Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pendentes, coma toda España e toda Europa, do accidente de aviación, rexistrado esta mañá, nos Alpes  Franceses.  No avión viaxaban  142 pasaxeiros e seis tripulantes. Entre os pasaxeiros atopábase un extraballador de inditex que vive na Coruña coa súa muller e tres fillos.

Potenciar a asignatura de matemáticas e engandir novas materias como finanzas ou xadrez serán  novidades no novo curriculo do ensino secundario e bacharelato no que traballa o goberno Galego para adaptalo á Lomce.  

Milleiros de estudantes universitarios protestan contra a reforma das titulacións superiores proposta polo goberno. Creen que deixar os graos universitarios en tres anos e completalos con masters de dous encarecerá o ensino superior. (24/03/15)

A Garda Civil trata de esclarecer o accidente ocorrido esta fin de semana en Vila de Cruces no que morreron duas persoas e feridas moi graves a unha terceira. Sospeitase que o turismo sinistrado, no que viaxaban as tres vítimas, podería estar participando nunha competiciòn ilegal con outro vehículo .

Os ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García Margallo asisten en Santiago a un foro sobre  a marca España. A titular de fomento destacou que entre os factores que máis potencian a imaxe do noso país no exterior están ademais do turismo e o aumento das exportación a calidade das infraestructuras.

 En liberdade os dez detidos na operación Cóndor contra delitos económicos despois de prestar declaración durante a fin de semana. O principal imputado Raúl López, propietario de Monbus  terá que comparecer os luns e mércores no xulgado e tén retirado o pasaporte. (23/03/15)

A Garda Civil trata de esclarecer o accidente ocorrido esta fin de semana en Vila de Cruces no que morreron duas persoas e feridas moi graves a unha terceira.

Os ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García Margallo asisten en Santiago a un foro sobre  a marca España.

 En liberdade os dez detidos na operación Cóndor contra delitos económicos despois de prestar declaración durante a fin de semana. (23/03/15)

A Garda Civil trata de esclarecer o accidente ocorrido esta fin de semana en Vila de Cruces no que morreron dúas persoas e feridas moi graves a unha terceira. Sospeitase que o turismo sinistrado, no que viaxaban as tres vítimas, podería estar participando nunha competiciòn ilegal con outro vehículo .

Os ministros de Fomento e Asuntos Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García Margallo asisten en Santiago a un foro sobre  a marca España. A titular de fomento destacou que entre os factores que máis potencian a imaxe do noso país no exterior están ademais do turismo e o aumento das exportación a calidade das infraestructuras.

 En liberdade os dez detidos na operación Cóndor contra delitos económicos despois de prestar declaración durante a fin de semana. O principal imputado Raúl López, propietario de Monbus  terá que comparecer os luns e mercores no xulgado e tén retirado o pasaporte. (23/03/15)

 Galicia foi mirador privilexiado da eclipse solar, de 9 a 11 da mañá, con milleiros de persoas observando a lúa mordendo o sol..

Día tamén de superlúa, que vai favorecer mareas vivas e grandes diferenzas entre baixamar e pleamar.

A disposición xudicial os primeiros tres detidos na operación Cóndor e rexistros en Monbus.

Galicia é a única comunidade onde hoxe é festivo, unha festa que fixo aumentar a reservas na hostalaría.

O Celta visita mañá ao Levante e o Deportivo recibe o domingo ao Espanyol. (20/03/15)

 Galicia foi mirador privilexiado da eclipse solar, de 9 a 11 da mañá, con milleiros de persoas observando o fenómeno.

A superlúa favorece hoxe mareas vivas e grandes diferenzas entre baixamar e pleamar.

A disposición xudicial os primeiros tres detidos na operación Cóndor e rexistros en Monbus.

Galicia é a única comunidade onde hoxe é festivo, unha festa que fixo aumentar a reservas na hostalaría. (20/03/15)

Galicia foi mirador privilexiado para contemplar a eclipse solar, de 9 a 11 da mañá.

A superlúa favorece hoxe mareas vivas e grandes diferenzas entre baixamar e pleamar.

A disposición xudicial os primeiros tres detidos na operación Cóndor e rexistros en Monbus.

(20/03/15)

 Cinco detidos, nunha nova operación contra a corrupción dirixida pola xuiz lucense Pilar de Lara.  Entre os arrestados figura o principal empresario do transporte de viaxeiros en Galicia, Raúl López acusado de diversos delitos económicos como branqueo de capitais, suborno, tráfico de influencias e contra a facenda pública. 

  AVe chegará a Vigo dende A Coruña en viaxe de probas o próximo 29 de marzo e podería entrar en funcionamento regular a finais de abril. Anunciouno hoxe a Ministra de Fomento que negou que as obras do Ave entre Galicia e a Meseta estean paralizadas por diferenzas de sobrecustos coas constructoras da liña.

