Acabouse este tempo case primaveral que estivemos disfrutando, no que vai de outono. Esta noite entrará a primeira fronte dunha sucesión delas que van facer caer as temperaturas e traer choivas e friaxe. O enfriamento notarase aínda máis o domingo, cando está previsto que as precipitacións poidan ser de neve por riba dos mil metros.
Involucrar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista. É o obxectivo da última campaña da Xunta de sensibilización para erradicar esta lacra social. No primeiro semestre de 2015 presentáronse 2.600 denuncias por malos tratos en Galicia e dictáronse medidas de protección para 721 mulleres. 6 foron asasinadas.
Todo está xa preparado para derbi de mañá, entre o Deportivo e o Celta, en Riazor. O partido, declarado de alto risco, será vixiado por un dispositivo de 400 persoas, entre elas 200 axentes de policía que empezarán a despregarse xa esta noite. (20/11/15)
Acabouse este tempo case primaveral que estivemos disfrutando, no que vai de outono.
Involucrar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista. É o obxectivo da última campaña da Xunta de sensibilización para erradicar esta lacra social.
Todo está xa preparado para derbi de mañá, entre o Deportivo e o Celta, en Riazor. (20/11/15)
A xunta autoriza investir 18 millons de euros para desdobrar un segundo treito do corredor do Morrazo. Son os 4 kms de Domaio a Meira.En rolda de prensa, o presidente Nuñez Feijoo anunciou que mañá comezarán a pagarse os anticipios das axudas europeas da Pac, que beneficiarán a 26.000 gandeiros // O Ministerio de Fomento inviste este inverno 65 millóns de euros en medios para previr e paliar os efectos da neve o e xeo nas estradas. En Galicia hai dispostas mais de 90 máquinas quitaneve e unhas 20.000 toneladas de sal // Todo vendido en Riazor para o derbi do sábado. Esta mañá despachábanse nas taquillas do estadio as últimas 50 entradas que quedaban para o clásico do fútbol galego entre Deportivo e Celta e, nos arredores do escenario do encontro, xa se respira ambiente de derbi. 19/11/15
A xunta autoriza investir 18 millons de euros para desdobrar un segundo treito do corredor do Morrazo. Son os 4 kms de Domaio a Meira. En rolda de prensa, o presidente Nuñez Feijoo anunciou que mañá comezarán a pagarse os anticipios das axudas europeas da Pac, que beneficiarán a 26.000 gandeiros // O Ministerio de Fomento inviste este inverno 65 millóns de euros en medios para previr e paliar os efectos da neve o e xeo nas estradas. En Galicia hai dispostas mais de 90 máquinas quitaneve e unhas 20.000 toneladas de sal // Todo vendido en Riazor para o derbi do sábado. Esta mañá despachábanse nas taquillas do estadio as últimas 50 entradas que quedaban para o clásico do fútbol galego entre Deportivo e Celta e, nos arredores do escenario do encontro, xa se respira ambiente de derbi. 19/11/15
A xunta autoriza investir 18 millons de euros para desdobrar un segundo treito do corredor do Morrazo // O Ministerio de Fomento inviste este inverno 65 millóns de euros en medios para previr e paliar os efectos da neve o e xeo nas estradas // Todo vendido en Riazor para o derbi do sábado. Esta mañá despachábanse nas taquillas do estadio as últimas 50 entradas que quedaban para o clásico do fútbol galego entre Deportivo e Celta. 19/11/15
E no tempo as nubes seguen a cubrir toda Galicia, especialmente o litoral atlántico onde tamén se nota máis o vento do suroeste. Máis intenso entre Fisterra e Ortegal. As temperaturas seguen en valores semellantes aos destes días. As máximas oscilarán entre os 17 graos de Lugo e os 21 da Coruña. 19/11/15
El presidente de la Federación Española de Municipios y Provincias, Abel Caballero, advierte de que, a partir de enero del año que viene, cuando entre en vigor la nueva ley de régimen local, los ayuntamientos dejarán de ofrecer servicios sociales fundamentales, de los que nos se harán cargo las comunidades autónomas.
