Renfe oferta dende hoxe 7.500 prazas máis á semana nos trens rápidos de Media Distancia do eixo atlántico. Un aumento que consideran insuficiente as asociacións de usuarios. Critican tamén os atrasos provocados por avarías e fallos na aplicación para facer reservas en liña | Comenza o novo curso para cerca de 30.000 alumnos na universidade de Santiago, 13.000 na da Coruña e 19.000 na de Vigo asistían hoxe ao primeiro día de clase. O mércores tocaralle aos estudantes de primaria, ESO, Bacharelato e FP | Os 120 refuxiados instalados en Monterroso reciben apoio do equipo de fútbol local para colaborar a súa integración. A maioría veñen de Malí e chegaron en caiucos a Canarias. Fuxen da guerra e da pobreza nos seus países de orixe. Está previsto que queden varios meses aloxados nun hotel mentres aprenden español e se preparan para poder traballar aquí | As meninas continuan conquistando muros e fachadas do barrio ferrolán de Canido, convertido xa nun museo ao aire libre. A nova edición do certame, referente para o turismo, aposta por un menor número de obras por pola falta de espacio
Renfe oferta dende hoxe 7.500 prazas máis á semana nos trens rápidos de Media Distancia do eixo atlántico. Un aumento que consideran insuficiente as asociacións de usuarios | Cerca de 30.000 alumnos na universidade de Santiago, 13.000 na da Coruña e 19.000 na de Vigo asistían hoxe ao primeiro día de clase | Os 120 refuxiados instalados en Monterroso reciben apoio do equipo de fútbol local para colaborar a súa integración. A maioría veñen de Malí e chegaron en caiucos a Canarias | Na segunda división, o Racing de Ferrol empata a cero co Mirandés na Malata e o Deportivo a un co Granada fóra da casa | As meninas continuan conquistando muros e fachadas do barrio ferrolán de Canido, convertido xa nun museo ao aire libre
Predominio de nubes baixas en toda a metade norte, con posibilidade dalgúns chuvascos ocasionais, mentres que na metade sur, intervalos de nubes baixas, con tendencia á apertura de grandes claros co avance do día. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas sen apenas cambios
Os pequenos de 0 a 3 anos son os primeiros en incorporarse ás aulas. Comeza o curso nas máis 550 escolas infantís galegas, un ensino xa gratuíto tanto nas públicas como nas privadas. En moitos centros, os pais acompañan hoxe aos peques dentro das aulas para que se vaian familiarizando coa escola | Centos de viticultores reclaman, en Monforte, que se garanta a recollida da uva, logo de que algunhas grandes adegas da Ribeira Sacra anunciaran que non mercará esta colleita. Os sindicatos agrarios consideran insuficientes as axudas propostas pola Xunta | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | A Orquestra Sinfónica de RTVE dirixida por José Luís López Antón ofrece esta tarde un concerto en Tui, no festival transfronteirizo Ikfem. Unha viaxe ibérica con compositores pouco coñecidos e a pianista portuguesa Marta Meneses
Comenzo de curso para os máis pequenos. As máis de 500 escolas infantís galegas, públicas e privadas, abren as suas portas nunha xornada para comenzar o período de adaptación | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | En Monforte, centos de viticultores concentráronse para reclamar que se garanta a recollida da uva. A protesta prodúcese despois de comunicar algunha das grandes adegas que non mercará esta colleita ante o excedente que acumulan | Na Coruña bota a andar o Festival Lírico que organizan cada ano os Amigos da Ópera. A estrea é o domingo con La Boheme, de Puccini
Un embolsamento de aire frío localizase ó norte de Galicia aportando inestabilidade. Ceos anubrados na metade norte mesmo con algún chuvasco ocasional. Pola tarde serán máis xeneralizados e estenderanse ata o interior, sendo pouco probables na metade sur. As temperaturas sofren un lixeiro descenso especialmente as máximas
Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, en lugar dos máis de 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as grandes adegas industriais
Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra, entre os concellos de Entrimo e Lobeira. É un dos maiores incendios do que vai de verán, iniciado o martes en Portugal. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. colas A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, e non os 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras. A transferencia das competencias da Autoestrada á Xunta suporía, segundo este estudo, uns 500 millóns de euros para as arcas do Estado | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as grandes adegas industriais. Mentres, as explotacións máis pequenas botan man de familiares, amigos e vecinos | Poñer en relación dous mundos aparentemente separados como son o da ciencia e o da Creación artística.(colas) É o propósito dunha actividade organizada dentro do congreso de bioquímica e bioloxía molecular que se celebra na Coruña. A investigadora Diana Guallar comparte escenario coas Fillas de Cassandra,e poñen de manifesto as concexións entre os coñecementos sobre o ADN e a música de raíz
