A última hora de hoxe empezará a notarse a influencia anticiclónica, con diminución da nebulosidade. 03/03/15
Os empresarios galegos queren que se ensinen nos institutos da comunidade coñecementos sobre iniciativa e xestión económicos // Xa llo propuxeron a consellería de educación para que os rapaces entre 14 e 20 anos reciban nocións sobre emprendemento empresarial // Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. 02/03/15
Os radares da DXT que controlan o tráfico, e tamén serven para poñer sanciòns, son, dende hoxe, máis intelixentes. Distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución. Entre o roubado están seis dos sete reloxos de ouro dun farmacéutico asasinado hai case un ano e medio e queran a proba fundamental do crime. AS xoias están valoradas en 50000 euros // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar despois de encadear fronte o Almería a súa terceira xornada consecutiva sen marcar. 02/03/15
Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar. 02/03/15
Ceos cubertos e precipitacións, que mesmo poden ser abondosas nas comarcas do norte e o Oeste, e temperaturas suaves. 02/03/15
A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto. Vanlle engadir un carril máis en cada sentido. Unhas obras que van custar 130 millóns de euros. E outros 83 millóns de euros van ser investidos na ampliación do tramo da autoestrada en Santiago onde pasará a contar con tres e catro carrís en cada sentido da circulación // O fiscal do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena. Díxoo esta maña na vista, no Tribunal Superior, na Coruña, dos recursos presentados polos avogados dos pais da nena contra o peche do sumario // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa ao borde da liquidación. O consello de administración da compañía reunirase o luns para estudiar a solicitude para liquidar a empresa despois de que a banca acreedora non respaldase a súa segunda proposta de convenio de acreedores no xulgado do mercantil da Coruña. 27/02/15
A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto. Vanlle engadir un carril máis en cada sentido. Unhas obras que van costar 130 millóns de euros. E outros 83 millóns de euros van ser investidos na ampliación do tramo da autoestrada en Santiago onde pasará a contar con tres e catro carrís en cada sentido da circulación // O fiscal do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena. Díxoo esta maña na vista, no Tribunal Superior, na Coruña, dos recursos presentados polos avogados dos pais da nena contra o peche do sumario // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa ao borde da liquidación. O consello de administración da compañía reunirase o luns para estudiar a solicitude para liquidar a empresa despois de que a banca acreedora non respaldase a súa segunda proposta de convenio de acreedores no xulgado do mercantil da Coruña. 27/02/15
A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto // O fiscal do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa, ao borde da liquidación. 27/02/15
Tempo revolto para esta fin de semana. Distintan frontes deixarán choivas e ceos cubertos. No lado positivo, as temperaturas serán mais suaves. 27/02/15
Seguimos con ceos grises que pola tarde deixaran chuvia na meirande parte de Galicia nun día no que as temperaturas máximas se manteñen, en torno aos 15 graos en moitos puntos. 26/02/15
Manifestación dos estudantes tamén nas principais cidades galegas. Esixen a retirada do decreto que modifica o ensino superior con graos universitarios máis curtos de 3 anos e masters de 2. Unha reforma aprobada o pasado 30 de xaneiro. Din que eses cambios encarecerán os seus estudos e limitará o acceso a educación // O produto interior bruto de Galicia medrou durante o ano pasado un 0,4 %.Con estes datos, a nosa economía encadea catro trimestres consecutivos de crecemento interanual e confirma o inicio da recuperación económica, segundo Consellería de Facenda. Trátase das mellores cifras dende hai 4 anos // A rebaixa do prezo do solo industrial, acordado pola Xunta permitiu vender, nun mes, máis parcelas que nos dous anos anteriores, e proporcionou uns ingresos de sete millóns de euros // Son datos ofrecidos hoxe nunha reunión do Consello que tamén avaliou en 50 millóns de euros o resultado do plan de control dos tributos propios da comunidade autónoma, posto en marcha o ano pasado. 26/02/15
Manifestación dos estudantes tamén nas principais cidades galegas. Esixen a retirada do decreto que modifica o ensino superior con graos universitarios máis curtos de 3 anos e masters de 2. Unha reforma aprobada o pasado 30 de xaneiro. Dín que eses cambios encarecerán os seus estudos e limitará o acceso a educación // O produto interior bruto de Galicia medrou durante o ano pasado un 0,4%. Con estes datos, a nosa economía encadea 4 trimestres consecutivos de crecemento interanual e confirma o inicio da recuperación económica, segundo Consellería de Facenda. Trátase das mellores cifras dende hai 4 anos // A rebaixa do prezo do solo industrial, acordado pola Xunta permitiu vender, nun mes, máis parcelas que nos dous anos anteriores, e proporcionou uns ingresos de 7 millóns de euros. Son datos ofrecidos hoxe nunha reunión do Consello que tamén avaliou en 50 millóns de euros o resultado do plan de control dos tributos propios da comunidade autónoma, posto en marcha o ano pasado. 26/02/15
