Lugo é unha das cidades onde se vive con especial intensisdade a dor polas vítimas da traxedia aérea dos Alpes. A exmuller, a filla e a neta de Juan Pardo Yáñez, un veciño da cidade, figuran entre os 50 españois que pereceson no sinistro. Os últimos datos sobre a acción voluntaria do copiloto para estrelar o avión, non axudan a aliviar o sofrimento.
Absoltos os sete exconcelleiros do Partido Popular de Santiago, que foran condenados a nove anos de inhabilitación por acordar pagarlle a defensa xurídica a un compañeiro. A Audiencia Provincial da Coruña revoga a sentenza condenatoria, ao non apreciar intento de delinquir na actuación dos sete exedís que xa dimitiron dos seus cargos.
As cámaras de comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcia fusionanse para reducir custes. Fano pola caída de ingresos ao deixar de ser obrigatorio o pagamento das cotas por parte das empresas. A nova entidade agrupará a 80 mil empresas da provincia de Pontevedra. (26/03/15)