"Las escuelas infantiles municipales, donde van miles de niños, no podrán estar abiertas y las tendremos que cerrar. Los comedores sociales que sostenemos los ayuntamientos no tendrán recursos porque no los podremos pagar. No podremos hacer políticas en contra de la violencia de género y buscándole ocupaciones a las mujeres maltratadas, y así un larguísimo etcétera", explica (19/11/15).
Prestou declaración no xulgado o ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, imputado no caso das Torres do Garañón que investiga presuntas irregularidades na urbanizaciòn desta zona. Orozco negou á entrada a súa implicación nos delictos polos que está a ser investigado pola xuíza Pilar de Lara // A Dirección federal do PSOE expulsou, de xeito provisional, ao alcalde de Becerreá e diputado provincial Manuel Martínez, ao que tamén lle abriu un expediente disciplinario. Os dirixentes socialistas consideran que a actuación de Martínez, que votou en varias ocasións en apoio de posturas do PP na Deputación de Lugo, lle causou un gravísimo dano á imaxe do partido // Adestradores e xogadores do Celta e do Deportivo participaron, xunto co Presidente da Xunta, na presentacion dun vídeo sobre o derbi que os dous equipos galegos de primeira protagonizarán o próximo sábado en Riazor. Baixo o título "Imposible sen ti" reivindica o papel do encontro na promoción da unión entre as dúas aficcións e entre os galegos en xeral. 18/11/15
Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade. En Ombreiro a policía forcexeou cos veciños dun chalet que tratan de impedir o paso das máquinas para executar a demolición ordeada pola axencia da legalidade urbanística e ratificada por un xulgado // O tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento, pese ao convenio asinado polas dúas administracions para que os afectados teñan acceso a elas // Presidente da Xunta reivindicou o papel da seguridade e das forzas da orde na defensa dos dereitos e as libertades. 17/11/15
Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade. En Ombreiro a policía forcexeou cos veciños dun chalet que tratan de impedir o paso das máquinas para executar a demolición ordeada pola axencia da legalidade urbanística e ratificada por un xulgado // O tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento, pese ao convenio asinado polas dúas administracións para que os afectados teñan acceso a elas // Comeza o xuízo contra a ex concelleira socialista de Ourense Aurea Soto acusada dun delito de prevaricación urbanística. Enfróntase a unha pena de 10 anos de inhabilitación por legalizar unha urbanización e un aparcadoiro privado construido en solo público. 17/11/15
Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade // O tribunal Superior de xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento // Comeza o xuízo contra a ex concelleira socialista de Ourense Aurea Soto acusada dun delito de prevaricación urbanística. 17/11/15
Volveu a chuvia, aínda que lixeira, perceptible, sobre todo, nas comarcas costeiras da provincia da Coruña. 17/11/15
Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa polos salvaxes atentados de París, do venres pola noite. Todas as institucións galegas, dende a Xunta á concellos e Delegación do Goberno secundaron en rúas e edificios administrativos concentracións coma as que houbo por todo o continente // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013. Piden 21 anos de cadea e 800 millóns de euros de multa para os cabeciñas da organización nun xuízo que se prolongará ata a semana que vén // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. O conflicto entre as concesionarias do servizo demorou o proceso. Entre os destinos máis solicitados, a costa de Levante. En quince minutos cubríronse todas as prazas. 16/11/15
Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa polos salvaxes atentados de París, do venres pola noite. Todas as institucións galegas, dende a Xunta á concellos e Delegación do Goberno secundaron en rúas e edificios administrativos concentracións coma as que houbo por todo o continente // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013. Piden 21 anos de cadea e 800 millóns de euros de multa para os cabeciñas da organización nun xuízo que se prolongará ata a semana que vén // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. O conflicto entre as concesionarias do servizo demorou o proceso. Entre os destinos máis solicitados, a costa de Levante. En quince minutos cubríronse todas as prazas. 16/11/15
Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa dos salvaxes atentados de París, do venres pola noite // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013 // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. 16/11/15
Baixan as temperaturas nun día que nos deixará máis nubes sobre todo pola costa atlántica onde mesmo pode chover lixeiramente ao final do día. 16/11/15