Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Despois do verán empezará a construcción nos estaleiros de Navancia en Ferrol dun buque de acción marítima para a Armada. Anuncioullo hoxe o Presidente da empresa pública SEPI ao da Xunta. Suporá un investimento de 200 millóns de euros e dará traballo a uns 500 operarios durante 30 meses // Cee recibe o primeiro cruceiro da Costa da Morte. Unha breve escala de apenas hora e media na que desembarcan 188 pasaxeiros dun megaiate de luxo que visitan arestora Santiago e que zarparán xa esta tarde dende o porto da Coruña rumbo a Bilbao // Representantes dos afectados polas participacións preferentes denunciaron hoxe ante a Fiscalía Superior de Galicia a presunta existencia de nova prácicas bancarias similares ás que acabaron coa crise que lles afectou a eles. Din que están a ser comercializados por varias entidades e vanno denunciar ante o Banco de España. 07/05/14 

Despois do verán empezará a construcción nos estaleiros de Navantia en Ferrol dun buque de acción marítima para a Armada. Anuncioullo hoxe o Presidente da empresa pública SEPI ao da Xunta. Suporá un investimento de 200 millóns de euros e dará traballo a uns 500 operarios durante 30 meses // Os veciños de Angrois vanse sumar á protesta dunha das plataformas de afectados polo accidente polo cambio de xuíz na instrucción do accidente do Alvia que causou 79 mortos, o pasado verán, en Santiago // Controlado en Rubiá en Ourense un incendio que calcinou máis de 200 hectáreas de monte raso. O lume que leva máis de 24 horas activo extendeuse dende León ata a Serra da Enciña da Lastra. Os constantes cambios ana dirección do vento e o escarpado dos montes onde se declarou complicou as tarefas de extinción deste primeiro gran incendio desta primavera. 07/05/14 

Despois do verán empezará a construcción nos estaleiros de Navantia en Ferrol dun buque de acción marítima para a Armada // Os veciños de Angrois vanse sumar á protesta dunha das plataformas de afectados polo accidente polo cambio de xuíz no caso que creen demorará máis a instrucción // Controlado en Rubiá en Ourense Un incendio que calcinou máis de 200 hectáreas de monte raso. Estendeuse dende León ata a Serra da Enciña da Lastra. 07/05/14 

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego. Unha baixada que se notou sobre todo no sector servizos, e a hostalería, polas contratacións de Semana Santa. A Xunta celebra os datos e dí que son os mellores dende 1996 // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos. Unha superioridade feminina que é posta de manifesto por un informe do Ministerio e no que as alumnas de bacharelato galegas figuran á cabeza en canto a superioridade sobre os varóns // Un ano sen carné e nove mil euros de multa para o xogador do Celta Welliton por conducir de xeito temerario quintuplicando a taxa de alcohol permitida. 06/05/14 

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego. Unha baixada que se notou sobre todo no sector servizos, e a hostalería, polas contratacións de Semana Santa. A Xunta celebra os datos e dí que son os mellores dende 1996 // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos. Unha superioridade feminina que é posta de manifesto por un informe do Ministerio e no que as alumnas de bacharelato galegas figuran á cabeza en canto a superioridade sobre os varóns // Unha muller resultou ferida  esta mañá en Vigo ao ser atropelada polo seu propio coche que se botou a andar sen freo por unha rúa costenta do centro da cidade. Dentro do turismo ía unha nena, neta da ferida, segundo testemuñas da zona, que resultou ilesa. O coche foi parar contra outros turismos sen causar máis danos. 06/05/14 

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos // Unha muller resultou ferida esta mañá en Vigo ao ser atropelada polo seu propio coche que se botou a andar sen freo por unha rúa costenta do centro da cidade. 06/05/14

Seguimos con ceos moi anubrados que van ir dando a paso a máis claros sobre todo polo interior. As temperaturas algo máis baixas rondarán en xeral os dezaoito graos. 06/05/14

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero. Un órgano de coordinación para previr o maltrato ás mulleres. Unha violencia que segue a aumentar. No que vai de ano catro perderon a vida a mans das súas parellas. En todo 2013 foran tres.  

Xunta, Autoridade Portuaria de Ferrol e Universidade de Santiago lideran un proxecto para instalar na zona de Mugardos, onde están as instalacións de Reganosa, un punto de suministro de gas licuado para buques. Unha iniciativa financiada pola Unión Europea que busca apoiar este combustible máis limpo e barato que os usados masivamente no transporte marítimo. 

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. Séntense acosadas pola actitude agresiva do acompañante dunha doente.O centro só conta cun garda xurado.A Consellería de Sanidade di que está á espera dunha autorización xudicial para poder prohibirlle a entrada ao hospital. (05/05/14)

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero. Un órgano de coordinación para previr o maltrato ás mulleres. Unha violencia que segue a aumentar. No que vai de ano catro perderon a vida a mans das súas parellas. En todo 2013 foran tres.  

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. Séntense acosadas pola actitude agresiva do acompañante dunha doente.O centro só conta cun garda xurado.A Consellería de Sanidade di que está á espera dunha autorización xudicial para poder prohibirlle a entrada ao hospital.

Os candidatos as eleccións europeas aceleran os actos de precampaña. O do partido popular, Francisco Millán Mon reivindicou a vixencia do proxecto europeista frente a outras opcións que o cuestionan. O socialista José Blanco dixo que votar ao pp é votar máis recurtes e o BNG anuncia unha campaña  

para concienciar a ciudadanía da importancia das decisións  que se toman no Parlamento europeo. (05/05/14)

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero.

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa,  protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. 

Os candidatos as eleccións europeas aceleran os actos de precampaña. (05/05/14)