Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na próxima fin de semana xa poderemos facer o traxecto entre a Coruña e Vigo en Tren de Alta velocidade. Os billetes poranse a venda desde mañá, mantendo os prezos. Anunciouno a ministra de Fomento esta mañá en Pontevedra, onde confirmou que haberá 10 frecuencias ao dia en cada sentido // Segue grave pero fóra de perigo Mónica, unha muller de 36 anos que foi acoitelada pola súa exparella en Vigo. Cun minuto de silencio os seus compañeiros condenaron públicamente o sucedido. Dín que sofría acoso do seu exmozo pero que non o denunciara por medo // Sol e calor neste comezo de semana no que as temperaturas serán case de verán. Máximas por riba dos 25 graos e mesmo se aproximarán os 30 no sur e en Ourense que poderían marcar a temperatura máis alta de España neste día. 13/04/15 

Na próxima fin de semana xa poderemos facer o traxecto entre a Coruña e Vigo en Tren de Alta velocidade. Os billetes poranse a venda desde mañá, mantendo os prezos. Anunciouno a ministra de Fomento esta mañá en Pontevedra, onde confirmou que haberá 10 frecuencias ao dia en cada sentido // Segue grave pero fóra de perigo Mónica, unha muller de 36 anos que foi acoitelada pola súa exparella en Vigo. Cun minuto de silencio os seus compañeiros condenaron públicamente o sucedido. Dín que sofría acoso do seu exmozo pero que non o denunciara por medo // Sol e calor neste comezo de semana no que as temperaturas serán case de verán. Máximas por riba dos 25 graos e mesmo se aproximarán os 30 no sur e en Ourense que poderían marcar a temperatura máis alta de España neste día. Calor que continuará alomenos ata o mércores no que volven as nubes e a choiva. 13/04/15

Na próxima fin de semana xa poderemos facer o traxecto entre a Coruña e Vigo en Tren de Alta velocidade // Segue grave pero fóra de perigo Mónica, unha muller de 36 anos que foi acoitelada pola súa exparella en Vigo // Sol e calor neste comezo de semana no que as temperaturas serán case de verán. 13/04/15 

Primeira entrega dunha unidade naval nun estaleiro de Marín, logo de ano e medio sen botaduras nesta ría. O estaleiro Nodosa entregou hoxe unha draga de 61 metros de eslora equipada para a limpeza de fondos mariños e fluviais. Custou case sete millóns de euros // Catro de cada dez conductores galegos que foron sometidos as probas para detectar drogas ó volante deron positivo. A Dirección xeral de Tráfico xa anunciou que vai incrementar este tipo de controis // Os voos saen hoxe, de novo con normalidade, dos aeropostos galegos logo de que na xornada de onte e mesmo nas últimas horas, se viran afectados pola folga dos controladores franceses que provocou retrasos e cancelacións. 10/04/15

Hoxe temos unha situación meteorolóxia dominada polos ceos anubados e chubascos que pola tarde tenderán a remitir, e a estabilidade en xeral predominará durante a fin de semana. As temperaturas non experimentarán grandes cambios. 10/04/15

Os voos saen hoxe, de novo con normalidade, dos aeropostos galegos logo de que na xornada de onte e mesmo nas últimas horas, se viran afectados pola folga dos controladores franceses que provocou retrasos e cancelacións. Os pasaxeiros máis afectados foron os 150 que viaxaban a Londres dende A Coruña. Saiu esta mañá con 20 horas de atraso, logo de que os afectados tiveran que pasar a noite nun hotel, facilitado pola compañìa // Catro de cada dez conductores galegos que foron sometidos as probas para detectar drogas ó volante deron positivo. A Dirección xeral de Tráfico xa anunciou que vai incrementar este tipo de controis. Os afectados enfróntanse a multas de  mil euros e á perda de seis puntos no carnet de conducir // O Deportivo xa adestra con novo técnico. É o seu exxogador, Víctor Sánchez del Amo que se estreará no banquiño deportivista este domingo en Anoeta. O dépor está só un punto por riba do descenso e leva oito partidos consecutivos sen coñecer a vitoria. 10/04/15

Os voos saen hoxe, de novo con normalidade, dos aeropostos galegos, logo dos retrasos provocados pola folga dos controladores franceses // Catro de cada dez conductores galegos que foron sometidos as probas para detectar drogas ó volante deron positivo // O Deportivo xa adestra con novo técnico. 10/04/15

