Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desembarcan en Vigo as catro toneladas de cocaína intervidas na segunda gran operación contra o tráfico de drogas en Galicia desde o confinamento. Coa detención de 28 persoas, dase por desartellada a principal banda de narcotransportistas da nosa comunidade // O paro aumentou en 11.000 persoas e perdéronse 13.000 empregos en Galicia durante o primeiro trimestre do ano. A enquisa de poboación activa publicada hoxe só recolle o impacto das dúas últimas semanas de marzo en estado de alarma // Profesionais sanitarios concéntranse nos principais hospitais de Pontevedra. Reclaman equipos de protección axeitados, test PCR para o seguemento do seu estado de sáude e máis persoal. En Galicia hai un milleiro de sanitarios infectados. 28/04/20

Tranquilidade neste segundo día de saídas autorizadas dos nenos. Algúns concellos abriron as praias para desfrute dos máis pequenos e outros recomendan organizar os paseos por quendas // Só as separa o río Miño, pero o día a día é ben distinto na vila galega de Tui e na portuguesa de Valença, onde o confinamento é máis relaxado // O buque interceptado cerca de Canarias con catro toneladas de cocaína que ían ser introducidas na costa galega navega xa rumbo a Vigo. Na comarca de Arousa foron detidos doce integrantes da rede. 27/04/20

Si bien deja la mano abierta a algunas autonomías, el ministro de Sanidad Salvador Illa les ha recordado que, aunque sea en coordinación con ellas, la desescalada la dirije el Ejecutivo. "Vamos a empezar a trabajar en esta fase de transición", ha explicado el ministro, que esta tarde se ha reunido con las comunidades para empezar a tratar esta nueva etapa que, como siempre, su desarrollo dependerá de criterios sanitarios. Cataluña apuesta por descentralizar la gestión de la crisis, mientras que el presidente de la Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo quiere que se permita hacer deporte y abrir los comercios y desde Canarias ya han hecho una primera propuesta. El próximo lunes habrá dos reuniones para seguir tratando este tema.

A data das eleccións autonómicas en Galicia volve ao debate político despois de que o lehendakari Íñigo Urkullu plantexase celebrar as de Euskadi en xullo // A partir do domingo os menores de 14 anos poderán sair pasear de xeito controlado. Moitas institucións están a repartir máscaras infantís, coma o concello de Sober // Propietarios de hortas de autoabastecemento piden poder recoller os froitos cultivados durante o inverno e facer as plantacións de primavera. Está prohibido se as teñen a máis de cincocentos metros dos seus domicilios. (24/04/2020)