubertas no hospital cando o levaron ali para atendelo de graves feridas, sofridas recentemente // A banca acredora asume o liderado para tentar evitar a liquidación de Pescanova, a dous días que remate a fase de convenio no concurso da empresa pesqueira // O Consello de administración e a banca, á que lle debe 3 mil millóns de euros, presentaron esta mañá no xulgado un anexo ao convenio de acredores polo que os sete bancos cos que tén màis débeda aportarán capital, tomarán o control, e recuperarán mil millóns de euros da débeda total // O Celta busca esta noite, ante o Valladolid e en Balaídos, co apoio da afección, asegurar a permanencia en Primeira División. Unha victoria certificaría a continuidade na división de honra, obxectivo dos celestes en toda a temporada. 28/04/14
Claros e nubes altérnanse nos ceos de toda Galicia ainda que está máis cuberto, canto máis ao Oeste. Unha situación que vai seguir sen moitos cambios, mentres se agarda que as temperaturas sigan subindo, nas próximas horas. 28/04/14
Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense // As vítimas de violencia de xénero seguirán recibindo atención psicolóxica especializada e de balde // As medidas de prevención nos barcos de pesca son centro de atención hoxe ao celebrarse o día da seguridade no traballo e logo de que 18 mariñeiros faleceran recentemente en accidentes marítimos en pouco máis dun mes. 28/04/14
Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que tería utilizado a mesma arma para suicidarse logo nun anexo a vivenda // Un dos peritos xudiciais que estudaron o accidente do Alvia en Santiago afirma, no seu informe que o sinistro non se tería producido se, no treito anterior á estación, se tivera respectado o proxecto orixinal de circular co sistema ERTMS (que frea automaticamente o tren) // Hoxe hai case 26.000 persoas menos agardando por unha primeira consulta no médico especialista que hai un ano, o que supón unha redución das listas de espera no sistema sanitario galego de máis dun 17 por cento. Aínda así para ser atendido dunha patoloxía grave é preciso agardar 49 días. 25/04/14
Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que tería utilizado a mesma arma para suicidarse logo nun anexo á vivenda // Un dos peritos xudiciais que estudaron o accidente do Alvia en Santiago afirma, no seu informe que o sinistro non se tería producido se, no treito anterior á estación, se tivera respectado o proxecto orixinal de circular co sistema ERTMS, que frea automaticamente o tren // A xuíza que instrúe a operación Pokémon reclama máis información sobre os contratos das empresas relacionadas co marido da portavoz do Partido Popular, Paula Prado. Investiga se houbo trato de favor a esas firmas por parte dos concellos de Santiago, no que a política era concelleira, e no veciño de Boqueixón. Prado desminte, nun comunicado ter influído en contrato ningún. 25/04/14
Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que se suicidou // Un perito xudicial afirma, no seu informe que accidente do Alvia non se tería producido se non se tivera modificado a vía e cambiado o sistema de control da velocidade do tren // A xuiza que instrúe a operación Pokémon reclama máis información sobre os contratos das empresas relacionadas co marido da portavoz do Partido Popular, Paula Prado. 25/04/14
Seguimos con tempo chuvioso sobre todo no litoral. Ademais hoxe parte da costa galega está en alerta amarela por ventos fortes. 25/04/14
- Señala que haber modificado el proyecto original fue un error
- Esa modificación hizo que parte del trayecto tuviera menos seguridad
O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente". Resolución que se coñece logo de que catro dos membros deste grupo recorreran ante o Alto Tribunal a sentenza da Audiencia Nacional que os condenaba a penas de cárcere. Condenas que agora o Supremo rebaixa entre tres e cinco anos // Desartellada en Pontevedra e outras catro provincias españolas unha organización internacional adicada ao cobrar débedas de empresarios mediante coaccións, ameazas e outros métodos moi violentos // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín, ocorrido na Ría de Vigo, bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14
Hoxe, día mundial da meninxite, coñecemos a Victoria, unha nena galega que protagoniza xunto a outros 14 pequenos unha campaña de sensibilización mundial sobre esta doenza, que afecta ao ano a uns cinco centos mil pequenos // O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente". Resolución que se coñece logo de que catro dos membros deste grupo recorreran ante o Alto Tribunal a sentenza da Audiencia Nacional que os condenaba a penas de cárcere. Condenas que agora o Supremo rebaixa entre tres e cinco anos // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14
Hoxe, día mundial da meninxite, coñecemos a Victoria, unha nena galega que protagoniza xunto a outros 14 pequenos unha campaña de sensibilización mundial sobre esta doenza // O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente" // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14
O paso dunha fronte deixouse notar durante toda a maña, trouxo inestabilidade atmosférica e provocou a baixada das temperaturas. 24/04/14
- Concluye que el grupo admite la violencia para defender el independentismo
- Rebaja, no obstante, las penas impuestas por la Audiencia a cuatro miembros
Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel. Quéixanse de que empezaron a aplicarlles, todas ao mesmo tempo, unha rebaixa do prezo de 3 euros e medio por tonelada, o que lles pode causar perdas de millóns de euros // Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas quere chegar a producir ata 40 millons de botellas, de aquí a 2018, mellorar a relación calidade-prezo e aumentar as vendas no mercado nacional. Son Obxectivos do Plan Estratéxico, presentado este mediodía á administración e representantes do sector // O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20%. Ademais, segundo o INE editáronse case un 30% de títulos menos no último ano. Paralelamente aumentan os préstamos nas bibliotecas. 23/04/14
O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20%. Ademais, segundo o INE editáronse case un 30% de títulos menos no último ano. Paralelamente aumentan os préstamos nas bibliotecas // Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel. Quéixanse de que empezaron a aplicarlles, todas ao mesmo tempo, unha rebaixa do prezo de 3 euros e medio por tonelada, o que lles pode causar perdas de millóns de euros // Na sesión de control do Parlamento, o presidente Núñez Feijóo negou que agora estean a emigran máis mozos ca o comezo do seu mandato. Dixo en resposta aos grupos da oposición que lle reprocharon o aumento do paro e a perda de poboación. O presidente da Xunta dí que non é realista dicir que Galicia está mellor tras 5 anos de crise pero defende que pese as dificultades hai máis futuro ca cando gobernaba o bipartito. 23/04/14