O proximo luns ponse en marcha o seguimento dos pacientes dados de alta durante os 3 dias seguintes a abandonaren o hospital. Afectará a 323 mil persoas ao ano // A Xunta corrobora que o numero de turistas en Semana Santa superou todas as previsions, co 32% mais que o ano pasado // A policía detectou catro puntos de venda de droga en colexios no último trimestre despois de realizar 4.000 vixilancias en máis de 700 centros de escolares. Son os resultados do balance do Plan Director  de Seguridade e Convivencia para os Centros Educativos neste 2015 // Esta mesma tarde podería facerse oficial o nome do sustituto de Víctor Fernández coma adestrador do Deportivo, logo de que o preparador aragonés fora destituído tras empatar fronte ao colista, o Cordoba. 09/04/15

Esta mesma tarde podería facerse oficial o nome do sustituto de Víctor Fernández coma adestrador do Deportivo, logo de que o preparador aragonés fora destituído tras empatar fronte ao colista, o Cordoba. O posto podería ser ocupado por Víctor Sánchez  del Amo, un exxogador do clube que podería atoparse xa na cidade // A policía detectou catro puntos de venda de droga en colexios no último trimestre despois de realizar 4.000 vixilancias en máis de 700 centros de escolares. Son os resultados do balance do Plan Director de Seguridade e Convivencia para os Centros Educativos neste 2015 // O proximo luns ponse en marcha o seguimento dos pacientes dados de alta durante os 3 dias seguintes a abandonaren o hospital. Afectará a 323 mil persoas ao ano. A Xunta corrobora que o numero de turistas en Semana Santa superou todas as previsions, co 32% mais que o ano pasado. A ocupacion media foi do 75%. 09/04/15

Esta mesma tarde podería facerse oficial o nome do sustituto de Víctor Fernández coma adestrador do Deportivo // A policía detectou catro puntos de venda de droga en colexios no último trimestre despois de realizar 4.000 vixilancias en máis de 700 centros de escolares // O proximo luns ponse en marcha o seguimento dos pacientes dados de alta durante os 3 dias seguintes a abandonaren o hospital. 09/04/15

A Xunta compromete coas sete áreas de xestión sanitaria as melloras que vai introducir deica o ano 2020 // Condenado en lugo un mozo ó que a sua ex parella acusaba de malos tratos. Nunha ocasion, tendo xa roto a relación, el retívoa dentro do coche, e a moza tirouse do vehículo en marcha, por temor aos malos tratos. Hoxe, no xuizo, os avogados das duas partes chegaron a un acordo, e o mozo foi condenado a un ano de cárcere // Aparatoso accidente esta mañá na autoestrada do Atlántico, á altura de Portas. Foi unha colisión por alcance entre dous camións e cun coche tamén implicado. Un sinistro que se saldou con danos materiais e co conductor do turismo ferido leve. 08/04/15

Condenado en Lugo un mozo ó que a sua ex parella acusaba de malos tratos. Nunha ocasion, tendo xa roto a relacion, el retívoa dentro do coche, e a moza tirouse do vehículo en marcha, por temor aos malos tratos.Hoxe, no xuizo, os avogados das duas partes chegaron a un acordo, e o mozo foi condenado a un ano de carcere. A pena que lle pedían inicialmente era de cinco anos // Diminuen os asentamentos chabolistas de xitanos en Galicia segundo o valedor do pobo que detectou 30 casos de discriminación de membros desa comunidade no ultimo informe anual // Representantes desa comunidade negan que exista hoxe a chamada LEI XITANA, e din que cando se aplica É ILEGAL // O Celta visita esta noite ao Granada, un equipo que, na casa, quere reivindicase logo da impresionante malleira de 9 goles a 1 que lle meteu o Real Madrid. E o Deportivo recibe en Riazor ao colista, o Córdoba, un partido que debe gañar para pensar na permanencia. Leva 7 xornadas sen coñecer a vitoria. 08/04/15  

Condenado en lugo un mozo ó que a sua ex parella acusaba de malos tratos // Diminuen os asentamentos chabolistas de xitanos en Galicia segundo o valedor do pobo // O Celta visita esta noite ao Granada e o Deportivo recibe en Riazor ao colista, o Córdoba. 08/04/15