Os medios aéreos protagonizan a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | Transferir a Autoestrada do Atlántico custaría 526 millóns de euros. Así o asegura un informe presentado hoxe pola Xunta, que estima o rescate da concesión da AP9 a Audasa en 2.335 millóns de euros e non os mais de catro mil millóns de euros que baralla o Ministerio | Suspendéronse as feiras de gando en Pedrafita e na Fonsagrada en prevención da Enfermidade Hemorráxica Epizóotica., tras a aparición de novos casos, que se estenden xa por máis de 750 explotacións
Seguimos no radio do anticiclón con claras diferenzas, marcadas polo nordés, entre o norte con máis nubes e con algunhas chuvias ocasionais e o sur, onde os ceos han ir quedando máis despexados agora pola tarde. As temperaturas sen grandes cambios. Máximas que a esta hora só acadan os 25 graos en puntos de Pontevedra, coma Ponteareas ou Salceda de Caselas.
Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | Coñecemos os profesores que se van estrear na actividade docente en infantil e primaria. Son 500 mestres novos. Case todos naceron xa no século XXI.| Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas
Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura. Investíganse as causas dun lume que non provocou feridos | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Estes días está comezado nalgunhas adegas. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | O curso escolar comeza en Galicia dentro dunha semana e hoxe coñecemos aos profesores que se van estrear na actividade docente en infantil e primaria. Son 500 mestres novos. Case todos naceron xa no século 21 e medraron nunha sociedade dixital | Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas do norte da Península. En Galicia percorrerán 13 localidades
Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas
Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Pero comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos en Galicia | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar. Unha medida do novo plan MEGA da Xunta dotado con 77 millóns de euros para os vindeiros catro anos | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial. Foi despois da protesta de concellos como o pontevedrés de Tomiño
Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial, pola protesta de concellos como o de Tomiño
A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Xunto coa súa guía, Sara Pérez, liderou a proba con suficiencia. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | Son cada vez máis os que apostan por concentrar as súas vacacións en setembro. Buscan menos masificación, temperaturas suaves e prezos turísticos máis baixos
A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | A Axencia de Doazón de Sangue fai un chamamento urxente. Cada día son necesarias unhas 500 doazóns en Galicia| Vivir un partido na bancada do estadio, aínda que non poidas velo, é posible en Riazor
A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Xunto coa súa guía, Sara Pérez, liderou a proba con suficiencia. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | A Axencia de Doazón de Sangue fai un chamamento urxente. En vacacións caen as reservas, pero non os accidentes nin as cirurxías. Cada día son necesarias unhas 500 doazóns en Galicia| Vivir un partido na bancada do estadio, aínda que non poidas velo. É posible en Riazor. Coa axuda dunha aplicación, as persoas con dificultades visuais poden seguir una audiodescripción adaptada a elas
A primeira semana de setembro principia con chuvias nas primeiras horas que foron desaparecendo coa avance da mañá e será moi illadas e ocasionais á tarde. As temperaturas baixaron. Notámolo sobre todo nas máximas, que hoxe son máis frescas. En xeral han quedar arredor dos 20 graos, agás en Ourense, onde como moito chegarán aos 25 nas horas centrais do día. Unha tendencia que se manterá ata mediados de semana, cando se agarda que aumente a inestabilidade.
630.000 viaxes polas estradas galegas, reforzo de prazas nos trens a Madrid e máis de 300 voos desde os aeroportos galegos. O final de agosto é cambio de quenda nas vacacións | O curso escolar comeza con 1.250 novos mestres. A pesares de ter uns catro mil alumnos menos en infantil e primaria, contarán co mesmo número de aulas | Os veciños de Santiago quéixanse dalgúns comportamentos incívicos por parte dos turistas. Desde o Concello buscan medidas para mellorar a convivencia. Unha delas é a figura do informador turístico | O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense estrea un quirófano intelixente para realizar operacións de neurocirurxía | Última etapa da volta ciclista por terras galegas. O pelotón vai camiño dos Ancares