Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia lembra hoxe á nosa autora máis universal. A poetisa Rosalía de Castro, da que se cumpren 178 anos do seu nacemento. A Autora de Cantares Gallegos recibe homenaxes que celebran a súa figura coma alicerce da recuperación do idioma galego para a creación literaria // Primeira alerta vermella no mar deste inverno na costa da Coruña e Lugo. Deixou ondas de case dez metros en Estaca de Bares esta mañá. Durante a tarde a alerta rebaixarase a laranxa en toda a costa galega con ondas no entorno dos sete metros // Aumenta a loita contra o furtivismo marisqueiro, con 1000 inspeccións mais no ano pasado. Un ano no que se comisaron corenta toneladas de marisco e se tramitaron 3.700 denuncias. O proxecto de reforma do código penal incluirá o furtivismo como delito,  con penas de entre seis meses a dous anos. 24/02/15

Galicia lembra hoxe á nosa autora máis universal. A poetisa Rosalía de Castro, da que se cumpren 178 anos do seu nacemento. A Autora de Cantares Gallegos recibe homenaxes que celebran a súa figura coma alicerce da recuperación do idioma galego para a creación literaria // Primeira alerta vermella no mar deste inverno na costa da Coruña e Lugo. Deixou ondas de case dez metros en Estaca de Bares esta mañá. Durante a tarde a alerta rebaixarase a laranxa en toda a costa galega con ondas no entorno dos sete metros // Aumenta a  loita contra o furtivismo marisqueiro, con 1000 inspeccións mais no ano pasado. Un ano no que se comisaron corenta toneladas de marisco e se tramitaron 3.700 denuncias. O proxecto de reforma do código penal incluirá o furtivismo como delito, con penas de entre seis meses a dous anos. 24/02/15

Hoxe quedamos situados entre o anticiclón das Illas dos Azores e a borrasca do mar do norte, nun corredor polo que pasa aire frío e húmido // É o que provoca as precipitacións intermitentes que se rexistraron durante a mañá e o descenso das temperaturas. 24/02/15 

Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo // Mañá o temporal no mar aínda vai arreciar e a altura das ondas pode superar os oito metros, polo que a situación será de alerta vermella // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense. Unhas modernas instalacións que albergan 24 xulgados e 16 novas salas de vistas que tratan de paliar os problemas de espazo que presentaba o vello inmoble no que se atopaban ata agora. Ten capacidade para 200 funcionarios e para atender cada día a unhas 1000 persoas // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo, segundo un concurso auspiciado polas Nacións Unidas e do que os premios son entregados  neste Emirato do Golfo Pérsico. 23/02/15

Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo. Mañá o temporal no mar aínda vai arreciar e a altura das ondas pode superar os oito metros, polo que a situación será de alerta vermella // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense. Unhas modernas instalacións que albergan 24 xulgados e 16 novas salas de vistas que tratan de paliar os problemas de espazo que presentaba o vello inmoble no que se atopaban ata agora. Ten capacidade para 200 funcionarios  e para atender cada día a unhas 1000 persoas // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo, segundo un concurso auspiciado polas Nacións Unidas e do que os premios son entregados neste Emirato do Golfo Pérsico. 23/02/15

 Unha forte borrasca situada fronte ás illas británicas vai provocar a partir desta tarde mar de fondo e ondas de ata sete metros, sobre todo, no litoral das provincias da Coruña e Lugo // Inaugurado o novo edificio xudicial de Ourense // O modelo urbano de Pontevedra  preséntase estes días en Dubai coma un dos 11 mellores do mundo. 23/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados. As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores en Europa, América e África e tamén en  enclaves da China e da India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados.  As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores distribuidos por Europa, América, África e con enclaves na China e na India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, a Celta e Deportivo // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. 20/02/15

O anticiclón retirouse xa cara as Azores, e Galicia queda no radio de acción das borrascas atlánticas, con ceos cubertos e chuvias xeneralizadas, sobre todo no litoral e as zona altas. 20/02/15 

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros  e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato.

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea.  Os Reis abrirán tamén oficialmente a exposición "El Primer Picaso" que lembra a etapa de formación do pintor universal na cidade Galega, na que viviu entre os 9 e os 13 anos // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. Esta mañá foi xulgado na Coruña e aceptou esa pena que non suporá ingreso en prisión nin a perda do seu posto de traballo. 19/02/15

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. 19/02/15

Condenado a dez anos de cárcere o ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras // Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. 18/02/15

Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos. Unha desas exposicións vai ser inaugurada mañá polos Reis e conta con 81 obras do pintor, chegadas dende París, Barcelona e Málaga // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. Besteiro dixo que se vai centrar na política autonómica pero non aclarou aínda se vai ser o candidato á Presidencia da Xunta // Aumenta a expectación polo derbi galego de Primeira. Os xogadores do dépor e o Celta recoñecen que é un partido especial que agardan que sexa moi igualado. Os dous chegan o derbi do sábado en Riazor na zona media da táboa e nun bo momento de xogo. 18/02/15

Martes de entroido, e  na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano coa danza de madamas e galáns.

  A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense. 

  A Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, renuncia á vía xudicial para conseguir a demolición da Cruz do Castro. (17/02/15)

Martes de entroido, e  na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano deste colorista xeito. Son os chamados MADAMAS E GALÁNS. Unha tradición que se conserva e que parece que non vai desaparecer porque, din os veciños, hai relevo xeracional. 

   A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense moi concurridas este martes de entroido. No Cebreiro,   Esta mañá rexistráronse  temperaturas moi baixas, de ata tres graos baixo cero. 

  A Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, renuncia á via xudicial para conseguir a demolición da Cruz do Castro. Creen que un recurso non vai prosperar, pero din que van  seguir tratando de que a presión social obrigue a retirala. (17/02/15)