Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa votaron 760 mil galegos, algo máis do 33% do censo,  para elixir aos 314 alcaldes e corporación municipais. Unha participación, algo máis baixa a estas horas ca nos anteriores comicios municipais de 2011 // Os líderes das principais formacións exerceron esta mañá o seu dereito ao voto e animaron aos electores a participar na decisión sobre o futuro dos concellos das nosas cidades, vilas  e zonas rurais // Dous goles de Lucas Pérez e Salomao déronlle ao Deportivo o empate que precisaba para asegurar a permanencia en Primeira División. Unha permanencia que desatou a euforia en todo o deportivismo logo de que o equipo chegara a ir perdendo, no Camp nou, por dous goles a cero. 24/05/15

O faro da Ila Pancha, situada  na costa lucense, en Ribadeo, será o primeiro en converterse en hotel, dentro dun plan aprobado hoxe polo Consello de Ministros e que busca a reconversiòn deste tipo de instalacións // Case dous millons trescentos mil galegos están chamados ás urnas este domingo para elexir ás novas corporacións locais e indirectamente, ás deputacións // O Deportivo viaxará mañá a Barcelona co obxectivo de puntuar, pese a enfrontarse ao campeón de liga no seu campo. 22/05/15 

Indignación dos Riazor Blues tras a decisión do xuiz deixar en liberdade aos catro ultras do Atlético de Madrid, acuados de terlle causado a morte ao seguidor deportivista Francisco Javier Romero Taboada, coñecidoi coma Jimmy // A xuíza Estela San José terá que declarar pola instrucción do caso da retirada de multas en Lugo por "empecinarse" segundo o tribunal Supremo en non desglosar a investigación e remitila ó xuíz decano para o seu reparto // O Deportivo viaxará mañá a Barcelona co obxectivo de puntuar, pese a enfrontarse ao campeón de liga no seu campo. 22/05/15 

Indignación dos Riazor Blues tras a decisión do xuiz de deixar en liberdade aos catro ultras do Atlético de Madrid, acuados de terlle causado a morte ao seguidor deportivista Francisco Javier Romero Taboada, coñecido coma Jimmy // A xuíza Estela San José terá que declarar pola instrucción do caso da retirada de multas en Lugo // O Deportivo viaxará mañá a Barcelona co obxectivo de puntuar, pese a enfrontarse ao campeón de liga no seu campo. 22/05/15 

O tribunal Supremo anula a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que deixara sen efecto o xuízo aos 23 acusados da retirada irregular de multas de tráfico nesa provincia. O alto tribunal considera válidas as probas que a audiencia lucense anulara // Salvadas da liquidación cinco das filiais de Pescanova co voto favorable dos acreedores que aceptaron quitas de entre o 50 e o 96% da débeda nas xuntas celebradas esta mañá no xulgado do mercantil de Pontevedra // A Xunta destina 45 millóns a impulsar un polo industrial de avións non tripulados no aerodromo lucense das Rozas. Trátase dun plan de investimento que se desenvolverá ata ao ano 2020 co que se pretende impulsar a construción de avións non tripulados para uso civil. 21/05/15

O uso de aceiro e outros metais para a construción estase empezando a recuperar. En boa parte é grazas ao aumento da obra pública, no primeiro trimestre deste ano, nun 172 por cento. Os empresarios agardan que sexa un crecemento que se consolide despois, de, din, ter tocado fondo durante a crise // Salvadas da liquidación cinco das filiais de Pescanova co voto favorable dos acreedores que aceptaron quitas de entre o 50 e o 96% da débeda nas xuntas celebradas esta mañá no xulgado do mercantil de Pontevedra // A Xunta destina 45 millóns a impulsar un polo industrial de avións non tripulados no aerodromo lucense das Rozas. Trátase dun plan de investimento que se desenvolverá ata ao ano 2020 co que se pretende impulsar a construción de avións non tripulados para uso civil. 21/05/15

O uso de aceiro e outros metais para a construcción estase empezando a recuperar // Salvadas da liquidación cinco das filiais de Pescanova co voto favorable dos acreedores que aceptaron quitas de entre o 50 e o 96% // A Xunta destina 45 millóns a impulsar un polo industrial de avións non tripulados no aerodromo lucense das Rozas. 21/05/15

Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron esta maña, en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos, agravada dende a desaparición das cotas. Non houbo acordo e os gandeiros seguen a acusar ás industrias de obrigalos a asinar contratos ruinosos // Denuncian o roubo de polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. Os apicultores cifran as perdas en 300 mil euros por esta vaga de roubos que atribúen a puxanza da apicultura e a suba do prezo do mel // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. Anuncia que ata xullo en Hamburgo non volverá competir. 20/05/15

Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron esta maña, en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos, agravada dende a desaparición das cotas. Non houbo acordo e os gandeiros seguen a acusar ás industrias de obrigalos a asinar contratos ruinosos // Denuncian o roubo de polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. Os apicultores cifran as perdas en 300 mil euros por esta vaga de roubos que atribúen á puxanza da apicultura e a suba do prezo do mel // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. Anuncia que ata xullo en Hamburgo non volverá competir. 20/05/15

Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos // Denuncian o roubo de  polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. 20/05/15 

A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o procedemento do voto e, sobre todo, o seu reconto. Transmite automaticamente os resultados, que, ata agora, eran enviados aos centros de seguimento por teléfono ou por mensaxes de móbil // As temperaturas baixaron e moito. Ata dez graos caeron nalgúns puntos nos últimos dous días. Serán máis frescas polo norte onde andarán de máximas de dezaseis graos en cidades coma A Coruña, Santiago ou Lugo e algo máis altas por riba dos 20 no Sur // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. Piden que a Axencia Española do Medicamento, autorice a venda da vacina contra esta enfermidade en farmacias. Mentres, segue en estado moi grave unha muller de 51 anos ,que ingresou o pasado venres no complexo hospitalario a Coruña a causa desta doenza. 19/05/15

A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o procedemento do voto e, sobre todo, o seu reconto. Transmite automaticamente os resultados, que, ata agora, eran enviados aos centros de seguimento por teléfono ou por mensaxes de móbil // Xa está no mar o considerado coma o maior veleiro do mundo, encargado en 2008 a un estaleiro de Marín como un gran cruceiro de luxo e a crise deixouno en mans dunha entidade bancaria que lle busca comprador. Quedará fondeado en Vigo á espera de armador // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. Piden que a Axencia Española do Medicamento, autorice a venda da vacina contra esta enfermidade en farmacias. Mentres, segue en estado moi grave unha muller de 51 anos ,que ingresou o pasado venres no complexo hospitalario a Coruña a causa desta doenza. 19/05/15