O sector productor de leite de Galicia, o máis importante de España, vive horas decisivas. A cota láctea que limita a producción das granxas dende hai 25 anos e que viña establecendo quen podía dedicarse a esta actividade e quen non, desaparece hoxe. Unha liberalización que pode ter consecuencias positivas, e negativas porque se teme que poida provocar unha notable baixada dos prezos.
O ano pasado morreron 110 persoas en acidentes de tráfico en Galicia, 12 máis ca no 2013. Nese aumento pode influir o avellentamento do parque automobilístico xa que 40 de cada cen coches teñen máis de 10 anos. A idade dos conductores tamén conta e, por exemplo, en Ourense,a metade das vítimas ó volante tiña máis de 65 anos
O sector turístico agarda que o bo tempo anime as reservas de última hora. O cluster de turismo de galicia dí de que cumprirse as expectativas poderían aumentar ata un 20% con respecto a 2014. (31/03/15)