Estreamos o outono esta semana con chuvias aínda que de momento, este luns aínda estamos nunha situación intermedia entre á espera de que chegue unha fronte pola noite. Durante o día, os ceos han estar máis cubertos polo norte e máis despexados pola tarde nas provincias do interior. As temperaturas sen grandes cambios
Comeza a campaña de vacinación fronte a gripe e covid, coa dobre dose ós colectivos máis vulnerables. O primeiro deles, persoas maiores. Este ano hai algunhas novidades, coma por exemplo, que se vacinan tamén, xa de inicio, aos coidadores de anciáns e persoas enfermas | En Muxía o alcalde socialista Iago Toba enfróntase a unha moción de censura, avalada polos tres grupos da oposición: o BNG, o Partido Popular e os dous independentes para apoiar a Francisco Javier Sar como novo alcalde | Un home de 78 anos aparece morto, sen sinais de violencia, dentro dunha cuba de fermentación de viño na súa adega do concello pontevedrés de Portas | Xornada sen vitorias para o futbol galego. O Celta segue sumando derrotas fora da casa. Na última encaixou tres goles ante o Athletic de Bilbao. Suma dez goles en contra en tres saídas | No Día Mundial da Construcción Sostible, o Cluster da Madeira quere chamar a atención sobre unha construcción singular. É o Centro de día ubicado na localidade ourensá de Leiro, a máis calorosa de Galicia, considerado un exemplo de integración na paisaxe no que se empregou un material illante, reciclable e que leva oito anos sen precisar mantemento
Arranca nas residencias de maiores a vacinación conxunta contra a gripe e a covid. A campaña coincide coa inmunización a bebés contra o virus sincitial e contra o da gripe para grupos de risco, entre os que se inclúe aos fumadores | O Consello da Xunta acorda dar os primeiros cinco millóns de euros as universidades para financiar a matrícula gratuita duns 20 mil alumnos este curso | Xornada sen vitorias para o futbol galego. O Celta segue sumando derrotas fora da casa. Na última encaixou tres goles ante o Athletic de Bilbao. Suma dez goles en contra en tres saídas | En Santiago, amantes do rock e musicos de diferentes idades participan nunha macroactuacion para despedir o Festival Go Go Zo
Alfonso Rueda, asegura, trala xuntanza co presidente do Goberno na Moncloa, que non recibíu ningunha concreción sobre investimentos en infraestructuras pendentes e proxectos industriais como o de Altri | A cidade de Santiago terá taxa turística a partir do próximo ano. A Xunta acepta a reclamación do concello e anuncia unha proposta que será tramitada no parlamento para habilitar ese novo imposto | Un colectivo republicano presenta en Vigo unha denuncia por branqueo de Capitais e delito fiscal contra o Rei emérito e as suas fillas | Este domingo celébrase o Día Mundial sen Coches.Unha xornada que anima a deixar os vehículos aparcados e a usar transportes alternativos para lograr cidades máis sostibles| A recén gañadora do premio nacional de poesía deste ano, Chus Pato e a cuarta escritora en lingua galega que recibe este galardón nos últimos seis anos
Alfonso Rueda, na Moncloa, dentro da rolda de contactos de Pedro Sánchez cos presidentes autonómicos. Unha xuntanza na que o presidente da Xunta tiña previsto deixar de lado calquer oferta sobre financiamento autonómico, e centrarse nas reivindicacións de Galicia en materia de Infraestruturas | Santiago terá taxa turística. A Xunta prevé que o 1 de xaneiro estea lista a norma para que os concellos que queiran poidan aplicar este imposto. Será de xestión municipal e os ingresos deberán destinarse a iniciativas de sostibilidae turística e consensuarse co sector | Denuncia en Vigo contra o Rei Emérito e as infantas Elena e Cristina por branqueo de capitais e delito fiscal. Un grupo de abogados acusan a Xoan Carlos I e ás suas fillas de ocultar fondos millonarios á facenda española mediante a constitución dunha fundación en Abu Dhabi
