A forte treboada de onte á tarde sorprendeu aos veciños de Infesta, Albarellos e Vilaza (Monterrei), con rúas asolagadas, tronos e saraiba.
Veciños e brigadas municipais limpan en Infesta, onde quedaron inutilizados os servizos municipais de saneamento e fornecemento de auga.
Chegaron a caer 30 litros por metro cadrado en só unha hora.
O Parlamento aproba a Lei de Administración Dixital, cos votos do PP, a abstención do PsdeG e en contra do resto.
Para previr e mellorar as doenzas respiratorias, os especialistas aconsellan facer deporte e non fumar.
10 mil rapaces pasarán o verán nos campamentos da Xunta, unha ocasión para descubrir novas actividades e facer amigos. (09/07/19)