Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En Galicia, muchos pueblos tienen menos de 5.000 habitantes, por lo que podrán salir a la calle a partir de hoy sin restricciones horarias. Es el caso de Corcubión en A Coruña. Otros como Cerceda, se quedan fuera por solo 1 habitante. Informa Julio Leyte.

Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia e tamén se produce unha drástica caída de pacientes hospitalizados e nas UCI. Hoxe houbo catro mortes, pero a de onte foi a primeira xornada sen vítimas desde o inicio da crise hai mes e medio // A posibilidade de restrinxir a mobilidade entre provincias crea incerteza nos Peares, entre Ourense e Lugo. Ou en Pontecesures e Padrón, onde os veciños cruzan de provincia para tarefas cotiás // Case a metade dos falecidos con coronavirus en Galicia vivía nunha residencia de maiores. A Fiscalía mantén activas cinco das doce dilixencias penais rexistradas contra estes centros en Galicia. 30/04/20

O pequeno comercio pide un plan de reapertura que especifique a protección necesaria para volver á actividade. Os salóns de peiteado serán dos primeiros en poder abrir, o próximo luns, con cita previa e aforo limitado // A hostalaría galega tamén pide maior concreción e ve inviable economicamente o plan de desescalada. Cuestiona a limitación de aforo. A partir do 11 de maio poden abrir as terrazas co trinta por cento de ocupación // Tras sete semanas sen traballar, os mariscadores volven á ría de Arousa. Deixaran de faenar porque o seu produto non tiña saída no mercado. Agora regresan con cupos limitados. 29/04/20

Desembarcan en Vigo as catro toneladas de cocaína intervidas na segunda gran operación contra o tráfico de drogas en Galicia desde o confinamento. Coa detención de 28 persoas, dase por desartellada a principal banda de narcotransportistas da nosa comunidade // O paro aumentou en 11.000 persoas e perdéronse 13.000 empregos en Galicia durante o primeiro trimestre do ano. A enquisa de poboación activa publicada hoxe só recolle o impacto das dúas últimas semanas de marzo en estado de alarma // Profesionais sanitarios concéntranse nos principais hospitais de Pontevedra. Reclaman equipos de protección axeitados, test PCR para o seguemento do seu estado de sáude e máis persoal. En Galicia hai un milleiro de sanitarios infectados. 28/04/20