Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla en demanda de mellores prezos para o leite // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. 03/09/15
Os ceos están aínda máis anubados con chuvias localizadas no norte de Lugo e Ourense onde máis van notar a baixada das temperaturas. 03/09/15
Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en 2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22% // O tren de alta velocidade do eixo atlántico transportou xa case un millón de viaxeiros, dende que entrou en funcionamento, no pasado mes de abril. Unha cifra que supón todo un récord, segundo destaca o Ministerio de Fomento que hoxe asinou coa xunta un convenio para facilitar o transporte combinado entre o tran e o avión // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada. 02/09/15
Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en 2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22%.
Asináronse 76 mil novos contratos // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. Catedrática de filosofía do dereito, compostelá de 55 anos é a primeira muller en acceder a este cargo de alta comisionada do Parlamento Galego. 02/09/15
Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras sinalan a clara intencionalidade dos incendios e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. 02/09/15
Seguimos con ceos anubrados pero que apenas han deixar chuvia. Só norte de Lugo podería chover un pouco e tamén en forma de chuvasco nas zonas altas de Ourense. 02/09/15
A policía de investiga a morte dun bebé na habitación dun hotel de Santiago por tratarse dun falecemento sospeitoso. A nena, de seis meses, estaba nun cuarto coa nai. O pai explicou que a parella tivera unha discusión // Controlado dende as once da mañá o incendio de Cualedro, o máis grave, no que vai de verán e que calcinou 3 mil hectáreas, chegando a afectar tamén aos termos de Trasmiras, Xinzo de Limia e Baltar. Agora os concellos afectados tratan de reparar os camiños, tendidos eléctricos e fornecementos danados polas lapas // 50 euros para material escolar. É o que poderán solicitar a partir de mañá as familias con menos recursos. É na primeira vez que o goberno galego ofrece este tipo de axudas que estiman podería ter uns 60.000 beneficiarios. 01/09/15

A policía de investiga a morte dun bebé na habitación dun hotel de Santiago por tratarse dun falecemento sospeitoso // Controlado dende as once da mañá o incendio de Cualedro, o máis grave, no que vai de verán e que calcinou 3 mil hectáreas // 50 euros para material escolar. É o que poderán solicitar a partir de mañá as familias con menos recursos. 01/09/15
Setembro comeza con tempo moi semellante ao que practicamente nos acompañou durante todo o mes de agosto. 01/09/15
Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas e foi necesario activar o nivel de alerta 2 porque tiveron que ser desaloxados unha ducia de veciños de tres parroquias // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite. Os grupos da oposición pedían a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar a medidas adoptadas nestes eidos // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. Unha xunta na que aprobarán cambios no consello de administración que seguirá presidindo o deseñador ourensán. 31/08/15

Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. 31/08/15
Agosto remata con nubes e con chuvias en boa parte de Galicia Máis frecuentes e intensas no norte pero da comunidade pero durante a tarde poden descargar en forma de chuvasco nas provincias de Lugo e Ourense por treboadas. 31/08/15
Nuns minutos vai ter lugar no estaleiro de Navantia, en Ferrol, a botadura do flotel contratado pola petroleira mexicana Pemex. Agora quedan por diante varios meses de traballo para rematar acabar de equipalo // O Sergas suspende o traslado de pacientes ao novo hospital de Vigo ao non estar garantida a seguridade microbiolóxica en zonas do novo hospital nas que van instalar servizos considerados críticos, como quirófanos, medicina intensiva, maternofilial ou a unidade de coidados intensivos // Recupérase no hospital Virxe do Cristal de Ourense o piloto da avioneta antiincendios que onte pola tarde sufría un accidente mentres apagaba un lume no concello ourensán de Castro Caldelas. Ten dúas costelas rotas. De momento descoñécense as causas do sinistro. 28/08/15
Salvamento Marítimo remolca cara ao porto exterior da Coruña a un mercante que sufriu onte unha avaría fronte a Costa da Morte. Unha tarefa dificultada polo temporal no mar. O buque, de nome "MSC Allasio", de 300 metros de eslora, facía a ruta desde as Palmas de Gran Canaria cara o porto de Rótterdam en Holanda // Recupérase no hospital Virxe do Cristal de Ourense o piloto da avioneta antiincendios que onte pola tarde sufría un accidente mentres apagaba un lume no concello ourensán de Castro Caldelas. Ten dúas costelas rotas. De momento descoñécense as causas do sinistro // Dentro de algo mais de dúas horas vai ter lugar, no estaleiro de Navantia, en Ferrol, o acto de botadura do flotel contratado á esta empresa pública pola petroleira mexicana Pemex. 28/08/15
Salvamento Marítimo remolca cara ao porto exterior da Coruña a un mercante que sufriu onte unha avaría fronte a Costa da Morte // Recupérase no hospital Virxe do Cristal de Ourense o piloto da avioneta antiincendios que onte pola tarde sufría un accidente mentres apagaba un lume no concello ourensán de Castro Caldelas // Dentro de algo mais de dúas horas vai ter lugar, no estaleiro de Navantia, en Ferrol, o acto de botadura do flotel contratado á esta empresa pública pola petroleira mexicana Pemex. 28/08/15
Esta tarde vanse ir abrindo algúns claros e xa sen apenas nubes estará o ceo nas provincias de Lugo e Ourense. 28/08/15
A Garda Civil iniciou unha investigación interna polo falecemento do batería de Los Piratas tras recibir un tiro dun axente que acudira por un posible caso de violencia de xénero. A familia nega que se trate dun caso de malos tratos e anuncian medidas legais contra o garda civil que disparou e tamén contra o psiquiatra que dediciu retirarlle a medicación, despois de dez anos de tratamento // Os gandeiros sacaron, de novo os tractores á rúa en Teixeiro, para reclamar prezos rendibles para o leite. O Ministerio insistiu, en Santiago en que tomará medidas de apoio ao sector pero lembroulles ás organizacións agrarias que deberán ser factibles e legais // Os mariñeiros xubilados, logo de traballaren en Noruega manifestáronse diante do consulado do país nórdico na Coruña e na Delegación do Goberno pedido o apoio da administración nas súas reclamacións. 27/08/15