A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol. Será o segundo persoeiro que ostente este título, despois do Príncipe de Asturias. O goberno galego tamén acordo destinar 4 millóns de euros o plan de formación profesional dual // O cambio de xuíz no Caso Alvia producirase o próximo venres día 20. Luis Aláez tomará posesión da súa nova praza no xulgado penal número un de Santiago. Ese mesmo día será sustituido por Andrés Lago Louro, que se fará cargo da instrucción do accidente de tren de Angrois que deixou 79 vítimas // Un mozo da Estrada mantén unha folga de fame para reclamarlle unha pensión a seus pais. Emancipouse xudicialmente deles, aos que denunciou por malos tratos, aos 17 anos. Agora con 24 atopase sen domicilio e sen ningún tipo de recurso. A nai alega que non están obrigados a mantelo porque así o dictaminou un xuíz. 12/06/14
Trescentas toneladas de lixo nas rúas de Lugo. Esa é cantidade que se estima está amoreada nos contedores logo de tres días de folga dos traballadores que se encargan da recollida // A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol. Será o segundo persoeiro que ostente este título, despois do Príncipe de Asturias. O goberno galego tamén acordo destinar 4 millóns de euros o plan de formación profesional dual // Dimitiron dos seus cargos os membros da executiva comarcal da UGT de Vigo, a maior agrupación do sindicato en Galicia. Denuncian irregularidades na xestión de programas con fondos públicos. Unhas acusacións que a dirección galega do sindicato rexeita // Un mozo da Estrada mantén unha folga de fame para reclamarlle unha pensión a seus pais. Emancipouse xudicialmente deles, aos que denunciou por malos tratos, aos 17 anos. 12/06/14
Trescentas toneladas de lixo nas rúas de Lugo // A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol // Dimitiron dos seus cargos os membros da executiva comarcal da UGT de Vigo, a maior agrupación do sindicato en Galicia. 12/06/14
Tempo de praia e de moita calor cos termómetros rondando os trinta graos e mesmo superándoos no interior de Ourense onde mesmo aemet activo unha alerta amarela por máximas próximas aos 36 graos. 12/06/14
Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador. Un Equipo especial de criminólogos está a a analizar os restos, tratando de averiguar de que persoa se trata. Foron localizados, dentro do conxelador, polo dono da vivenda, cando entrou nela para saber algo do inquilino, do que non tiña noticias dende hai meses // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo, tamén menor de idade. A detención produciuse logo da denuncia presentada nunha localidade sevillana, por unha nai á que a súa filla lle dixera que se sentía acosada por un rapaz da súa mesma idade ao que coñecera a través dun chat // Máis 10 mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. Esta temida proba que comezaron con lingua e literatura castelá. A selectividade desaparecerá dentro de 3 anos pero as facultades seguirán mantendo probas para para acceder os estudos superiores. 11/06/14
Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador. Un Equipo especial de criminólogos está a analizar os restos, tratando de averiguar de que persoa se trata. Foron localizados, dentro do conxelador, polo dono da vivenda, cando entrou nela para saber algo do inquilino, do que non tiña noticias dende hai meses // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo, tamén menor de idade. A detención produciuse logo da denuncia presentada nunha localidade sevillana, por unha nai á que a súa filla lle dixera que se sentía acosada por un rapaz da súa mesma idade ao que coñecera a través dun chat // Máis 10 mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. Esta temida proba que comezaron con lingua e literatura castelá. A selectividade desaparecerá dentro de 3 anos pero as facultades seguirán mantendo probas para para acceder os estudos superiores. 11/06/14
Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo // Máis dez mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. 11/06/14
Esta mañá amaneceu despexado en practicamente toda a comunidade, e co avance do día tamén as temperaturas van subindo. Hoxe imos achegarnos aos trinta. 11/06/14
A Xunta Electoral Central será quen decida sobre os prazos e pasos para que Agustín Hernández ocupe a alcaldía de Santiago, logo da renuncia de Ángel Currás. Hernández terá agora que deixar a consellería de Infraestructuras da Xunta e o escano no Parlamento // Os alumnos de cuarto e sexto de primaria terán, o ano que vén dúas horas de reforzo en matemáticas e os centros poderán destinar outras dúas ás materias nas que os alumnos floxeen máis. Tamén haberá media hora ao día, polo menos, adicada á lectura // Non recoller as deposicións dos cans está sancionado con multas de entre 750 e 1500 euros en Ourense. Unha sanción que pode chegar os 3000 euros se o fan en zonas de xogos infantís. Así está regulado na ordenanza de zonas verdes que o concello está a difundir entre os veciños para lembrárllelo. 10/06/14
A Xunta Electoral Central será quen decida sobre os prazos e pasos para que Agustín Hernández ocupe a alcaldía de Santiago, logo da renuncia de Ángel Currás. Hernández terá agora que deixar a consellería de Infraestructuras da Xunta e o escano no Parlamento. Esta mañá dixo que quere que Santiago recupere a normalidade // Os alumnos de cuarto e sexto de primaria terán, o ano que vén, dúas horas de reforzo en matemáticas e os centros poderán destinar outras dúas ás materias nas que os alumnos floxeen máis // Non recoller as deposicións dos cans está sancionado con multas de entre 750 e 1500 euros en Ourense. Unha sanción que pode chegar os 3000 euros se o fan en zonas de xogos infantís. Así está regulado na ordenanza de zonas verdes que o concello está a difundir entre os veciños para lembrárllelo. 10/06/14
As nubes van ir deixando paso o sol durante a tarde nun día no que por fin soben as temperaturas.Hoxe as máximas superarán os vinte graos na meirande parte de Galicia. 10/06/14
Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían en Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo, un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.
Aquí teñen aínda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares, do Partido Popular, que renunciaron a raiz de procesos xudiciais.
Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.
Comezou na Coruña o xuízo a 18 veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias. O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila.
O Deportivo recibiu hoxe os parabéns do presidente da Xunta polo conseguir volver a Primeira nun ano no que o clube estivo a piques de desaparecer. Un recibimento despois de despedirse de Segunda con derrota en Girona. Na categoría quedará o Lugo despois de vencer ao Mirandés e certificar un ano máis de Quique Setién como adestrador.(09/06/14)
Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían en Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo, un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.
Aquí teñen ainda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares, do Partido Popular, que reunciaron a raiz de procesos xudiciais.
Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.
Comezou na Coruña o xuízo a 18 veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias. O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. (09/06/14)
Seguen os ceos con nubes e as temperaturas relativamente frescas pero nas próximas horas empezará a notarse unha melloría que será máis clara segundo avance a semana. (09/06/14)
Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais. O alcalde daraos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14
Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais // O alcalde daráos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14
Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove personas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. 06/06/14
As chuvias poden acadar hoxe os 80 litros por metro cadrado, sobre todo no suroeste da provincia da Coruña // Con menos intensidade pero tamén con alerta amarela chove en Pontevedra. 06/06/14