Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Vidas perdidas en agresións machistas, representadas neste acto en Vigo por zapatos orfos. Son 41 no que vai de ano, duas delas en Galicia. E un dos xeitos en que hoxe se conmemora o Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres..// Sanidade estuda cómo serán as restriccións para o Nadal, con reunións limitadas a 6 ou a 10 convivintes. En todo caso, os expertos do Comité Clínico advirten que as xuntanzas familiares deberán ser con máscara.// a Xunta vai aumentar a compra de test de antíxenos ata os 3 millóns de unidades. A operación foi dada a coñecer polo presidente Feijóo no Parlamento, onde houbo acusacións cruzadas de negacionismo sobre a loita contra a violencia de xénero. 25/11/20

Zapatos orfos, en Vigo, para simbolizar as vidas perdidas en agresións machistas, 41 no que vai de ano en España, duas delas en Galicia. E un dos actos do Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres. Os colectivos de atención ás vitimas advirten de que a caída de denuncias no que vai de ano pode agochar os casos das se ven obrigadas a convivir en confinamento cos agresores.. // Os contaxios volven repuntar en Galicia, con 531 novos positivos, que deixan o total de casos activos en 8.638. Os pacientes hospitalizados son 531, 97 deles na UCI, e son nove os falecementos contabilizados nas últimas horas. //Pacientes con danos neurolóxicos provocados pola COVID recupéranse na clínica Sinapse da Coruña coa axuda de exoesqueletos. 25/11/20

Galicia comemora con numerosos actos o día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres. Os colectivos de atención ás vitimas advirten de que a caída de denuncias no que vai de ano pode agochar os casos das se ven obrigadas a convivir en confinamento cos agresores.. // Sanidade estuda cómo serán as restriccións para o Nadal, con reunións limitadas a 6 ou a 10 convivintes. // Os contaxios volven repuntar en Galicia, con 531 novos positivos, que deixan o total de casos activos en 8.638. O maior aumento rexístrase na area sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados son 531, 97 deles na UCI, e son nove os falecementos contabilizados nas últimas horas. //Pacientes con danos neurolóxicos provocados pola COVID recupéranse na clínica Sinapse da Coruña coa axuda de exoesqueletos. 25/11/20

Xornada con aire frío nas capas altas, será de gran inestabilidade atmosférica tralol paso da fronte na noite do martes. Os ceos estarán parcialmente cubertos con chubascos que ocasionalmente poderán ir acompañados de saraiba e aparato eléctrico. 25/11/20

A Semana de Cine de Lugo proxecta preto de 200 produccións de cine independente de 50 países. A organización da 42 Semana de Cine de Lugo é un “exercizo de resistencia e de desafogo cinematográfico de cara a situación que estamos vivindo”. Quen así se expresa é Xulio Xiz, presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiña, colectivo que desde o ano 1979 organiza a clásica cita luguesa co cinema de autor.

Espectación en Verín, que conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións a hostalaría e a mobilidade. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña.// Descende o número de Probas PCR realizadas, que son unhas 1.600 menos que o día anterior. Hai 96 pacientes ingresados nas UCI, e As vítimas mortais elévanse a 15, das que sete eran usuarios de residencias de maiores. // O sergas vai mellorar o sistema de atención telefónica nas consultas de atención primaria co fin de que os profesionais chamen ao paciente, se non lle colle a chamada no primeiro intento. Tamen vai por en marcha un sistema de atención con videochamadas. 24/11/20

Verín conta con ver levantadas nas próximas horas algunhas restricións, ante a clara melloría dos seus datos de incidencia da pandemia. O Comité Clínico estuda tamén o posible cambio de fase próximamente noutros concellos como Santiago, Ourense ou A Coruña. // Continúa á baixa a evolución da pandemia, que hoxe conta cun total de 8.617 casos activos, con 327 novos contaxios confirmados nas últimas horas. //800 millóns ao ano de investimento en políticas para reducir o envellecemento da poboación. É o que prevé a Lei de Impulso demográfico de Galicia, a primeira que se leva a cabo en España, e que hoxe comenzou a tramitación no Parlamento. // Catro cans especialmente adestrados para terapia infantil. No último ano, levan axudado a máis de corenta nenos, vítimas da violencia de xénero a acudir aos xulgados e reducir a ansiedade. 24/11/20