Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tres persoas da mesma familia faleceron esta mañanciña no incendio da súa casa na aldea de Ribeira, pertencente á parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba. Os falecidos son un matrimonio de máis de 80 anos e a súa filla duns 50 // Preocupación en Vigo tras a anulación do plan urbanístico por sentenza firme do Tribunal Supremo. O Alto tribunal estimou un recurso dunha asociación veciñal e declarao nulo, ao considerar inxustificado que o Plan Xeral de Vigo non se sometese a unha avaliación ambiental estratéxica // Presentan en Ourense as etapas da Volta a España que discorrerán pola provincia. A ronda ciclista arrancará o 20 de agosto cunha crono por equipos que sairá do balneario de Laias e rematará no Club Náutico de Castrelo de Miño. Outras tres etapas partirán da cidade de Ourense, Maceda e a Ribeira Sacra. 01/12/15

Tres persoas da mesma familia faleceron esta mañanciña no incendio da súa casa na aldea de Ribeira, pertencente á parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba // Preocupación en Vigo tras a anulación do plan urbanístico por sentenza firme do Tribunal Supremo // Presentan en Ourense as etapas da Volta a España que discorrerán pola provincia. 01/12/15

Pasou a disposición do xulgado, en Pontrevedra, o home detido pola Garda Civil, logo de que se confesase autor da morte a navallazos do marido da súa ex-noiva. Os dous, agresor e vítima, eran veciños, na localidade de Ponte Caldelas e rexentaban negocios situados un ao carón do outro // A familia de Francisco Javier Romero Taboada pide que se faga xustiza, cando se cumpre un ano da súa morte, despois de sufrir unha brutal malleira e ser botado ao río Manzanares. Só un mozo que, no momento dos feitos, era menor, está imputado por homicidio aínda que hai outras 105 persoas procesadas por ter participado na liorta tumulturaria que rodeou á morte de Jimmi // A Muralla de Lugo conta dende hoxe cun ascensor que permite un mellor acceso ao seu adarve ás persoas con discapacidade ou ás familias con nenos pequenos. É un xeito de celebrar os quince anos do monumento coma patrimonio da humanidade. 30/11/15

Pasou a disposiciòn do xulgado, en Pontrevedra, o home detido pola Garda Civil, logo de que se confesase autor da morte a navallazos do marido da súa ex-oiva // A familia de Francisco Javier Romero Taboada pide que se faga xustiza, cando se cumpre un ano da súa morte, despois de sufrir unha brutal malleira e ser botado ao río Manzanares // A Muralla de Lugo, equipada cun ascensor que permite un mellor acceso ao seu adarve ás persoas con discapacidade ou ás familias con nenos pequenos. 30/11/15

Morreu o narrador, ensaísta e poeta Xosé Neira Vilas, aos 87 anos de idade. Entre a súa abondosa obra destaca a novela "Memorias dun Neno Labrego" que narra as vivencias das primeiras décadas do século 20 nas aldeas galegas, dende o punto de vista dun rapaz // Homenaxe en Vigo, na comisaría de policía, a axente Vanessa Lage falecida en acto de servizo fai mañá un ano. A policía de 36 anos morría polos disparos dun atracador que fuxía despois de roubar un banco // O Celta buscará mudar a racha de resultados negativos fronte o Sporting de Gijón en Balaídos. Mentres o Deportivo reforzado anímicamente trala victoria no clásico galego viaxa a Gran Canaria para enfrontarse a un Las Palmas en dificultades. 27/11/15

Morreu o narrador, ensaísta e poeta Xosé Neira Vilas, aos 87 anos de idade // Homenaxe en Vigo, na comisaría de policía, a axente Vanessa Lage falecida en acto de servizo fai mañá un ano // O Celta buscará mudar a racha de resultados negativos fronte o Sporting de Gijón. Mentres o Deportivo viaxa a Gran Canaria para enfrontarse ao Las Palmas. 27/11/15

O consello da xunta aprobou destinar 9,6 millons de euros para extender a asistencia a dependentes que son atendidos por persoas do seu entorno familiar. Serán 1.800 novos beneficiarios // O Alcalde de Vigo, o socialista Abel Cabellero compareceu esta mañá, en calidade de imputado, no xulgado que instrúe a causa da denominada Operación Patos sobre presuntos casos de corrupción na adxudicación de contratos de instituciòns públicas, entre elas, o concello vigués // A Casa Picasso da Coruña expón, ata o día 11 de Decembro, un cadro, ata agora descoñecido, creado polo pintor malegueño na súa etapa de formación na capital coruñesa. Trátase dunha mariña da que a familia propietaria descoñecía o autor, ata que se confirmou que é do xenio do cubismo. 26/11/15

O consello da xunta aprobou destinar 9,6 millons de euros para extender a asistencia a dependentes que son atendidos por persoas do seu entorno familiar // O Alcalde de Vigo, o socialista Abel Cabellero compareceu esta mañá, en calidade de imputado, no xulgado que instrúe a causa da denominada Operación Patos // A Casa Picasso da Coruña expón, ata o día 11 de Decembro, un cadro, ata agora descoñecido, creado polo pintor malegueño na súa etapa de formación na capital coruñesa. 26/11/15