Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obrigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // Prestan declaración no xulgado de Ribeira os once detidos nunha operación da Garda Civil contra unha organización dedicada ao tráfico de drogas e a extorsionar a outras persoas coas que quedaban para venderlles estupefacientes. 16/01/15
Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obtigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor, contra o Barça, un encontro no que Víctor Fernández lle podería dar entrada ao recentemente fichado, Celso Borges. E o Celta vai tentar mañá ante o Espanyol, en Barcelona, un triunfo que confirme o cambio de rumbo do equipo tras oito xornadas sen gañar na Liga. 16/01/15
Ya se nota que las temperaturas han caído en las últimas horas, y también hemos visto nevadas en muchos puntos de Castilla y León o en Galicia. En el resto de España, habrá un predominio de cielo nuboso, con lluvias y chubascos.
A mañá estivo marcada polas treboadas máis de 400 raios caeron en zonas próximas ás costas. 16/01/15
Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor. 16/01/15
Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas. Onde máis se notan é na costa atlántica, onde as ondas xa superaron os oito metros de altura en puntos coma Cabo Vilán ou Estaca de Bares. Tamén o vento soprou con forza e, na costa da Morte, acadou os 15 km por hora // Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras. O exelectricista da catedral foi ingresado a primeira hora da mañá nun hospital. Fernández Castiñeiras enfróntase a unha pena de 243 anos de prisión e máis de dous millóns de euros de multa por ter roubado centos de cartas aos seus veciños do Milladoiro // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. Novos equipos que empezarán a adquirirse este ano e entre os que figuran os de radioterapia e medicina nuclear no Lucus Augusti de Lugo. Tamén a dotación do novo hospital de Vigo. 15/01/15
Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras. O exelectricista da catedral foi ingresado a primeira hora da mañá nun hospital. Fernádez Castiñeiras enfróntase a unha pena de 243 anos de prisión e máis de dous millóns de euros de multa por ter roubado centos de cartas aos seus veciños do Milladoiro // Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas. Onde máis se notan é na costa atlántica, onde as ondas xa superaron os oito metros de altura en puntos coma Cabo Vilán ou Estaca de Bares. Tamén o vento soprou con forza e, na costa da Morte, acadou os 15 km por hora // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. Novos equipos que empezarán a adquirirse este ano e entre os que figuran os de radioterapia e medicina nuclear no Lucus Augusti de Lugo. Tamén a dotación do novo hospital de Vigo. 15/01/15
Aprazado ata o 12 de febreiro o xuízo ao ladrón confeso do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras // Seguen os efectos do temporal que nos afectou nas últimas horas // A Xunta destinará 88 millóns de euros á mellora tecnolóxica dos hospitais galegos. 15/01/15
Máis frío e descenso da temperaturas e incluso está activo un aviso por nevadas cara o final do día en cotas entre os 500 e 700 metros. 15/01/15
Xunta, sindicatos e patronal asinaron o seu apoio aos programas de busca de emprego aos dous colectivos que se consideran con máis dificultades para acceder o mercado laboral: parados de longa duración e a menores de 25 anos que nin estudan nin traballan // A Comunidade Autónoma dedicará aos plans asinados hoxe 48 millóns de euros // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega. É saudada polo Diario de Pontevedra e El Progreso con un suplemento de viñetas e artigos cos que se amosa a solidariedade cos debuxantes e xornalistas asasinados. 14/01/15
Xunta, sindicatos e patronal asinaron o seu apoio aos programas de busca de emprego aos dous colectivos que se consideran con máis dificultades para acceder o mercado laboral: parados de longa duración e a menores de 25 anos que nin estudian nin traballan. A Comunidade Autónoma dedicará aos plans asinados hoxe 48 millóns de euros // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega. É saudada polo Diario de Pontevedra e El Progreso con un suplemento de viñetas e artigos cos que se amosa a solidariedade cos debuxantes e xornalistas asasinados // Galicia está por baixo da media do Estado en canto a doante por millón de habitantes, 33 fronte os 36 da media española. Na actualidade aquí hai máis de 97 mil potenciais doadores de órganos. O Sergas confía en acadar a cifra dos 100.000 neste 2015. 14/01/15
A Comunidade Autónoma dedicará 48 millóns de euros a plans de emprego para mozos e parados de longa duración // A saída á rúa do novo número do semanario humorístico francés Charlie Hebdo tén tamén reflexo na prensa galega // Galicia está por baixo da media do Estado en canto a doante por millón de habitantes, 33 fronte os 36 da media española. 14/01/15
Agárdanse ventos relativamente fortes e un empeoramento do estado do mar. Tamén unha baixada das temperaturas e neve a cotas relativamente baixas. 14/01/15
A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura. Chegou xa o primeiro temporal do inverno despois de tres semanas de tempo inusualmente seco e solleiro. O vento e a chuvia foron os protagonistas da mañá con precipitacións xeralizadas en case toda Galicia que se fixeron notar máis na fachada atlántica // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas. Os socialistas atribúenlle o colapso nas urxencias aos recortes na sanidade // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. Os seus pais agardan que o rexistro civil sexa sensible a súa situación para que Sara deixe de chamarse Hugo e figure como nena no seu DNI. 13/01/15
A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura. Chegou xa o primeiro temporal do inverno despois de tres semanas de tempo inusualmente seco e solleiro. O vento e a chuvia foron os protagonistas da mañá con precipitacións xeralizadas en case toda Galicia que se fixeron notar máis na fachada atlántica // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas. Os socialistas atribúenlle o colapso nas urxencias aos recortes na sanidade // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. Os seus pais agardan que o rexistro civil sexa sensible a súa situación para que Sara deixe de chamarse Hugo e figure como nena no seu DNI. 13/01/15
A costa norte de Galicia está en alerta por ondas que poden acadar os cinco metros de altura // A Conselleira de Sanidade di que os atascos que se viviron nos servizos de urxencias dos hospitais, nos últimos días, se deberon a que o momento de máxima incidencia do andazo de gripe se adiantou respecto ao previsto e que colleu ás autoridades sanitarias desprevidas // Unha nena transexual de Lugo é a primeira en Galicia en emprender o chamado tránsito social, que consiste en mostrar tal como sinte a súa identidade feminina. 13/01/15
As chuvias foron xeralizada durante a mañá, intensas sobre todo polo oeste da comunidade nun día no que ademais empezaron a baixar as temperatura. 13/01/15