Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // Hoxe podería decidirse o futuro da fábrica de Alcoa na Coruña e os traballadores piden garantías para dar o visto bo á venda ao fondo suízo Parter // Máis de medio milleiro de axentes forestais apuran os labores de prevención nos montes públicos, nestes días nos que o nivel de risco de incendios aínda é baixo // Hoxe é o Día Mundial dos Refuxiados e apelan á historia da emigración galega para concienciar sobre os desprazados // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división // A "Coca" e a Danza das Penlas animan a tradicional festa do Corpus en Redondela // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia. 20/06/19

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // A dirección de Alcoa explicaralle hoxe aos traballadores o preacordo para vender as fábricas da Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% //  As praias galegas volverán ter déficit de socorristas este verán, polo que a Xunta e a Fegamp estudan crear unha bolsa de profesionais para facilitarlles a contratación aos concellos // O Concello da Coruña reforza o dispositivo de seguridade para a noite de San Xoan, por se o Dépor logra o ascenso á primeira división // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // A dirección de Alcoa explicaralle hoxe aos traballadores o preacordo para vender as fábricas da Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% //  As praias galegas volverán ter déficit de socorristas este verán, polo que a Xunta e a Fegamp estudan crear unha bolsa de profesionais para facilitarlles a contratación aos concellos // O Concello da Coruña reforza o dispositivo de seguridade para a noite de San Xoan, por se o Dépor logra o ascenso á primeira división // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

Seguimos con ceos cubertos e chubascos ocasionais, sobre todo na metade norte. Chuvias que tenden a remitir ao final da tarde. As temperaturas sen cambios, agás no terzo norte onde descenden as máximas que, en xeral, quedarán en torno aos 20 graos. Para mañá e, sobre todo, o venres agárdase unha lixeira melloría do tempo. (19/06/19)

Alcoa chega a un principio de acordo co fondo suízo Parter para venderlle as fábricas da Coruña e Avilés // Un informe do BBVA estima que Galicia creará trinta mil empregos ata finais de 2020 // Abre en Ordes un novo albergue para os peregrinos que veñen a Santiago polo Camiño Inglés. (18/06/19)

Peche dos traballadores de Alcoa na Delegación do Goberna da Coruña // Un informe do BBVA estima que Galicia creará trinta mil empregos ata finais de 2020 // O sector pesqueiro pídelle ao Ministerio de Traballo que exclúa aos mariñeiros da obriga de fichar // O concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial pola morte dunha nena de tres anos, afogada ao caer na piscina duns veciños // A Universidade de Santiago ofertará o próximo curso un novo grao de Robótica no Campus de Lugo // Abre en Ordes un novo albergue para os peregrinos que veñen a Santiago polo Camiño Inglés. (18/06/19)