Manifestación dos estudantes tamén nas principais cidades galegas // O produto interior bruto de Galicia medrou durante o ano pasado un 0,4% // A rebaixa do prezo do solo industrial, acordado pola Xunta permitiu vender, nun mes, máis parcelas que nos dous anos anteriores. 26/02/15
Mariano Rajoy defendeu, no Debate sobre o Estado da Nación, os investimentos do Goberno Central en Galicia e as medidas políticas que, dixo, lle permitiron a España empezar a saír da crise. Foi en resposta á portavoz do BNG que o acusara de dedicarse a amargarlles a vida aos cidadáns // Relevo na fiscalía Superior de Galicia. Hoxe foi elixido para o cargo o ferrolán Fernando Suances, quen sustituirá a Carlos Varela, que levaba dez anos á fronte. Suances deberá ser nomeado no Consello de Ministros, algo que podería suceder no de pasadomañá // O xuíz envía ao cárcere ao frade franciscano do Cebreiro, acusado dun delito de abusos sexuais a unha menor de idade de 17 anos e un rapaz discapacitado de 19. Ademais dos abusos, o xuíz impútalle tamén un delito relativo á prostitución. 25/02/15
A Garda Civil, coa colaboración da policía portuguesa, busca a dous homes que fuxiron nun coche con matrícula portuguesa despois de roubar un caixeiro automático en Tui. Utilizaron un potente artefacto explosivo, que só causou danos na oficina // Mariano Rajoy defendeu, no Debate sobre o Estado da Nación, os investimentos do Goberno Central en Galicia e as medidas políticas que, dixo, lle permitiron a España empezar a sair da crise. Foi en resposta á portavoz do BNG que o acusara de dedicarse a amargarlles a vida aos cidadáns // Declara no xulgado o relixioso acusado de abusos a un discapacitado. José Quintela é un dos dous monxes franciscanos que atende habitualmente os peregrinos na igrexa do Cebreiro. O bispado de Lugo xa lle prohibiu de forma cautelar que siga nesta parroquia da montaña de Lugo ao tempo que manifesta seu pesar e repulsa polos abusos denunciados. 25/02/15
A Garda Civil, coa colaboración da policía portuguesa, busca a dous homes que fuxiron nun coche con matrícula portuguesa despois de roubar un caixeiro automático en Tui // Mariano Rajoy defendeu, no Debate sobre o Estado da Nación, os investimentos do Goberno Central en Galicia e as medidas políticas que, dixo, lle permitiron a España empezar a saír da crise // Declara no xulgado o relixioso acusado de abusos a un discapacitado. 25/02/15
Hoxe todo o litoral continúa en alerta, desta vez amarela con ondas de cinco metros. 25/02/15
Galicia lembra hoxe á nosa autora máis universal. A poetisa Rosalía de Castro, da que se cumpren 178 anos do seu nacemento. A Autora de Cantares Gallegos recibe homenaxes que celebran a súa figura coma alicerce da recuperación do idioma galego para a creación literaria // Primeira alerta vermella no mar deste inverno na costa da Coruña e Lugo. Deixou ondas de case dez metros en Estaca de Bares esta mañá. Durante a tarde a alerta rebaixarase a laranxa en toda a costa galega con ondas no entorno dos sete metros // Aumenta a loita contra o furtivismo marisqueiro, con 1000 inspeccións mais no ano pasado. Un ano no que se comisaron corenta toneladas de marisco e se tramitaron 3.700 denuncias. O proxecto de reforma do código penal incluirá o furtivismo como delito, con penas de entre seis meses a dous anos. 24/02/15
Galicia lembra hoxe á nosa autora máis universal. A poetisa Rosalía de Castro, da que se cumpren 178 anos do seu nacemento. A Autora de Cantares Gallegos recibe homenaxes que celebran a súa figura coma alicerce da recuperación do idioma galego para a creación literaria // Primeira alerta vermella no mar deste inverno na costa da Coruña e Lugo. Deixou ondas de case dez metros en Estaca de Bares esta mañá. Durante a tarde a alerta rebaixarase a laranxa en toda a costa galega con ondas no entorno dos sete metros // Aumenta a loita contra o furtivismo marisqueiro, con 1000 inspeccións mais no ano pasado. Un ano no que se comisaron corenta toneladas de marisco e se tramitaron 3.700 denuncias. O proxecto de reforma do código penal incluirá o furtivismo como delito, con penas de entre seis meses a dous anos. 24/02/15
Hoxe quedamos situados entre o anticiclón das Illas dos Azores e a borrasca do mar do norte, nun corredor polo que pasa aire frío e húmido // É o que provoca as precipitacións intermitentes que se rexistraron durante a mañá e o descenso das temperaturas. 24/02/15