Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo. Tellados levantados e un carballo centenario arrincado, ao paso dun fenómeno inusual de ventos moi fortes, ainda que sen danos persoais | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que vén. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento para expoñer as liñas estratéxicas do seu goberno. Eleva ao 2´1 por cento a previsión de crecemento da economía |  O envío e recepción de imaxes eróticas a través das redes, coñecido como sexting, aumenta un nove por cento en Galicia nos últimos anos. Ainda que, segundo os investigadores non é unhpa práctica maioritaria na mocidade. Destacan o perigo que supón de que as mulleres poidan sufrir acoso sexual | O movemento da Unión Militar Democrática cumpre medio século. Un grupo de oficiais do exército español, do que formaba parte o capitán pontevedrés Xosé Fortes. No seu último libro lembra cómo intentaban axudar á chegada da democracia, alentados pola revolucións dos caraveis de Portugal

O tempo vai ir empeorando conforme se vaian achegando os restos do furacán Kirk. Os refachos superan os 100 km por hora en Muras na serra do Xistral, nunha mañá de ceos nubrados, chuvascos intermitentes e temperaturas máximas que roldan os 20 graos

Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo | Concentracións esta mañá, no Parlamento e outras institucións, para condenar o asasinato en Moaña de Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Pontevedra | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que vén. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento | O envío e recepción de imaxes eróticas a través das redes, coñecido como sexting, aumenta un nove por cento en Galicia nos últimos anos. Ainda que, segundo os investigadores non é unhpa práctica maioritaria na mocidade | O movemento da Unión Militar Democrática cumpre medio século. Un grupo de oficiais do exército español, do que formaba parte o capitán pontevedrés Xosé Fortes. No seu último libro lembra cómo intentaban axudar á chegada da democracia

Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo. Tellados levantados e un carballo centenario arrincado, ao paso dun fenómeno inusual de ventos moi fortes, ainda que sen danos persoais | Concentracións esta mañá, no Parlamento e outras institucións, para condenar o asasinato en Moaña de Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Pontevedra | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que ven, e eleva ao 2´1 por cento a previsión de crecemento da economía galega. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento para expoñer as liñas estratéxicas do seu goberno | O envío e recepción de imaxes eróticas a tráves das redes sociais medrou un nove por cento nos últimos anos entre os adolescentes galegos.  

Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero | O concello de Muxía conta con novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar a moción de censura contra o socialista Iago Toba, contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas | Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo de seguridade previo ao encontró entre o Depor e o Málaga non foi o axeitado. A Liga de Fútbol anuncia que se vai persoar como acusación particular | 

Trasladado dende o hospital no que estaba ingresado, en Vigo, o home acusado de matar a unha muller que apareceu no interior dun coche caido ao mar en Moaña, un crime confirmado xa como violencia de xénero. El resultou ferido e, unha vez dado de alta, está a ser conducido a prestar declaración xudicial ante o xulgado de Cangas | O concello de Muxía ten novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba, apoiada polos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os dous aficionados do Depor detidos onte nos disturbios relaciondados co partido contra o Málaga quedaron en liberdade, anque non se descartan novas detencións. Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo policial non foi axeitado 

Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero. El resultou ferido e, tras ser hospitalizado en Vigo foi dado de alta, e posto a disposición xudicial |O concello coruñes de Muxía conta con novo alcalde, é o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba. Unha moción que contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG, ainda que esta última ten aberto un expediente disciplinario do partido | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas. O presidente da Xunta asegura que a maioría desas alegacións teñen unha finalidade política | Siguen as repercusións aos disturbios relacionados co partido entre o Deportivo e o Málaga. Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo de seguridade non foi o axeitado. A Liga de Fútbol anuncia que se vai persoar como acusación particular. Os dous aficionados detidos quedaron en liberdade e non se descartan novas detencións

Todo o litoral atlántico está en alerta. A aemet activou aviso amarelo por chuvia, vento e por ondas que na costa coruñesa poden chegar aos 5 metros. Os refachos de vento xa superaron os 90 kilómetros por hora en Malpica pero o que máis se está a notar é a chuvia que por momentos cae con forza sobre todo na provincia de Pontevedra.

A actividade ciclónica no Atlántico promete chuvias intensas para os próximos días. De momento, continuamos co ambiente algo húmido pero en xeral os ceos han quedar despexados ata a noite na que se poderían rexistrar algúns orballos. Mañá entra unha fronte que deixará sobre todo chuvia durante a madrugada con aviso amarelo no sur da Coruña e en Pontevedra

Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para abordar a delicada situación que atravesa o seu país | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento. Creada a petición do BNG co apoio dos socialistas, O PP impuxo a sua maioría para designar a deputada Elena Candia como presidenta. Abordará supostas irregularidades en contratos suscritos polos gobernos de Rueda e Núñez Feijóo | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo. Din que se trata dun composto empregado como material de laboratorio en determinados exercicios, que pode explotar ao degradarse coa calor ou cun impacto | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica, que se celebra dende hai 60 anos

Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento | Galicia está a ser exemplar no problema de acollida de inmigrantes. Son palabras do presidente da Comunidade Canaria logo dun encontro con Alfonso Rueda | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica 

