Seguirán os ceos despexados e as temperaturas en ascenso. En zonas do sur coma a cidade de Ourense, a máximas superarán os 30 graos. 15/05/14
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123. Un distintivo que premia a limpeza e calidade das augas e os areais, e tamén os equipamentos para facilitar a presenza de bañistas. Sanxenxo é o municipio que contará con máis distintivos en toda España // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de máis de mil camas asistenciais durante o verán. Os sindicatos aseguran que é a maior reducción nunha década e que obrigará a mesturar doentes de diversas especialidades. A Xunta di que é habitual reorganizar o servizo en época de vacacións e que 86 de cada cen camas seguirán operativas // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. Deixou o seu cargo a número tres da lista do PSdeg-PSOE no concello pontevedrés de Meis a petición do seu partido que considera os comentarios que fixo inapropiadas e desafortunadas. 14/05/14
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123. Un distintivo que premia a limpeza e calidade das augas e os areais, e tamén os equipamentos para facilitar a presenza de bañistas. Sanxenxo é o municipio que contará con máis distintivos en toda España // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de máis de mil camas asistenciais durante o verán. Os sindicatos aseguran que é a maior reducción nunha década e que obrigará a mesturar doentes de diversas especialidades. A Xunta di que é habitual reorganizar o servizo en época de vacacións e que 86 de cada cen camas seguirán operativas // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. Deixou o seu cargo a número tres da lista do PSdeg-PSOE no concello pontevedrés de Meis a petición do seu partido que considera os comentarios que fixo inapropiadas e desafortunadas. 14/05/14
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123 // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de camas asistenciais durante o verán // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. 14/05/14
Soben as temperaturas pero na costa da Coruña o vento soprará con máis forza a partir das, tres da tarde que será cando quedará activada a alerta amarela. 14/05/14
A situación vai mellorando, segundo o anticiclón se sitúa sobre a nosa comunidade. Ademais, nos próximos días aumentarán as temperaturas. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. O Presidente da Xunta, Núñez Feijóo acompaña na capital leonesa ao do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, que visitou esta mañá a capela ardente, xunto coa cúpula da formación.
Un avogado coruñés conseguiu vencer a google no Tribunal Europeo de Estrasburgo que recoñécelle o dereito a que o buscador de internet elimine datos da súa vida privada que son do pasado e que o perxudican. A sentenza crea xurisprudencia e avala o chamado dereito o esquecemento
Dimite o cura das parroquias ourensás de Punxín ao que os veciños acusan de insultar á mulleres e mozos e de non celebrar as cerimonias como viña sendo tradicional.
A súa retirada coma titular desas freguesías foi anunciada polo bispado ourensán, logo de que un grupo de veciños se entrevistase coas autoridades eclesiásticas. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco.
Dimite a concelleira do PSdeG-PSOE en Vilagarcia, Susana Camiño, logo de publicar, na súa conta de Facebook un comentario sobre o asasinato de León.
Un avogado coruñés consegue vencer a google tras seis anos de litixio. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. O Presidente da Xunta, Núñez Feijóo acompaña na capital leonesa ao do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, que visitou esta mañá a capela ardente, xunto coa cúpula da formación.
Dimite a concelleira do PSdeG-PSOE en Vilagarcía, Susana Camiño, logo de publicar, na súa conta de Facebook un comentario no que dicía que "quen sementa ventos recolle tempestades" en referencia ao asasinado da Presidente da Deputación de León.
Un avogado coruñés consegue vencer a google tras seis anos de litixio. O Tribunal Europeo recoñécelle o dereito a que o buscador de internet elimine datos da súa vida privada que son do pasado e que lle perxudican. A sentenza crea xurisprudencia e avala o chamado dereito o esquecemento. En España hai 200 persoas que se atopan na mesma situación ca este home. (13/05/14)
O Ministerio de Fomento vai licitar este mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo. Anunciouno esta mañá a Ministra Ana Pastor quen tamén dixo que o ano que vén estará rematado o tramo As Lonzas a Zapateira da Terceira Roda da Coruña // A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda Civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // Un desacordo entre os fregueses de dúas parroquias de Punxín, en Ourense e o seu párroco impediu que onte se celebrara misa. Os veciños quéixanse da actitude do novo párroco. Din que chega tarde ás cerimonias, que lles falta ao respeto a mulleres e mozos e que se nega a oficiar cabodanos. 12/05/14
A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // O Ministerio de Fomento vai licitar este mesmo mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo // O laboratorio de toxicoloxía de Santiago axiliza os traballos para ter canto antes a análise da mostra de saliva do conductor da excavadora involucrado no accidente de autobús de Badaxoz no que morreron cinco rapaces. 12/05/14
A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo // O Ministerio de Fomento vai licitar este mesmo mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago // O laboratorio de toxicoloxía de Santiago axiliza os traballos para ter canto antes a análise da mostra de saliva do conductor da excavadora involucrado no accidente de autobús de Badaxoz. 12/05/14
Comezamos semana con temperaturas algo máis baixas, con nubes que serán menos frecuentes cando máis ao sur da comunidade. 12/05/14
O xuíz que instrúe o sumario polo accidente de tren de Angrois imputa a once directivos de Adif, no momento no que entrou en servizo a vía na que se produciu o sinistro. Son o Presidente , os membros do Consello de Administración e o Director da Seguridade na circulación naquel momento. O xuíz Aláez decide estas novas imputacións, logo dos informes dos peritos que analizaron as circunstancias do accidente.
