Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira. Tivo que emitir un aviso de socorro, a madrugada pasada logo de que un golpe de mar rompera unha fiestra da ponte. Os 16 membros da tripulación están sans e salvos // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcangel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais aos que o fundador da orde, Miguel Rosendo Dasilva, sometía ás mulleres consagradas. Outros exmembros referiron tamén  a abusos económicos // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. Inaugurárono O Presidente da Xunta e o de Telefónica, empresa que impulsa  medio cento de proxectos de apoio a empresas innovadoras e nos que traballan xa 150 emprendedores. 10/12/14 

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira. Tivo que emitir un aviso de socorro, a madrugada pasada logo de que un golpe de mar rompera unha fiestra da ponte. Os 16 membros da tripulación están sans e salvos // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais aos que o fundador da orde, Miguel Rosendo Dasilva, sometía ás mulleres consagradas // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. Inaugurárono O Presidente da Xunta e o de Telefónica, empresa que impulsa medio cento de proxectos de apoio a empresas inovadoras e nos que traballan xa 150 emprendedores. 10/12/14 

Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. 10/12/14

Hai un aviso de temporal a partir desta media tarde. O previsto é que comece a notarse sobre todo nas costas da Coruña e Lugo. Despois estenderase a todo o litoral. 10/12/14 

Xulgado en Cangas o home que foi sorprendido pola Garda Civil indo de copiloto, bébedo, no coche que conducía o seu fillo, de 16 anos, polas inmediacións da Ponte de Rande, na Autoestrada do Atlántico // O Ministerio do Interior destituiu aos coordenadores de seguridade do Deportivo e do Atlético de Madrid, coma consecuencia dos incidentes do pasado día 30 nos que resultou morto un seguidor radical do Dépor // Satisfacción entre os hostaleiros galegos polos resultados da ponte festiva. A ocupación media roldou o 60% mentres que os balnearios tiveron unha das mellores fins de semana do ano cun cheo case total. 09/12/14 

Xulgado en Cangas o home que foi sorprendido pola Garda Civil indo de copiloto, bébedo, no coche que conducía o seu fillo, de 16 anos, polas inmediacións da Ponte de Rande, na Autoestrada do Atlántico // O Ministerio do Interior destituiu aos coordenadores de seguridade do Deportivo e do Atlético de Madrid, coma consecuencia dos incidentes do pasado día 30 nos que resultou morto un seguidor radical do Dépor // Satisfacción entre os hostaleiros galegos polos resultados da ponte festiva. A ocupación media  roldou o 60% mentres que os balnearios tiveron unha das mellores fins de semana do ano cun cheo case total. 09/12/14 

Xulgado en Cangas o home que foi sorprendido pola Garda Civil indo de copiloto, bébedo, no coche que conducía o seu fillo, de 16 anos // O Ministerio do Interior destituiu aos coordenadores de seguridade do Deportivo e do Atlético de Madrid // Satisfacción entre os hostaleiros galegos polos resultados da ponte festiva. 09/12/14

Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 15 metros cantro reparaban unha nave nas instalacións da empresa Extrugasa, na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos. A infraestrutura custou 11 millóns de euros e vai mellorar as comunicacións co polígono industrial de Sabón, no que traballan 5.000 persoas // Comezaron no estaleiro de navantia en Ferrol, os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. Participará na construción  de 2 novos buques para a Armada durante os próximos 5 anos. 05/12/14 

Fin de semana de festivos e primeira antes do nadal na que os comerciantes agardan facer boa caixa.Confían en que o bo tempo anime  a visitantes e locais a mercar máis adiantando as compras do nadal // Fiestras e portas Pechadas nas vivendas dos catrocentos xitanos zamoranos que viven no Porriño. Os seus fillos, un cento de pequenos, levan dous días sen acodir o colexio por medo a represalias. Viven atemorizadas por outro grupo de xitanos, en disputa polo control da venda ambulante // O policía ferido no atraco de Vigo hai unha semana mellora das feridas que sofriu, polos disparos do atracador. Un incidente no que falecera unha axente. 05/12/14

Dous traballadores morreron este mediodía ao caer dende unha altura de máis de 8 metros cando reparaban unha nave nas instalacións da empresa  Extrugasa , na localidade pontevedresa de Valga // Arestora abre ao tráfico a glorieta de Sabón, na entrada á Coruña dende Arteixo, un punto polo que pasan ó día 50.000 vehículos // Comezaron no estaleiro de Navantia en Ferrol , os traballos para o novo encargo aprobado hoxe polo consello de ministros. 05/12/14