Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As treboadas deixaron máis de 3.000 raios sobre Galicia na pasada xornadaEsta tarde volverán reactivarse, con máis probabilidade nas zonas de montaña do interior onde os chubascos poderían vir acompañados, de novo, de saraiba. A Aemet manterá activa unha alerta amarela en Lugo por estas tronadas ata ás dez da noite. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas continuarán sen cambios. 05/07/19

Limpan e avalían en Lalín os danos causados polas fortes treboadas das últimas horas, que descargaron 3.000 lóstregos sobre Galicia // Alcoa e os traballadores acadan un acordo e desbloquean a venda das factorías da Coruña e Avilés ao fondo suizo Parter // A Xunta anuncia unha liña de axudas para facilitar a renovación de dous mil vehículos de máis de dez anos // A nena de sete anos que aparecera morta en Cospeito, Lugo, puido ser asfixiada pola súa nai cunha almofada // Máis de 3.500 siareiros do Celta déronlle a benvida a Denís Suárez na súa posta de longo no estadio de Balaídos // O Resurrection Fest transforma estes días a vila mariñana de Viveiro, cuns cen mil asistentes e un impacto económico estimado en dez millóns de euros. 05/07/19

O Consello da Xunta autorizou extender ao todo o persoal de enfermeria os contratos de continuidade de 1 a 3 anos, unha suba salarial aos empresarios públicos e un proxecto contra a seca // O polbo, un dos reis da nosa gastronomía, volve ás lonxas e mercados en plena campaña de vacacións e aumento da demanda // Abanca facilita bicicletas e patinetes eléctricos aos traballadores, como alternativa ao coche. 04/07/19

O polbo, un dos reis da nosa gastronomía, volve ás lonxas e mercados en plena campaña de vacacións e aumento da demanda // O Consello da Xunta autorizou extender ao todo o persoal de enfermeria os contratos de continuidade de 1 a 3 anos, unha suba salarial aos empresarios públicos e un proxecto contra a seca // Segue aberta a operación por ciberacoso sexual a unha menor de Pontevedra // 1 de cada tres galegos padece unha doenza reumática e os expertos desmiten que afecten máis en climas húmidos coma o noso // Abanca facilita bicicletas e patinetes eléctricos aos traballadores, como alternativa ao coche // A literatura escrita por mulleres protagoniza a Feira do Libro de Vigo. 04/07/19

Ata o mediodía os radares de Meteogalicia xa detectaron máis de 1.400 raios na costa da Coruña. Unha situación que irá a máis nas próximas horas. De feito, a Aemet activou unha alerta amarela nas provincias da Coruña e Lugo por treboadas a partir das catro da tarde e ata a media noite. Treboadas que poden ser puntualmente fortes con saraiba e aparato eléctrico. As temperaturas continuarán con sensación de bochorno. Hoxe subirán especialmente no interior da Mariña. 04/07/19

La portavoz de Galicia en Común, Yolanda Díaz, considera que sería de una “enorme irresponsabilidad” que el PSOE no llegase a ningún acuerdo con Unidas Podemos y que esto obligara a repetir las elecciones generales.

“Parece que Moncloa quiere la repetición de elecciones por puro interés partidista”, ha subrayado Díaz, que cree que el Gobierno está “jugando a un relato” y que es “un relato fallido”.

Un moderno reloxo vai substituir ao botón de teleasistencia da Cruz Vermella, que usan en Galicia case 6.000 persoas maiores ou dependentes // A socialista Carmela Silva acaba de ser reelexida coma presidenta da Deputación de Pontevedra, constituída este mediodía // Visitamos Ricovanca, unha pequena aldea do concello ourensán de Beariz, de onde é orixinario o novo presidente de Panamá, Laurentino Cortizo. 03/07/19

Un moderno reloxo vai substituir ao botón de teleasistencia da Cruz Vermella, que usan en Galicia case 6.000 persoas maiores ou dependentes // A socialista Carmela Silva acaba de ser reelexida coma presidenta da Deputación de Pontevedra, constituída este mediodía // Os armadores vigueses propoñen incluir a educación nutricional como unha asignatura obrigatoria nos colexios e institutos // Correos pon en marcha unha plataforma que facilita o comercio por internet aos pequenos productores e artesáns galegos // Juan Antonio Anquela adestrará ao Deportivo a próxima tempada // Visitamos Ricovanca, unha pequena aldea do concello ourensán de Beariz, de onde é orixinario o novo presidente de Panamá, Laurentino Cortizo. 03/07/19

Aumenta a inestabilidade atmosférica sobre Galicia. Os ceos seguirán alternando nubes e claros. Pola tarde tamén medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chubasco de carácter tormentoso no interior. As temperaturas soben de xeito notable no interior de Pontevedra e sur da Coruña. As máximas oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña, os 29 de Santiago e os 34 de Ourense. 03/07/19