A Xunta aproba  o proxecto de lei de transparencia e bo goberno, incluido nas medidas  de impulso democrático comprometidas polo presidente no parlamento. Busca facilitar mais informacion ao cidadan, mais control das contas publicas e tamen das incompatibilidades  dos cargos da Xunta, asi como dos traspasos de poderes  entre gobernos autonomicos 

(19/03/15)

 Cinco detidos, nunha nova operación contra a corrupción dirixida pola xuiz lucense Pilar de Lara.

O AVE chegará a Vigo dende A Coruña en viaxe de probas o próximo 29 de marzo.

A Xunta aproba  o proxecto de lei de transparencia e bo goberno (19/03/15)

 Cinco detidos, nunha nova operación contra a corrupción dirixida pola xuiz lucense Pilar de Lara. Entre os arrestados figura o principal empresario do transporte de viaxeiros en Galicia, Raúl López acusado de diversos delitos económicos como branqueo de capitais, suborno, tráfico de influencias e contra a facenda pública. 

  AVe chegará a Vigo dende A Coruña en viaxe de probas o próximo 29 de marzo e podería entrar en funcionamento regular a finais de abril. Anunciouno hoxe a Ministra de Fomento que negou que as obras do Ave entre Galicia e a Meseta estean paralizadas por diferenzas de sobrecustos coas constructoras da liña.

A Xunta aproba  o proxecto de lei de transparencia e bo goberno, incluido nas medidas  de impulso democrático comprometidas polo presidente no parlamento. Busca facilitar mais informacion ao cidadan, mais control das contas publicas e tamen das incompatibilidades  dos cargos da Xunta, asi como dos traspasos de poderes  entre gobernos autonomicos  (19/03/15)

 

Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.

 O Seu presidente Pablo Isla explicou que o grupo creou  8.700 empregos, deles 1.800, en España e anunciou un plan de incentivos para que os traballadores participen nos beneficios. 

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras. Están acusados de  seis delictos económicos, como fraude,estafa ou malversación de fondos, No caso do ex patrón, Carmelo Silva ,tamén se lle atribúe tenza ilícita de armas.   

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo. Diminurion en máis dun 50% o ano pasado.Os facultativos atribúen este descenso a que a sociedade cada vez é menos tolerante coas condutas violentas.   (18/03/15)

 Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.  O Seu presidente Pablo Isla explicou que o grupo creou  8.700 empregos, deles 1.800, en España e anunciou un plan de incentivos para que os traballadores participen nos beneficios. 

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras.  Están acusados de  seis delictos económicos, como fraude,estafa ou malversación de fondos, No caso do ex patrón, Carmelo Silva ,tamén se lle atribúe tenza ilícita de armas.   

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo. Diminurion en máis dun 50% o ano pasado.Os facultativos atribúen este descenso a que a sociedade cada vez é menos tolerante coas condutas violentas (18/03/15).

 Galicia recupera hoxe a influencia anticiclónica que deixa ventos do nordés e alonxa o risco de precipitacións. Pero un centro de baixas presións situado ao sur da península deixa aínda algunhas nubes e mesmo posibilidade de algunha chuvisca ocasional.  (18/03/15)

 Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras.

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo (18/03/15)

 A Axencia do Banco Madrid de Lugo abriu hoxe , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España. Os axentes lucenses din que salvaron boa parte dos fondos dos seus clientes, ao recomendarlles transferilos a outras entidades, a semana pasada, cando empezaron a detectar o problema. 

Operacion da Garda Civil na confraría  de Cabo de Cruz, na localidade coruñesa de Boiro.  A Garda Civil interrogou  ao expatron maior, á actual secretaria e á anterior presidenta das mariscadoras . As actuacións son secretas pero poderían deberse a unha denuncia da fiscalía por presunta malversación de fondos. 

A Coruña convirteuse estes días na capital gastronómica do Atlántico, co forum gastronómico que se celebra por quinto ano. Participaron 600 marcas, cociñeiros famosos  e representantes das principais zonas gastronómicas de toda España e de Portugal e Italia. 

(17/03/15)

Os transportistas preparan un plan alternativo ao de Fomento, que quere desviar o tráfico pesado ás autoestradas. Os camioneiros queren máis descontos nas peaxes que o  50% que lles ofrece o goberno, e que alguns treitos sexan gratuitos. 

  A Axencia do Banco Madrid de Lugo mantense aberta , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España.

  O alcalde da Coruña, Carlos Negreira,  nega irregularidades na contratación de 54 persoas no concello, irregularidades que está a investigar  a xuiza que dirixe a instrucción da Operación Pokémon.  (17/03/15)