Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Centos de hosteleiros movilizanse en Santiago para reclamar axudas para o sector.

 O concello de Compostela aproba en pleno destinar tres millóns e medio de euros, que non foron gastados o ano pasado, a paliar os efectos da pandemia entre os colectivos máis afectados.

 O Parlamento reclama por unanimidade que se axilicen os trámites para que a Casa Cornide sexa declarada ben de interese cultural, para evitar  que os Franco poidan vendela.

A actualidade da provincia de A Coruña, neste mércores 18 de novembro.

Sanxenxo e O Grove súmanse aos concellos que teñen peches perimetrais. A medida, que supón o peche da hostelería entra en vigor a próxima medianoite.

Concentración ás portas da residencia de maiores de Salvaterra do Miño para denunciar as malas condicións nas que viven. No centro faleceron 24 anciáns e a fiscalía investiga a siituación.

Unha cita coa información de Galicia.

Baixa o número total de casos activos, que se sitúa en 9.060, son medio cento menos ca onte. Por Áreas Sanitarias o descenso obsérvase en todas, agás na de Lugo, que rexistra un lixeiro aumento, e en Santiago que mantén o mesmo número de casos. A cifra de mortes aumenta en 17.// Ainda que hoxe está prevista unha nova xuntanza do Comité Clínico, o presidente da Xunta indicou que non será ata dentro de duas semanas cando se decidirá se se relaxan ou non as medidas de restricción para frear os contaxios. // Un empresario do Grove, ca actividade da sua orquestra cancelada dende antes do verán, decidíu utilizar o trailer para transportar leituga a outros países. 17/11/20

Hostaleiros de toda Galicia pola situación desesperada que están a atravesar. Un recorrido ata a praza do Obradoiro, que se converte na primeira manifestación conxunta de empresarios e traballadores do sector na nosa comunidade. //O presidente da Xunta descarta relaxar as restriccións ata a primeira semana de decembro.//Os casos activos seguen a baixar e sitúanse hoxe en 9.060, logo de rexistrarse 400 novos contaxios no último día. Os falecementos contabilizados ascenderon a 17. Hai algo máis de 500 pacientes hospitalizados dos que 106 están nas UCI. //Un ultraconxelador capaz de conservar temperaturas de 80 graos baixo cero. Pertence a unha empresa de Santiago que reune as condicións técnicas para almacenar as vacinas anunciadas para a Covid-19 cando estean autorizadas a sair ao mercado. 17/11/20

Hostaleiros de toda Galicia protestan pola situación desesperada que están a atravesar. Un recorrido ata a praza do Obradoiro, que se converte na primeira manifestación conxunta de empresarios e traballadores do sector. //O presidente da Xunta descarta relaxar as restriccións ata a primeira semana de decembro.//Os casos activos seguen a baixar e sitúanse hoxe en 9.060, logo de rexistrarse 400 novos contaxios no último día. Os falecementos contabilizados ascenderon a 17. //Un ultraconxelador capaz de conservar temperaturas de 80 graos baixo cero. Pertence a unha empresa de Santiago que reune as condicións técnicas para almacenar as vacinas anunciadas para a Covid-19 cando estean autorizadas a sair ao mercado. 17/11/20

Situación intermedia entre o anticiclón centrado na península e a borrasca que se situará no litoral portugués. Así, o ceo estará parcialmente cuberto, con máis nubes nas provincias da Coruña e Pontevedra, donde se esperan as chuvias máis persistentes. 17/11/20

Piden un plan de rescate urxente ante a asfixia económica que afrontan polas restriccións impostas ao sector para frear a propagación da pandemia

“A situación do sector é insostible desde o punto de vista económico”

 Aumenta o número de casos positivos por coronavirus nas tres áreas sanitarias da provincia. Son 59 os enfermos que precisan atención nas unidades de cuidados intensivos.

 Os traballadores da uci do hospital de Santiago continúan coa folga indefinida. Reclaman máis persoal e mellores condicións laborais.
 
 O concello da Coruña promove a construcción de 50 vivendas de protección oficial no polígono de Xuxán. Serán de dúas e tres habitacións.
 
 O aeroporto de Alvedro recupera parte dos seus vos a Madrid. Serán tres díarios.

 A actualidade da provincia da Coruña, neste martes 17 de novembro.

O gromo na residencia de Mos, que suma 145 positivos, orixinouse hai unha semana entre traballadores e familiares asintomáticos, pese aos estrictos controis e cribados que se levan a cabo. Así o entenden os responsables do centro, un dos máis grandes de Galicia, que pasara ata agora sen ningún caso dende o comenzo da pandemia // Os casos activos sitúanse hoxe en 9.110, logo de rexistrarse algo máis de 400 novos contaxios no último día. A presión hospitalaria, en cambio, non da tregua con 32 novas hospitalizacións e soben a 110 os pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos. // Os neumáticos e as luces, Dous elementos claves para a seguridade dos vehículos, que os axentes da garda civil controlarán con especial atención nas estradas galegas dende hoxe. A campaña da Dirección XEral de Tráfico durará ata o xoves. 16/11/20