Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningún rastro del // Segue a investigación xudicial sobre a morte de Francisco Javier Romero Taboada na liorta en Madrid entre os Riazor Blues e o Frente Atlético. Ante as dúbidas sobre a identificación dos presuntos autores, hoxe declararon como testemuñas varios dos sanitarios que intentaron salvar a vida de Jimmy. 01/06/15

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningun rastro del // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo, na casa deste, e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende á LIGA ACB. Os ourensáns gañáronlles aos lugueses por 4 puntos e en Ourense vaise celebrar mañá o definitivo encontro. 01/06/15

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende  á LIGA ACB. 01/06/15

Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // O Consello de Administración de Pescanova  proponlles aos bancos acreedores que os actuais accionistas da multinacional pesqueira pasen a ter entre o 5 e o 20% do capital na nova compañía, que se poña en marcha, cando remate o proceso concursal // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas. 29/05/15

Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello por presuntas irregularidades urbanísticas e de contratación de persoal. Un caso baixo segredo de sumario que instrúe a xuíza Pilar de Lara que rexistrou o consistorio de Pol durante seis horas. 29/05/15

Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello. 29/05/15

Máis nubes polo norte e ceos despexados no resto con temperaturas algo máis baixas. As máximas oscilarán entre os 18 graos da Coruña e os 28 de Ourense. 29/05/15 

A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // Rexistrado, por orde da xuíza Pilar de Lara, o concello lucense de Pol. Tratase dunha actuación relacionada coa operación Pokémon e trata de determinar a existencia de irregularidades na contratación de persoal e en diversas actuacións urbanísticas. 28/05/15 

A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. Son 5,2  millóns de euros e os beneficiarios poden pedir anticipos. Tamén autorizou ampliación da conserveira Jealsa Rianxeira, cun investimento de 20 millóns de euros. 28/05/15

A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. 28/05/15