Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Marta Landeira.
Abre ao tráfico esta tarde o terceiro e último treito da autovía do Morrazo, que permite completar a viaxe de Cangas ata Vigo todo por autovía // O desacordo na designación do senador autonómico que lle corresponde a En Marea acaba por romper o grupo parlamentario desta formación, que deixa de ser o primeiro grupo da oposición en Galicia // Sardiña abundante, de moi boa calidade e máis barata que en anos anteriores para a noite de San Xoan. 21/06/19
Abre ao tráfico esta tarde o terceiro e último treito da autovía do Morrazo, que permite completar a viaxe de Cangas ata Vigo todo por autovía // O desacordo na designación do senador autonómico que lle corresponde a En Marea acaba por romper o grupo parlamentario desta formación, que deixa de ser o primeiro grupo da oposición en Galicia // A oferta de prazas na FP dual, na que a maior parte da formación se fai con prácticas en empresas, medra un 60 por cento para o próximo curso en Galicia // O grupo Hotusa, que preside o empresario de Chantada Amancio López, continúa a súa expansión por Galicia, onde xa conta con 15 establecementos hoteleiros // Sardiña abundante, de moi boa calidade e máis barata que en anos anteriores para a noite de San Xoan // O Dépor pon un pé na Primeira División ao sentenciar un dous a cero contra o Mallorca en Riazor e garda ascender na noite de San Xoan. 21/06/19
Esta tarde daremos a benvida ao verán con ceos máis despexados e con temperaturas en ascenso. As máximas acadarán os 25 graos polo interior e os 20 na costa. Mañá continuará o ascenso térmico pero a última hora do día a entrada dunha borrasca provocará chuvias que segundo os pronósticos remitirán a tempo para as cacharelas do San Xoan. 21/06/19
Abre ao tráfico esta tarde o terceiro e último treito da autovía do Morrazo, que permite completar a viaxe de Cangas ata Vigo todo por autovía // O desacordo na designación do senador autonómico que lle corresponde a En Marea acaba por romper o grupo parlamentario desta formación, que deixa de ser o primeiro grupo da oposición en Galicia // A oferta de prazas na FP dual, na que a maior parte da formación se fai con prácticas en empresas, medra un 60 por cento para o próximo curso en Galicia // O grupo Hotusa, que preside o empresario de Chantada Amancio López, continúa a súa expansión por Galicia, onde xa conta con 15 establecementos hoteleiros // Sardiña abundante, de moi boa calidade e máis barata que en anos anteriores para a noite de San Xoan // O Dépor pon un pé na Primeira División ao sentenciar un dous a cero contra o Mallorca en Riazor e garda ascender na noite de San Xoan. 21/06/19
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Marta Landeira.
O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división. 20/06/19
O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // Hoxe podería decidirse o futuro da fábrica de Alcoa na Coruña e os traballadores piden garantías para dar o visto bo á venda ao fondo suízo Parter // Máis de medio milleiro de axentes forestais apuran os labores de prevención nos montes públicos, nestes días nos que o nivel de risco de incendios aínda é baixo // Hoxe é o Día Mundial dos Refuxiados e apelan á historia da emigración galega para concienciar sobre os desprazados // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división // A "Coca" e a Danza das Penlas animan a tradicional festa do Corpus en Redondela // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia. 20/06/19
Este último día da primavera déixanos unha situación atmosférica moi indefinida, entre as altas e as baixas presións. Os ceos seguen cubertos ata ao final da tarde cando se agarda que se vaian abrindo algúns claros sobre todo no sur. Nas próximas horas tamén se agardan algunhas chuvias febles e chubascos ocasionais no interior e zonas altas. 20/06/19