Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Verín conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións, ante a clara melloría dos seus datos de incidencia da pandemia. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña. // Continúa á baixa a evolución da pandemia, que hoxe conta cun total de 8.617 casos activos, con 327 novos contaxios confirmados nas últimas horas. Tamén descende o número de Probas PCR realizadas, que son unhas 1.600 menos que o día anterior. //800 millóns ao ano de investimento en políticas para reducir o envellecemento da poboación. É o que prevé a Lei de Impulso demográfico de Galicia, a primeira que se leva a cabo en España, e que hoxe comenzou a tramitación no Parlamento, co rexeitamento das enmendas da oposición. 24/11/20

Hoxe dicimos adeus ao anticiclón pola chegada dunha fronte. As chuvias comezarán polo oeste durante a tarde. Estenderanse a toda a comunidade pola noite cando poden ser puntualmente fortes. Chuvias que continuarán durante o mércores sobre todo no litoral atlántico para ir desaparecendo na segunda metade da semana. 24/11/20

Sen clientes que aloxar e e sen reservas previstas. É a situación dos establecementos hoteleiros que ainda continúan abertos en Galicia. As grandes cadeas preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.// O presidente da Xunta Ten a esperanza de que a hostalaría poida abrir para a ponte da Constitución, se a evolución da pandemia continúa a ser favorable nos próximos días.// Un pesqueiro permanece confinado no porto de Burela, logo de que os seus 17 tripulantes deran positivo en Covid, un deles ingresado no hospital. O caso reabre o debate sobre se os barcos son os sitios máis axeitados para pasar a corentena. 23/11/20

Practicamente Sen clientes e e sen previsión de reserva algunha para a ponte da Constitución. É a situación dos establecementos hoteleiros que ainda continúan abertos en Galicia. As grandes cadeas preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.. // Terceiro día consecutivo de baixada no número de novos positivos detectados en Galicia, que deixan o total de casos activos en 8.669. A presión asistencial, sen embargo, aumenta, con 559 pacientes hospitalizados, cen deles nas UCI. Os falecidos nas últimas horas ascenden a nove.// A Xunta aumentará os seus investimentos un 50 por cento durante o próximo ano. Así o contempla o proxecto de presupostos que hoxe presentou no parlamento o conselleiro de Facenda. 23/11/20

Arrancará a última semana de novembro co sol brilando nos ceos, que estarán despexados anque poderían cubrirse con nubes de tipo medio e alto a medida que avance a xornada. Situación de pantano barométrico. As temperaturas sen cambios signficativos, con lixeiros descensos das mínimas. Ademáis, o vento estará prácticamente en calma. 23/11/20

As grandes cadeas hoteleiras preparan ofertas especiais para a segunda metade de decembro, en caso de que se relaxen as restricións á mobilidade.. // Terceiro día consecutivo de baixada no número de novos positivos detectados en Galicia, que deixan o total de casos activos en 8.669. A presión asistencial, sen embargo, aumenta, con 559 pacientes hospitalizados,.// A Xunta aumentará os seus investimentos un 50 por cento durante o próximo ano. Así o contempla o proxecto de presupostos que hoxe presentou no parlamento o conselleiro de Facenda..// Comenza en Ourense o xuízo contra o ex secretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez. A fiscalía acúsao de prevaricación continuada por contratacións irregulares de persoal na sua etapa como alcalde do Carballiño. 23/11/20