As vítimas da violencia machista centran a actualidade neste día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Ao longo da mañá multiplicaronse os actos para mostrar o rexeitamento a esta lacra social que lle custou a vida a seis mulleres no que vai de ano en Galicia, tantas coma en todo o ano pasado // Todos os colexios galegos terán conexión a internet de cen megas. Anunciouno o Presidente da Xunta no Parlamento onde asegurou que o proxecto para esta dotación será aprobado no Consello da Xunta de mañá que destinará a este fin 19 millóns de euros // O ministro de economía augura un crecemento do PIB galego de case o 3% en 2015. De Guindos defendeu que a recuperación é máis lenta en Galicia porque a nosa comunidade tamén sufriu menos a crise. 25/11/15
As vítimas da violencia machista centran a actualidade neste día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Ao longo da mañá multiplicaronse os actos para mostrar o rexeitamento a esta lacra social // Todos os colexios galegos terán conexión a internet de cen megas. Anunciouno o Presidente da Xunta no Parlamento onde asegurou que o proxecto para esta dotación será aprobado no Consello da Xunta de mañá que destinará a este fin 19 millóns de euros // A Ministra de Fomento reafirmou hoxe que a conexión do AVE de Galicia coa meseta estará en funcionamento dentro de tres anos. Ana Pastor lembrou no programa La Mañana de TVE que se levan investidos nos últimos anos 3mil millóns de euros nesa infraestructura. 25/11/15
As vítimas da violencia machista centran a actualidade neste día internacional para a eliminación desa lacra social // Todos os colexios galegos terán conexión a internet de cen megas // A Ministra de Fomento reafirmou hoxe que a conexión do AVE de Galicia coa meseta estará en funcionamento dentro de tres anos. 25/11/15
Seguimos con tempo inestable que durante a mañá deixou algunhas néboas e orballos pero que tende a mellorar pola tarde cando diminúe a probabilidade de chuvias e se irán abrindo máis claros. 25/11/15
Carlos Callón, un filólogo para llevar a Madrid un proyecto gallego 'feito na casa'
- Encabezará la lista por A Coruña de Nós, la plataforma del BNG para las generales
- En competencia con las Mareas, defiende una candidatura “con obediencia gallega”
- Filólogo y profesor de instituto, presidió la Mesa pola Normalización Lingüística
José Manuel Fernández Alvariño abandona a presidencia da Confederaciòn de Empresarios de Galicia e non se vai presentar á reelecciòn, nas elecciòns antcipadas da patronal galega que se van celebrar o 15 de xaneiro // O Alcalde de Becerreá, Manuel Martinez, insistiu hoxe, no Pleno da Deputaciòn de Lugo en que seguirá apoiando as propostas socialistas e rexeitando as do socio de goberno, o BNG, ao tempo que decidirá en cada caso sobre as que presenta o Partido Popular // Galicia é a comunidade na que máis está a medrar o turismo. No que vai de ano xa se levan aloxado nos establecementos hoteleiros galegos 3 millóns setecentos mil visitantes, o que supón un 12.35% máis ca un ano antes. 24/11/15
José Manuel Fernández Alvariño abandona a presidencia da Confederaciòn de Empresarios de Galicia e non se vai presentar á reelección, nas elecciòns antcipadas da patronal galega que se van celebrar o 15 de xaneiro // O Alcalde de Becerreá, Manuel Martinez, insistiu hoxe, no Pleno da Deputaciòn de Lugo en que seguirá apoiando as propostas socialistas e rexeitando as do socio de goberno, o BNG, ao tempo que decidirá en cada caso sobre as que presenta o Partido Popular // Galicia é a comunidade na que máis está a medrar o turismo. No que vai de ano xa se levan aloxado nos establecementos hoteleiros galegos 3 millóns setecentos mil visitantes, o que supón un 12.35% máis ca un ano antes. 24/11/15
José Manuel Fernández Alvariño abandona a presidencia da Confederaciòn de Empresarios de Galicia e non se vai presentar á reelección // O Alcalde de Becerreá, Manuel Martinez, insistiu hoxe, no Pleno da Deputaciòn de Lugo en que seguirá apoiando as propostas socialistas e rexeitando as do socio de goberno, o BNG // Galicia é a comunidade na que máis está a medrar o turismo. 24/11/15
A de hoxe vai ser unha tarde de choiva, en boa parte de galicia. As precipitacións empezarán a remitir xa pola noite. 24/11/15
Citroen proba entre Galicia e Madrid o primeiro coche autónomo que circula polas estradas españolas. Saíu da factoría de Citroen de Vigo. Os seus sensores, cámaras e GPS permítenlle circular, evitar obstáculos e mesmo adiantar sen intervención do conductor // O Conselleiro de Facenda dixo, no debate do proxecto de Orzamentos, que o aumento da recadación, producto da mellora da economía, lle permite á xunta adoptar medidas coma a rebaixa de impostos. Os grupos da oposición acusárono de aparentar un cambio de orientación por motivos electorais // Os montes máis altos de Lugo e Ourense rexistraron as primeiras nevaradas do outono, traídas pola fronte polas que nos afectou durante a fin de semana. Hoxe empezou a retirarse, co que se recuperou a influencia do anticiclon. 23/11/15
Citroen proba entre Galicia e Madrid o primeiro coche autónomo que circula polas estradas españolas. Saíu da factoría de Citroen de Vigo. Os seus sensores, cámaras e GPS permítenlle circular, evitar obstáculos e mesmo adiantar sen intervención do conductor // O Conselleiro de Facenda dixo, no debate do proxecto de Orzamentos, que o aumento da recadación, producto da mellora da economía, lle permite á xunta adoptar medidas coma a rebaixa de impostos. Os grupos da oposición acusárono de aparentar un cambio de orientación por motivos electorais // Os montes máis altos de Lugo e Ourense rexistraron as primeiras nevaradas do outono, traídas pola fronte polas que nos afectou durante a fin de semana // Hoxe empezou a retirarse, co que se recuperou a influencia do anticiclon. 23/11/15
Citroen proba entre Galicia e Madrid o primeiro coche autónomo que circula polas estradas españolas // O Conselleiro de Facenda dixo, no debate do proxecto de Orzamentos, que o aumento da recadación, producto da mellora da economía, lle permite á xunta adoptar medidas coma a rebaixa de impostos // Os montes máis altos de Lugo e Ourense rexistraron as primeiras nevaradas do outono. 23/11/15
Pola noite volverán baixar as temperaturas co que se agardan importantes xeadas en zonas do interior. 23/11/15
Esta noite entrará unha fronte que pode deixar algunhas precipitacións ao tempo que empezan a baixar as temperaturas. (20/11/15)
Acabouse este tempo case primaveral que estivemos disfrutando, no que vai de outono.
Esta noite entrará a primeira fronte dunha sucesión delas que van facer caer as temperaturas e traer choivas e friaxe. O enfriamento notarase aínda máis o domingo, cando está previsto que as precipitacións poidan ser de neve por riba dos mil metros.
Involucrar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista. É o obxectivo da última campaña da Xunta de sensibilización para erradicar esta lacra social. No primeiro semestre de 2015 presentáronse 2.600 denuncias por malos tratos en Galicia e dictáronse medidas de protección para 721 mulleres. 6 foron asasinadas.
Todo está xa preparado para derbi de mañá, entre o Deportivo e o Celta, en Riazor. O partido, declarado de alto risco, será vixiado por un dispositivo de 400 persoas, entre elas 200 axentes de policía que empezarán a despregarse xa esta noite. (20/11/15)