As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro áo proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta. Son imaxes nas que a pequena aparece en roupa interior e cunhas medias e que os investigadores considerarían pouco apropiadas para que figuren no arquivo de seu pai // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías. Tamén aprobou un programa de investimento de 30 millóns de euros para empresas innovadoras dos campos da automoción, a farmacia, as novas tecnoloxías, a aeronáutica e a biomasa // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. Angel Currás asegura que disporá de varios funcionarios do propio concello e persoeiros como o ex árbitro de primeira división Garcia de Loza. 05/06/14
As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro ao proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta. Son imaxes nas que a pequena aparece en roupa interior e cunhas medias e que os investigadores considerarían pouco apropiadas para que figuren no arquivo de seu pai // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías. Tamén aprobou un programa de investimento de 30 millóns de euros para empresas innovadoras dos campos da automoción, a farmacia, as novas tecnoloxías, a aeronáutica e a biomasa // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. Ángel Currás asegura que disporá de varios funcionarios do propio concello e persoeiros como o ex árbitro de primeira división García de Loza. 05/06/14
As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro áo proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. 05/06/14
O tempo complícase nas próximas horas. Hoxe con dúas alertas no mar na Costa da Morte e en terra a partir das nove da noite actívase a amarela por chuvias tamén nas Rías Baixas. 05/06/14
A Comisión de investigación do accidente do tren que o pasado 24 de xullo custou a vida a 79 persoas responsabiliza unicamente do sinistro ó maquinista, ainda que recomenda ó ADIF a mellora dalgúns protocolos // Dimite a portavoz do Partido Popular de Galicia, Paula Prado. Unha decisión que se produce logo de que se deran a coñecer conversas súas incluídas no sumario da Operación Pokémon, que investiga presuntos casos de corrupción en contratas municipais // O alcalde e a tenente de alcalde de Santiago asumen todas as competencias dos nove concelleiros que dimitiron na última semana. O titular da Alcaldía, Ángel Currrás, segue a busca de sustitutos para eles. Di que en dous días, entre hoxe e o próximo venres, terá rematada a lista cos nomes dos novos concelleiros. 04/06/14
A Comisión de investigación do accidente do tren que o pasado 24 de xullo custou a vida a 79 persoas responsabiliza unicamente do sinistro ó maquinista, ainda que recomenda ó ADIF a mellora dalgúns protocolos. As víctimas restan valor a esta conclusión porque entenden que a comisión depende do ministerio de Fomento e trata de evitar responsabilidades polos cambios no trazado e no sistema de frenado // Dimite a portavoz do Partido Popular de Galicia, Paula Prado. Unha decisión que se produce logo de que se deran a coñecer conversas súas incluídas no sumario da Operación Pokémon, que investiga presuntos casos de corrupción en contratas municipais // O alcalde e a tenente de alcalde de Santiago asumen todas as competencias dos nove concelleiros que dimitiron na última semana. O titular da Alcaldía, Ángel Currrás, segue a busca de sustitutos para eles. Di que en dous días, entre hoxe e o próximo venres, terá rematada a lista cos nomes dos novos concelleiros. 04/06/14
A Comisión de investigación do accidente do tren de Santiago responsabiliza unicamente do sinistro ó maquinista // Dimite a portavoz do Partido Popular de Galicia, Paula Prado // O alcalde e a tenente de alcalde de Santiago asumen todas as competencias dos nove concelleiros que dimitiron na última semana. 04/06/14
E de cara a tarde parece que se van ir abrindo algúns claros aínda que por pouco tempo porque o tempo non acabará de mellorar. 04/06/14
O paro baixou en Galicia en 6.700 persoas o pasado mes de maio, un dous coma catro por cento ,unha evolución algo mellor que na media de España. O número de desempregados rexistrados na nosa comunidade é agora de algo máis de 263 mil.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, asegura que a gobernabilidade do municipio está garantida, logo da renuncia dos sete concelleiros do Partido Popular, inhabilitados por unha sentencia xudicial, por ter aprobado que o concello lle pagara o abogado a un compañeiro imputado. Os afectados anunciaron que van recorrer a sentenza ante a Audiencia Provincial da Coruña
Trinta e dúas persoas faleceron no que vai de ano en accidentes de tráfico en Galicia. Son seis vítimas menos que nos primeiros cinco meses de 2013 .
