Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior e acadou o 16% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. O arcebispo incidiu na necesidade de atender as familias que mais padecen a crise. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras. Unha inauguración que encabezou o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior, e acadou o 16 % // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. 30/12/14

Foi, na provincia ourensá onde mais se notou o frío. Verín rexistrou a mínima de Galicia; menos  9,2 graos. Para a próxima noite non se agarda que sexan tan baixas. 30/12/14 

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos dìas. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Un edificio derrubouse sobre un restaurante, na localidade coruñesa de Betanzos, sen causar danos persoais, pese a que, no momento do incidente había dez clientes dentro do establecemento. 29/12/14

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos días. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero. E en Baltar, 7 baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Máis de 20 investigadores galegos que traballan no estranxeiro, comparten na Coruña as últimas novidades e conclusións dos  traballos que realizan en centros punteiros de Europa e Estados Unidos.Traballos, entre outros, sobre cancro de pel e bioloxía molecular. 29/12/14

Ata aninovo teremos tempo seco e frío, aínda que algo menos intenso ca hoxe // Durante esta semana seguirá habendo xeadas, polo que se recomenda ter mais precaución nas estradas. 29/12/14

A Xunta fixará por decreto unha espera máxima de 60 días para intervencións cirúrxicas non urxentes e de 45 días para  consultas hospitalarias, probas diagnósticas e terapéuticas // A folga en Renfe, que remata ás 11 desta noite, afecta sobre todo aos trens de media distancia entre A Coruña e Vigo. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade // No Nadal é cando mellor se pagan as famosas ameixas de Carril. Trinta mariscadoras volven faenar na praia da Concha, pechada nos últimos tres meses para recupela das riadas do inverno pasado. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade. 26/12/14