En Galicia está en marcha dende 2007 un programa de Alerta Escolar que ten rexistrados a cerca de 3.000 nenos. Un programa pioneiro en España e que se puxo de actualidade polo caso do neno falecido en Madrid por un shock anafiláctico.
O Celta prepárase para recibir a un Madrid tocado logo de deixar escapar boa parte das súas opcións á Liga. Os vigueses só teñen a preocupación de quen vai ser o seu adestrador, o ano que vén, logo de asegurar a permanencia.
E o Deportivo tratará, ante o Alavés, de afianzar liderato e ascenso , se corrixe os erros que o levaron a tropezar ante Ponferradina e Lugo. (09/05/14)
Primeiros pasos da campaña para as eleccións europeas do próximo día 25. O Partido Popular iniciouna en Pontevedra, Os socialistas en Vigo o mesmo que os nacionalistas do BNG, e Alternativa Galega de Esquerda Europa fíxoo en Santiago.
Os enfermos reclaman avances no tratamento desta enfermidade autoinmune multisistémica que pode manifestarse de xeito leve ou ser máis agresiva e atacar órganos vitais como o ril ou o sistema neurolóxico.
Galicia conta dende 2007 cun programa de alerta escolar para actuar en caso de nenos con crises agudas. Foi a raíz da morte dun cativo. Dende aquela os centros teñen identificados os alumnos con patoloxias e dispoñen a medicación necesaria en caso de urxencia. Actualemente hai case 3.000 menores inscritos, dos que uns 1.000 teñen algún tipo de alerxia. (09/05/14)
O xuiz que instrúe o sumario polo accidente de tren de Angrois imputa a once directivos de Adif, no momento no que entrou en servizo a vía na que se produciu o sinistro.
Primeiros pasos da campaña para as eleccións europeas do próximo día 25.
O Celta prepárase para recibir a un Madrid tocado logo de deixar escapar boa parte das súas opcións á Liga. (09/05/14)
Segue o tempo tipicamente primaveral con nubes, mais abondosas na zona atlántica e temperaturas sen cambios. (09/05/14)
Os traballadores de Navantia de Ferrol manifestáronse hoxe para demandar máis carga de traballo para a factoría, logo do anuncio da construcción dun barco para a Armada. Din que non é dabondo para darlle ocupaciòn a todo o cadro de persoal // A Xunta financia premios para apoiar a marcha do centro de emprendemento e novas tecnoloxías que funciona nun dos edificios da Cidade da Cultura. Tratará de atraer aos mellores especialistas no campo das tecnoloxías das comunicacións // A Policía interroga en Vigo a varios menores pola difusión masiva de fotos dunha compañeira semiespida a través de whasapp. Foi a súa nai a que denunciou. Os expertos suliñan a importancia de que os pais aprendan a medrar dixitalmente cós seus fillos e que estes asuman que todo o que se sobe a rede pode escapar do seu control. 08/05/14
O que estivo considerado como o maior contrabandista de tabaco, Marcial Dorado, é xulgado dende hoxe por branqueo de cartos nun xuizo na Audiencia Nacional // Os traballadores de Navantia de Ferrol manifestáronse hoxe para demandar máis carga de traballo para a factoría, logo do anuncio da construcciòn dun barco para a Armada. Din que non é dabondo para darlle ocupación a todo o cadro de persoal // A Xunta pón en marcha un centro de emprendemento que funcionará nun dos edificios da Cidade da Cultura, en colaboración coa empresa Telefónica. Prevese que empece a funcionar este verán e tratará de atraer aos mellores especialistas no campo das tecnoloxías das comunicacións. Tamén se aprobou a conxelación das taxas universitarias para o curso que vén. 08/05/14
O que estivo considerado como o maior contrabandista de tabaco, Marcial Dorado, é xulgado dende hoxe por branqueo de cartos nun xuízo na Audiencia Nacional // Os traballadores de Navantia de Ferrol manifestáronse hoxe para demandar máis carga de traballo para a factoría, logo do anuncio da construcción dun barco para a Armada // A Xunta financia premios para apoiar a marcha do centro de emprendemento e novas tecnoloxías que funciona nun dos edificios da Cidade da Cultura. 08/05/14