Para evitar accidentes, a Dirección Xeral de Tráfico intensifica, ata ao domingo, os controis de alcol e drogas nas estradas galegas. O 43% dos conductores falecidos o ano pasado superaban a taxa permitida (03/06/14)
O paro baixou en Galicia en 6.700 persoas o pasado mes de maio, un dous coma catro por cento ,unha evolución algo mellor que na media de España. O número de desempregados rexistrados na nosa comunidade é agora de algo máis de 263 mil.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, asegura que a gobernabilidade do municipio está garantida, logo da renuncia dos sete concelleiros do Partido Popular, inhabilitados por unha sentencia xudicial, por ter aprobado que o concello lle pagara o abogado a un compañeiro imputado. Os afectados anunciaron que van recorrer a sentenza ante a Audiencia Provincial da Coruña
O Celta presenta oficialmente a Eduardo Berizzo como novo adestrador. O arxentino regresa o clube no que xogou catro anos e medio hai agora unha década. e afondar no carácter dinámico e ofensivo do primeiro equipo
O Deportivo púxolle punto final á festa do ascenso na praza de María Pita. Alí brindoulle a volta a Primeira á afección (03/06/14)
O paro baixou en Galicia en 6.700 persoas o pasado mes de maio.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, asegura que a gobernabilidade do municipio está garantida, logo da renuncia dos sete concelleiros do Partido Popular.
O Celta presentou oficialmente a Eduardo Berizzo como novo adestrador. e afondar no carácter dinámico e ofensivo do primeiro equipo
O Deportivo púxolle punto final á festa do ascenso na praza de María Pita. (03/06/14)
Pouco a pouco imos perdendo a influencia do anticiclón e para esta tarde xa agardamos cambios no tempo. Martín Barreiro cóntanos xa a previsión completa. (03/06/14)
A sociedade galega, coma toda a española, viuse sorprendida na mañá deste luns polo anuncio da abdicación do Rei Don Xoán Carlos e a conseguinte posta en marcha do mecanismo sucesorio, para que sexa o Príncipe Felipe quen ocupe o trono. As primeiras valoracións recoñecen o papel do Monarca na consolidación da nosa democracia, aínda dependendo de matizacións políticas // 9 anos de inhabilitación para os 7 concelleiros de Santiago por prevaricar ao aprobar pagarlle con fondos públicos a defensa doutro edil, acusado na operación Pokemon. A sentenza establece que actuaron de xeito arbitrario para beneficio particular dun compañeiro. Os grupos da oposición reclaman que abandonen a corporación de inmediato. O PP di que espera añinda coñecer os detalles do fallo xudicial // A Coruña seguirá esta tarde celebrando a volta do Dépor a Primeira. 02/06/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial. Hoxe recibiu a visita da princesa Ana de Inglaterra. Asistiu a conferencia de axudas á navegación, a IALA que reúne a 600 expertos na seguridade na navegación de todo o mundo // A Axencia de cualificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia, e mesmo prevé un crecemento da nosa economía para este ano unha décima superior ao establecido pola Xunta. Calcula que neste 2014 a actividade medrará un 1,3%. A cualificación de Galicia establécea no nivel tres Bs POSITIVO, igual que a da media de España // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. Os siareiros coruñeses, encherán mañá Riazor, fronte ao Jaén, e agardan que os xogadores superen o bache de xogo. 30/05/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial. Hoxe recibiu a visita da princesa Ana de Inglaterra. Asistiu a conferencia de axudas á navegacion, a IALA que reúne a 600 expertos na seguridade na navegación de todo o mundo // A Axencia de cualificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia, e mesmo prevé un crecemento da nosa economía para este ano unha décima superior ao establecido pola Xunta. Calcula que neste 2014 a actividade medrará un 1,3%. A cualificación de Galicia establécea no nivel tres Bs POSITIVO, igual que a da media de España // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. Os siareiros coruñeses, encherán mañá Riazor, fronte ao Jaén, e agardan que os xogadores superen o bache de xogo. 30/05/14
A Coruña é estes días a capital da seguridade marítima mundial // A Axencia de calificación de débeda STANDARD & POOR'S mellora a consideración de Galicia // Un punto separa o Dépor do retorno a Primeira. 30/05/14
Mellora o tempo. A entrada do aire anticiclónico vai ir propiciando o descenso da nubosidade e a suba das temperaturas. 30/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Vellas glorias do celtismo xogarán hoxe en Vigo un partido para apoiar a candidatura das Illas Cíes coma Patrimonio da Humanidade. Saltarán ao céspede, nomes tan grandes do clube, como Patxi Salinas,Gustavo López ou Karpin. 29/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. O fiscal rebaixou a súa petición de penas para o ex subdelegado do goberno na cidade, de 7 a un ano e medio de cadea. Retirou a acusación o alcalde de Pedrafita, e mantén unha petición de penas similares para o ex xefe de trafico en Lugo. 29/05/14
Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013 // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. 29/05/14