Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Por primeira vez en Galicia, a Fiscalía investiga se hai algún delito polo estado dun treito dunha estrada no que se producen moitos accidentes. Son os 34 quilómetros da N550, en Pontevedra, incluído o paso polo centro de Valga.Dende 2009, lévanse producido mais de 500 accidentes // No xuízo polo roubo do códice Calixtino, o xefe da brigada de patrimonio histórico da policía nacional recoñeceu hoxe que a investigación se retrasou pola falta de colaboración do cabido que non denunciara a desaparición de cartos, máis de dous millóns de euros na catedral entre 2002 e 2012. Na sesión de hoxe tamén declarou coma testemuña o excontable da catedral que reclamaba máis controis daquela do diñeiro no templo // Navantia gaña un concurso internacional para reparar un gaseiro nas instalacións de Fene-Ferrol. O contrato dará emprego a 200 operarios durante 5 meses. En 2014, a empresa reparou 44 barcos, 20 deles gaseiros. 26/01/15

Por primeira vez en Galicia, a Fiscalía investiga se hai algún delicto polo estado dun treito dunha estrada no que se producen moitos accidentes. Son os 34 quilómetros da N550, en Pontevedra, incluído o paso polo centro de Valga. Dende 2009, lévanse producido mais de 500 accidentes // No xuízo polo roubo do códice Calixtino, o xefe da brigada de patrimonio histórico da policía nacional recoñeceu hoxe que a investigación se retrasou pola falta de colaboración do cabido que non denunciara a desaparición de cartos, máis de 2 millóns de euros na catedral entre 2002 e 2012. Na sesión de hoxe tamén declarou coma testemuña o excontable da catedral que reclamaba máis controis daquela do diñeiro no templo // Navantia gaña un concurso internacional para reparar un gaseiro nas instalacións de Fene-Ferrol. O contrato dará emprego a 200 operarios durante 5 meses. En 2014, a empresa reparou 44 barcos, 20 deles gaseiros. 26/01/15

Por primeira vez en Galicia, a Fiscalía investiga se hai algún delito polo estado dun treito dunha estrada no que se producen moitos accidentes // No xuízo polo roubo do códice Calixtino, un xefe policial recoñeceu que a investigación se retrasou pola falta de colaboración do cabido // Navantia gaña un concurso internacional para reparar un gaseiro nas instalacións de Fene-Ferrol. 26/01/15 

Conforme avance o día as nubes van ir gañando terreo o sol e mesmo a última hora do día poderían caer algunha chuvia feble polo litoral norte da provincia da Coruña. 26/01/15 

Os galegos agardamos unha media de oitenta días para ser operados, catro días menos que hai un ano, segundo os datos ofrecidos hoxe polo SERGAS.   

  Nas rías galegas non poderán instalarse parques eólicos mariños. 

  O vestiario do equipo español da Copa Davis será deseñado por unha empresa galega. (23/01/15)

Os galegos agardamos unha media de oitenta días para ser operados, catro días menos que hai un ano, segundo os datos ofrecidos hoxe polo SERGAS.   Aumentou algo  a espera  na atención ás patoloxías graves, que pasou dos dezaseis días aos 18 días.

  Nas rías galegas non poderán instalarse parques eólicos mariños. Recólleo unha sentenza da Audiencia Nacional, que  si os permite noutros puntos da franxa marítima. 

  O vestiario do equipo español da Copa Davis será deseñado por unha empresa galega. A viguesa Nafta asina un acordo coa federación española de tenis co que vai equipar a 1.200 persoas da federación. Nafta superou hai ano e medio un concurso de acreedores. (23/01/15)

Os galegos agardamos unha media de oitenta días para ser operados, catro días menos que hai un ano, segundo os datos ofrecidos hoxe polo SERGAS.   Aumentou algo  a espera  na atención ás patoloxías graves, que pasou dos dezaseis días aos 18 días.

  Nas rías galegas non poderán instalarse parques eólicos mariños. Recólleo unha sentenza da Audiencia Nacional, que  si os permite noutros puntos da franxa marítima. 

  O vestiario do equipo español da Copa Davis será deseñado por unha empresa galega. A viguesa Nafta asina un acordo coa federación española de tenis co que vai equipar a 1.200 persoas da federación. Nafta superou hai ano e medio un concurso de acreedores. (23/01/15)

Galicia reduciu o paro, no cuarto trimestre do ano pasado. Na nosa comunidade había, ao rematar 2014, 17 mil persoas menos no paro que ao inicio do ano, e, nese cuarto trimestre, o desemprego baixou en 5600 persoas. Pese a eses datos da Enquisa de Poboación Activa, hai menos xente traballando, que un ano antes. Concretamente 2200 traballadores menos // Ampliado o catálogo de doenzas para as que se pode pedir unha segunda opinión médica. Acordouno o Consello da Xunta que tamén reduciu, de 30 a 10 días o prazo para ter acceso a un segundo especialista // Detido en Vigo un home acusado de violar a súa ex parella e a súa filla. Tamén de ameazalas de morte cando as retivo durante seis horas coas mans atadas, con axuda de dous cómplices. 22/01/15 

Galicia reduciu o paro, no cuarto trimestre do ano pasado. Na nosa comunidade había, ao rematar 2014, 17 mil persoas menos no paro que ao inicio do ano, e, nese cuarto trimestre, o desemprego baixou en 5600 persoas. Pese a eses datos da Enquisa de Poboación Activa, hai menos xente traballando, que un ano antes // Ampliado o catálogo de doenzas para as que se pode pedir unha segunda opinión médica.  Acordouno o Consello da Xunta que tamén reduciu, de 30 a 10 días o prazo para ter acceso a un segundo especialista // Detido en Vigo un home acusado de violar a súa ex parella e a súa filla. Tamén de ameazalas de morte cando as retivo durante seis horas  coas mans atadas,  con axuda de dous cómplices. 22/01/15 

Galicia reduciu o paro, no cuarto trimestre do ano pasado // Ampliado o catálogo de doenzas para as que se pode pedir unha segunda opinión médica // Detido en Vigo un home acusado de violar a súa ex parella e a súa filla. 22/01/15 

Continúan os ceos cubertos con choivas que irán remitindo pola noite. As temperaturas mínimas subirán lixeiramente e as máximas non experimentarán cambios.22/01/15 

O exdeán da Catedral de Santiago, José María Díaz, deixou entrever que unha vinganza do ex electricista Manuel Fernández Castiñeiras, podería ser o motivo do roubo do Códice Calixtino. Dixo no xuízo polo roubo do códice, que Castiñeiras lle pedía que o indemnizase con 40 millóns das antigas pesetas, por telo despedido e por non telo feito traballador fixo do templo // Toda a costa galega está en alerta laranxa por ondas que superan os seis metros. Ao norte en Estaca de Bares xa chegaron os sete metros e medio. Ao temporal no mar hai que sumar as mareas vivas co que preocupan os danos que poida provocar en portos e paseos marítimos a preamar prevista para dentro dunha hora // A Xunta destinará 100 millóns de euros para mellorar o acceso a banda larga ata 2020. Quere conseguir velocidades de conexión de 30 megas no rural e ata 200 nas cidades. A día de hoxe o 98% da poboación dispón de cobertura para conectarse á internet. 21/01/15