Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o reconto // Xa está no mar, en Marín, o considerado coma o maior veleiro do mundo // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. 19/05/15 

As temperaturas baixaron e moito. Ata dez graos caeron nalgúns puntos nos últimos dous días. Serán máis frescas polo norte onde andarán de máximas de dezaseis graos en cidades coma A Coruña, Santiago ou Lugo e algo máis altas por riba dos 20 no Sur. 19/05/15

 A consternación  que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós. 

   A Garda Civil investiga a  morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.  As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada, pero non se descarta que houbera algún coche implicado. (18/05/15)

 YOLANDA DÍAZ

Coordinadora de Esquerda Unida

AGUSTÍN HERNÁNDEZ

Candidato do PP á alcaldía de Santiago de Compostela

FRANCISCO REYES

Candidato do PSDEG-PSOE á alcaldía de Santiago de Compostela

(18/05/15)

Consternación   na localidade coruñesa de Coristanco ,onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous dìas de loito oficial logo da morte en atropelo dun meniño de dous anos. 

A Garda Civil investiga a  morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.

    A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia. (18/05/15)

A consternación  que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós. 

   A Garda Civil investiga a  morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.  As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada  pero non se descarta que houbera algún coche implicado.

   A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia ata á  última xornada de liga.  Agora está obrigado a puntuar, fronte ao Barcelona, o Sábado, para non depender dos resultados de terceiros. 

O TEMPO

A influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas descenderán. (18/05/15)

 Navantia asinou un contrato cunha filial da navieira vasca Ibaizabal para construir  en xuño catro petroleiros. Será nos estaleiros públicos de Ferrol e Cádiz.  O contrato inclúe unha opción para construir dous buques máis 

  O Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, defendeu, na Coruña,  a actuación dos axentes deste corpo de seguridade  na investigación sobre o caso da muller asasinada en Ourense, presuntamente polo seu marido, no hospital onde se recuperaba dunha agresión anterior.

 Decisiva fin de semana para os equipos galegos: Para o Celta porque tratará, pese ás dificultades, de conseguir unha praza europea. Pero sobre todo pra o Deportivo que vivirá unha auténtica final pola permanencia. Será  en Riazor onde recibe ao Levante e co estadio cheo de público. (15/05/15)

 Navantia asinou un contrato cunha filial da navieira basca Ibaizabal para construir  en xuño catro petroleiros. 

O Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, defendeu, na Coruña,  a actuación dos axentes deste corpo na investigación sobre o caso da muller asasinada en Ourense

Decisiva fin de semana para o Deportivo e o Celta  (15/05/15)

 Navantia asinou un contrato cunha filial da navieira vasca Ibaizabal para construir  en xuño catro petroleiros. Será nos estaleiros públicos de Ferrol e Cádiz.  

  O Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, defendeu, na Coruña,  a actuación dos axentes deste corpo de seguridade  na investigación sobre o caso da muller asasinada en Ourense, presuntamente polo seu marido, no hospital onde se recuperaba dunha agresión anterior.

 Decisiva fin de semana para os equipos galegos: Para o Celta porque tratará, pese ás dificultades, de conseguir unha praza europea. Pero sobre todo pra o Deportivo que vivirá unha auténtica final pola permanencia. Será  en Riazor onde recibe ao Levante e co estadio cheo de público. (15/05/15)

Novo éxito de Galicia na adxudicación de Bandeiras azuis.  É a comunidade de España que máis obtén. Un total de 150 , entre praias e portos.   En Galicia está tamén a primeira praia fluvial de toda España que obtén unha bandeira azul .  É  a da Calzada, no río Verdugo, no Concello pontevedrés de Pontecaldelas. 

   O hospital universitario da Coruña é o quinto de España en número de transplantes. En 1981 fixeron o primeiro. 34 anos despois  xa son 5.000 as persoas as que operaron para recibir novos órganos neste centro no que hoxe posaban os equipos médicos para celebrar unha cifra que é posible lembran grazas o xesto solidario dos doantes. 

   Manifestación en Santiago dos mariñeiros galegos que traballaron en barcos de Noruega. Seguen a reclamar do país nórdico ás pensións polo tempo que cotizaron alí  ou que lles devolvan os  520 millóns de euros que estiman pagaron en tributos a ese país. (14/05/15)