Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha borrasca ao oeste de Portugal trouxo de volta a chuvia. Precipitacións que serán máis persistentes na metade occidental. Mesmo poderían ser localmente fortes no suroeste da Coruña e acompañadas de treboadas. As temperaturas mínimas ascenderán e as máximas baixan algo polo interior. O vento arreciará nas horas centrais ao sur de Fisterra e en zonas altas do interior. (18/06/19)

Nas próximas horas pasarán a disposición da Audiencia Nacional os considerados coma líderes de Resistencia Galega, detidos esta fin de semana en Vigo // A aceleradora da automoción de Vigo creou 35 empresas e máis de 250 postos de traballo en tres anos // Xunta e Caixabank asinan o primeiro acordo de patrocinio ante a celebración do Xacobeo 2021 por mil millóns de euros. 17/06/19 

Nas próximas horas pasarán a disposición da Audiencia Nacional os considerados coma líderes de Resistencia Galega, detidos esta fin de semana en Vigo // O novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ten como unha das primeiras tarefas negociar co Partido Popular como se van repartir as áreas  de goberno // En Vigo Abel Caballero abre a súa cuarta lexislatura co nomeamento de catro tenencias de Alcaldía. En Santiago, Sánchez Bugallo asegura que buscará acordos con todos os grupos para gobernar. E en Lugo dimite o secretario provincial do PSdeG, Alvaro Santos // A aceleradora da automoción de Vigo creou 35 empresas e máis de 250 postos de traballo en tres anos // Xunta e Caixabank asinan o primeiro acordo de patrocinio ante a celebración do Xacobeo 2021 por mil millóns de euros // Longas ringleiras en Riazor para facerse con entradas para o Dépor-Mallorca do xoves, primeiro dos dous partidos da final polo ascenso á Primeira División. 17/06/19

Achégase unha borrasca polo Atlántico. Despois dunha mañá de brétemas e de ceos máis despexados polo sur, á tarde  aumenta a nubosidade, que mesmo podería deixar algunha chuvia feble e dispersa. As temperaturas soben algo. As máximas oscilarán entre os 20 graos da Coruña e os 27 de Ourense. 17/06/19 