Edmundo González Urrutia está xa na Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, vai intervir no Foro vínculo Atlántico como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para expoñer a delicada situación que atravesa o seu país | Constituida esta mañá no Parlamento a Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas afíns ao PP e o sobrecusto do Hospital de Vigo. Será presidida pola deputada popular, Elena Candia | Os Tédax da Polícía Nacional retiran máis de medio cento de recipientes con ácido pícrico de centros educativos de Lugo e A Coruña. É un composto da familia do TNT que ao degradarse pode explotar coa calor, coa frición ou cun impacto

A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico. Una edición na que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio pasando polas eleccións en Estados Unidos | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público. Grandes grupos e pequenas empresas coinciden na necesidade de capturas máis selectivas e métodos máis eficientes para adaptarse aos novos hábitos dos consumidores, nun sector que factura 18.000 millóns de euros ao ano | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico. No caso de que o modelo de concerto se extenda a todas as comunidades, as perdas poderían superar os 2.000 millóns de euros | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado da parroquia de Reigosa, na mesma explotación na que o lobo matou 29 reses o ano pasado. Os afectados denuncian que as axudas públicas non compensan os danos e piden medidas de control para a especie

A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico, no que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na comarca do Barbannza | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado. Na mesma explotación o lobo matou 29 reses o ano pasado. 

As chuvias dan unha pequena tregua. Ambiente húmido con algunhas néboas e orballos pero irá aumentando a influencia anticiclónica. Pola tarde abriranse claros na franxa atlántica. As temperaturas mínimas baixan e as máximas suben, ata os 21 graos da Coruña e os 25 de Ourense

O alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, recibe unha homenaxe hoxe, na primeira sesión do Foro Vinculo Atlántico que se celebra na Illa da Toxa. Un evento no que expertos e dirixentes de todo o mundo farán un repaso polos aspectos máis delicados da situación internacional, dende Venezuela a Ucraína ou Oriente medio | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na chamada Operación Claudo. O grupo desenvolvía a súa actividade na comarca do Barbanza e, segundo os investigadores, distribuía por toda Galicia uns 180 quilos de cocaína por ano | Conxemar pecha as súas portas esperando superar os 235 millóns de euros que deixou na área de Vigo na pasada edición, entre negocio pesqueiro e montaxe da feira. Os visitantes poderían superar os 27.000

O paso dunha fronte moi activa deixa unha xornada con aviso amarelo nas catro provincias por precipitacións xeneralizadas e persistentes, e de intensidade localmente forte, sobre todo durante a mañá, aínda que irán remitindo e perdendo forza pola tarde. As temperaturas con lixeiros descensos, máxima de 19 graos en Santiago ou 21 en Pontevedra  

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda. A de hoxe é unha xornada de folga convocada pola organización Erguer. As principais exixencias: máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | O paro rexistrado experimenta unha subida de más de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000. É un incremento moi superior a media de toda España neste período. Ainda sí en comparación co mesmo mes do ano pasado hai case dez mil parados menos na nosa comunidade | A Xunta prevé que a comercializadora de enerxía renovable que promove, coa colaboración de empresas privadas, inicie as súas operacións o ano que vén. Ofrecerá descontos do 50 por cento respecto ao prezo medio do mercado a proxectos industriais e aos veciños de zonas afectadas pola instatalación de parques eólicos | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura. Crearase unha unidade de prevención que se dedicará a xestionar, de maneira anónima e confidencial, as denuncias das vítimas. Tamén elaborará programas educativos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas polas dificultades para acceder á vivenda, nunha xornada de folga convocada pola organización Erguer. Piden máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos,e aprehendéronse mais de 20 quilos de heroína. | Galicia perdeu no mes de setembro 7.000 empregos. E a segunda comunidade na que o paro aumentou máis, en contraste coa media do conxunto de España, que rexistra o mellor dato dende hai 15 anos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda | O paro rexistrado sube en máis de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000 | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos | A comercializadora de enerxía promovida pola Xunta iniciará a súa actividade o ano que vén. Ofrcerá aos veciños afectados por parques eólicos descontos do 50 por cento na factura da luz | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura

Outubro comeza con moita humidade, cun río atmosférico que nos deixa chuvias sobre todo na franxa atlántica. As temperaturas máximas sitúanse arredor dos 21 graos. Ata 24 poderían subir os termómetros en Ourense

A aposta polos produtos máis cómodos e listos para consumir, é a nova tendencia dos conxelados que se pon de manifesto en Conxemar. A cita anual das empresas do sector abre as súas portas en Vigo para celebrar o seu 25 aniversario, con máis de 750 expositores de 46 países | Un operativo policial logra liberar a 21 mulleres que eran expotadas sexualmente en pisos en varias provincias. Hai nove detidos, cinco deles en Ourense e un na Coruña. As vítimas, a maioría de orixe latinoamericana, eran captadas nos seus países e trasladadas a España onde eran forzadas a exercer a prostitución | Axudantes do fogar, profesoras ou limpadoras, son sectores históricamente feminizados, que se enfrontan a dificultades de conciliación ou ao abuso na contratación eventual ou a tempo parcial