Alfonso Rueda, asegura, trala xuntanza co presidente do Goberno na Moncloa, que non recibíu ningunha concreción sobre investimentos en infraestructuras pendentes e proxectos industriais como o de Altri. Di que tampouco convenceu a Sánchez de non negociar bilateralmente a finaciación autonómica | A cidade de Santiago terá taxa turística a partir do próximo ano. A Xunta acepta a reclamación do concello e anuncia unha proposta que será tramitada no parlamento para habilitar ese novo imposto. Calquera concello que o solicite poderá encargarse de cobralo e destinar o ingresos a mellorar á sostibilidade turística | Un colectivo republicano presenta en Vigo unha denuncia por branqueo de Capitais e delito fiscal contra o Rei emérito e as suas fillas. Acúsanos de ocultar presuntamente fondos millonarios á facenda española mediante unha fundación creada en Abu Dhabi | A recén gañadora do premio nacional de poesía deste ano, Chus Pato, recíbenos na sua residencia habitual en Lalín. É a cuarta escritora en lingua galega que recibe este galardón nos últimos seis anos. O seu poemario "Sonora", destacado polo xurado como unha obra experimental e exemplo de poesía expansiva
Está activa esta tarde a alerta amarela por treboadas sobre todo nas provincias do interior, con chubascos localmente fortes. A inestabilidade continuará durante a fin de semana con máis probabilidade de chuvascos pola tarde co que o outono principiará este domingo con chuvias e máis fresco
A influencia anticiclónica vaise perdendo, pouco a pouco, ao tempo que aumenta a inestabilidade atmosférica. Ceos con intervalos de nubes e claros, medrando a nubes de evolución que poderán dar lugar a chuvascos treboentos, máis probables no interior da metade sur. Brétemas costeiras co avance da tarde nas Rías Baixas. As temperaturas máximas sufren un moderado descenso, sobre todo na franxa costeira
O fume que chega dos incendios de Portugal fai que a calidade do aire comeze a verse afectada. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior | Un informe encargado pola Xunta plantexa sete posibles fusións de concellos. Destaca os beneficios económicos que obterían os municipios fusionados | A illa de San Simón, na Ría de Vigo, a piques de deixar de ser illa, coas figuras do monumento ao Capitán Nemo de testemuña. Unha imaxe insólita a conta da baixamar provocada polo fenómeno das mareas Vivas | O escritor Manuel Rivas presenta un novo libro. "Tras do Ceo", unha novela negra radical, con notas de humor, na que pon o foco en temas como o ecoloxismo, o abandono do mundo rural, a violencia e o machismo |
O fume que chega dos incendios de Portugal fai que a calidade do aire comeze a verse afectada. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior, sobre todo en Vigo e na Costa da Morte, onde as estacións de Meteogalicia rexistran un alto volume de partículas en suspensión | Un informe encargado pola Xunta plantexa sete posibles fusións de concellos. Destaca os beneficios económicos que obterían os municipios fusionados. Entre eles o de Santiago co veciño Teo, que se convertiría na terceira gran urbe de Galicia e triplicaría a sua finaciación por habitante| | O escritor Manuel Rivas presenta un novo libro. "Tras do Ceo", Defíneo como unha novela negra radical, con notas de humor, na que pon o foco en temas como o ecoloxismo, o abandono do mundo rural, a violencia e o machismo
A illa de San Simón, na Ría de Vigo, a piques de deixar de ser illa, coas figuras do monumento ao Capitán Nemo de testemuña. Unha imaxe insólita a conta da baixamar provocada polo fenómeno das mareas Vivas que estes días están a ser, din os expertos, as máis intensas dos últimos 20 anos | O fume dos incendios de Portugal segue chegando a Galicia e a calidade do aire comeza a verse afectada en puntos das Rías Baixas e no oeste da Coruña. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior debido á mala calidade do aire, sobre todo en Vigo e na Costa da Morte | O Escritor Manolo Rivas presenta o seu último libro "Tras do Ceo". Unha novela negra radical, un novo proxecto narrativo no que o autor reflexiona sobre a depredación social e natural do home
Segue a influencia anticiclónica con circulación do nordés, ceos con poucas nubes, altas na sua maioría que non impiden o paso do sol. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas altas do interior. As temperaturas sen cambios cambios significativos con máximas entre os 24 graos da Coruña e os 31 de Ourense
O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia | En Galicia son catro os incendios activos, que suman máis de 300 hectáreas arrasadas. O último en declararse é o do concello ourensán de Chandrexa de Queixa | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos e di que arrastra unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora
| Presidente da Xunta insiste en que non aceptará negociar aspectos de financiamento autonómico con Pedro Sánchez, no seu encontro previsto na Moncloa. Nunha entrevista en RNE, Rueda resta importancia á débeda pública da administración autonómica, que o BNG estima en máis de 14.000 millóns de euros | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo, de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos. A empresa di que arrastra actualmente unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia, evitar aglomeracións e problemas de seguridade
O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia, como en Vigo, esta mañá. É o rastro dunha vaga de lumes no país veciño, que se exténde por unha superficie de 100.000 quilómetros cadrados sobre a costa atlántica, ata Fisterra | Alfonso Rueda descarta aceptar calquer proposta de financiación autonómica por parte de Pedro Sánchez que supoña un trato bilateral. Así o reiterou hoxe o presidente da Xunta nunha entrevista en Radio Nacional | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora quere celebrar os 173 anos do seu nacemento. Personalidades do mundo da cultura e das artes póñenlle voz a fragmentos que teñen unha temática moi actual
Continuamos baixo influencia anticiclónica, Con tempo seco e soleado, e con algún banco de néboa illado en zonas de interior. As temperaturas mínimas non experimentaron cambios, mentres que as máximas descenden lixeiramente. Oscilan entre os 22 graos en Lugo os 30 en Ourense ou nas Rías baixas. Hai aviso amarelo por ventos fortes no litoral noroeste
O lume arrasa xa máis de 200 hectáreas nos dous incendios sen controlar no concello da Gudiña, nunha zona incluida na listaxe de alta actividade incendiaria | A multinacional galega do alumino Cortizo inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de formación de profesionais en enxeñeira de fachadas | Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facer a compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España | A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a pantalla grande. En Pontevedra está en marcha a rodaxe de "Antes de Nos", unha película de ficción sobre a sua vida
O lume arrasa xa máis de 200 hectáreas nos dous incendios sen controlar no concello da Gudiña, nunha zona incluida na listaxe de alta actividade incendiaria. O Os efectivos que traballan na extinción cren que os focos foron intencionados e din que a evolución é favorable e confían que queden estabilizado nas próximas horas | Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facer a compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España. Así o indica o estudo comparativo da Organización de Consumidores e Usuarios feito público hoxe. Dí que, elexindo ben as ofertas, pódense aforrar ata 1.300 euros ao ano | A multinacional galega do alumino Cortizo inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de formación de profesionais en enxeñeira de fachadas. Un complexo de 25 mil metros cádrados, con tres edificios construídos con criterios de sostibilidade, e que supuxo un investimento de 40 millóns de euros | A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a pantalla grande. En Pontevedra está en marcha a rodaxe de "Antes de Nos", unha película de ficción sobre a sua vida. Dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Xoan Forneas e Cris Iglesias, a cinta vai descubrir episodios pouco coñecidos sobre a vida do intelectual e galeguista rinaxeiro
Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facela compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España. Así o indica o estudio comparativo da Organización de Consumidores e Usuarios feito público hoxe | As condicións meteorolóxicas seguen a elevar a perigosidade do lume nos montes. Arestora continúa activo un incendio no concello ourensán da Gudiña, na parroquia de Barxa | A multinacional galega do alumino Cortizo Inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de enxeñeira de fachadas | Por "unha obra innovadora, arriscada, e polas suas texturas e técnicas", a ilustradora coruñesa Bea Lema é a gañadora do Premio Nacional de Cómic.
Ata mediados de semana continuaremos con tempo seco e solleiro. Os ceos están despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas mínimas subiron e as máximas poden baixar algo. Con todo, seguirán en valores altos. Na metade norte rondarán os 25 graos, 28 en Santiago e por riba dos 30 no sur da comunidade