- El CSIC ha estudiado 101 retablos de iglesias de Galicia y Asturias
- Han podido comparar las hojas y racimos de variedades de vid reales
- Con las pruebas han demostrado las variedades cultivadas en zonas concretas
- NGC pasó de los números rojos antes de impuestos a ganar 18 millones
- Gracias a que activó créditos fiscales por 435,2 millones en 2013
Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes para disfrutar por unhas horas de escala en Galicia da nosa paisaxe, historia e gastronomía e calcúlase que gastan uns 60 euros por persoa e día // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG. Nunha sesión con constantes interrupcións do público, socialistas e populares consideran que son as contas máis sociais da historia da Vigo. Os nacionalistas din que non son as que hoxe necesitan os cidadáns // Alta ocupación na hostelería de Lugo polo derbi de Segunda División que enfrontará mañá ao equipo local e o Deportivo. Calcúlase que máis de catro mil seguidores do equipo coruñés se desplazarán á cidade da muralla para presenciar o partido para o que mesmo haberá pantallas xigantes ante a falla de capacidade do Anxo Carro. 02/05/14
Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes para disfrutar por unhas horas de escala en Galicia da nosa paisaxe, historia e gastronomía e calcúlase que gastan uns 60 euros por persoa e día // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG. Socialistas e populares consideran que son as contas máis sociais da historia da Vigo. Os nacionalistas din que non son as que hoxe necesitan os cidadáns // Cheo absoluto no estadio do C.D. Lugo para recibir, mañá, ao Depor. Con unha victoria, os lucenses asegurarían a permanencia en Segunda e o Deportivo afianzaría o seu camiño ao ascenso directo. O Celta viaxa a Pamplona coa tranquilidade de ter garantida a permanencia en Primeira pero coa interrogante de se o adestrador, Luis Enrique vai seguir o se será verdade que está sendo tentado polo Barcelona. 02/05/14
Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG // Cheo absoluto no estadio do Club Deportivo Lugo para recibir, mañá, ao Deportivo. 02/05/14
O anticiclón pouco a pouco vai ir tomando máis terreo e as nubes van ir dando paso a ceos despexados sobre todo canto máis o sur. 02/05/14
- Se golpeó en la cabeza al salir despedida del coche
- Con esta muerte se eleva a 23 el número de víctimas
- La víctima y el agresor tienen antecedentes por violencia familiar
- Guía sobre violencia de género. Teléfono de atención: 016
Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao saír despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco. A falecida tiña denunciado previamente á súa parella, un home de 46 anos, tamén veciño da Coruña, e que xa foi detido pola policía. Os dous tiñan antecedentes por térense agredido mutuamente // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo. Dúas mozas, a menor de 14 anos, e un rapaz de 17, que fuxiran cun mozo de 24 anos. A policía nacional buscábaos en domicilios do seu entorno pero localizounos a policía local da vila do Morrazo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial e empresarial e tamén para facilitar novos investimentos. Así mesmo, aprobou un plan para coñecer as necesidades de solo industrial. Calcúlase que 18 de cada cen empresas o van precisar nos próximos dez anos. 30/04/14
Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao sair despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco. A falecida tiña denunciado previamente á súa parella, un home de 46 anos, tamén veciño da Coruña, e que xa foi detido pola policía. Os dous tiñan antecedentes por térense agredido mutuamente // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo. Dúas mozas, a menor de 14 anos, e un rapaz de 17, que fuxiran cun mozo de 24 anos. A policía nacional buscábaos en domicilios do seu entorno pero localizounos a policía local da vila do Morrazo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial e empresarial e tamen para facilitar novos investimentos. Así mesmo, aprobou un plan para coñecer as necesidades de solo industrial. Calcúlase que 18 de cada cen empresas o van precisar nos próximos dez anos. 30/04/14
A medida que avance o día vanse ir abrindo tímidos claros. E xa a partir de mañá ao mediodía reinará o anticiclón e os ceos despexados. 30/04/14
Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao sair despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial. 30/04/14
Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA dada a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. O número de desempregados na nosa comunidade é de 296 mil novecentos. O índice de paro segue a ser menor aquí que na media de España // Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un tratamento contra o cancro de pulmón, pioneiro en todo o mundo. Parou o pulmón para tratalo con radioterapia. Deste xeito, deixa de moverse e a parte do órgano que recibe as radiacións redúcese á metade // As taxas universitarias van seguir conxeladas o próximo curso. Avanzouno esta mañá o presidente da Xunta para que as universidades galegas volvan ser outro ano máis, dixo, as máis baratas de España. Núñez Feijóo recoñeceu que as circunstancias dos últimos anos impediron destinar a estas institucións académicas os cartos públicos que merecen. 29/04/14
Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un tratamento contra o cancro de pulmón, pioneiro en todo o mundo.Parou o pulmón para tratalo con radioterapia. Deste xeito, deixa de moverse e a parte do órgano que recibe as radiacións redúcese á metade // Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA dada a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. O número de desempregados na nosa comunidade é de 296 mil novecentos. O índice de paro segue a ser menor aquí que na media de España // A Policía Nacional busca en Vigo unha nena de 14 anos da que os seus familiares denunciaron a desaparición, dende a tarde do pasado domingo. Fontes policiais din que os achegados da menor sospeitan que se fugou da casa co seu mozo e outra parella; co que, nun principio, se descartaría que se trate dunha situación de risco. O vehículos policiais levan fotos da nena para a súa identificacion. 29/04/14
Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un método pioneiro de tratamento contra o cancro de pulmón. Detén o órgano para facilitar a radioterapia // Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA // A Policía Nacional busca en Vigo unha nena de 14 anos da que os seus familiares denunciaron a desaparición, dende a tarde do pasado domingo. 29/04/14
Nas próximas horas van seguir ainda os ceos parcialmente anubrados pero e mañá ainda pode chover. 29/04/14
Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense. O Pequeno, de só 10 meses xa sofriu varias fracturas en estremidades e costelas que lle foron descubertas no hospital cando o levaron ali para atendelo de graves feridas, sofridas recentemente // As vítimas de violencia de xénero seguirán recibindo atención psicolóxica especializada e de balde. Un cento de terapeutas atenderán ás maltratadas e aos menores dependentes delas. Facerano de balde, de xeito anónimo, en calquer punto de Galicia e en menos de 48 horas desde que o soliciten // As medidas de prevención nos barcos de pesca son centro de atención hoxe ao celebrarse o día da seguridade no traballo e logo de que 18 mariñeiros faleceran recentemente en accidentes marítimos en pouco máis dun mes. Unha sociedade creada polas confrarías controla as medidas de seguridade en máis de 800 pequeiros de toda a comunidade. 28/04/14