Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en libertade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15
A fronte que deixou ceos anubados e choiva por toda Galicia, vai ir remitindo, segundo avance a xornada. 13/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. Pretendían traer a terra máis de tonelada e media de cocaína, nun veleiro interceptado en alta mar. 12/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15
E en canto o tempo xornada inestable na que mesmo poden reaparecer as chuvias. 12/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. Alí, levan calcinadas mais de 300 hectáreas en Viana do Bolo, entrimo e no entorno da propia cidade, onde hai un en Pereiro de Aguiar e outro en Castro de Beiro. As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros e sinalan que, por exemplo, a pasada noite, se declararon no entorno da cidade de Ourense seis lumes que chegaron a por en perigo algunhas vivendas // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. Dixo que este verán se espera batir o record no número de turistas e destacou o caso concreto de Galicia. 11/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. Alí, levan calcinadas mais de 300 hectáreas en Viana do Bolo, entrimo e no entorno da propia cidade, onde hai un en Pereiro de Aguiar e outro en Castro de Beiro // As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros e sinalan que, por exemplo, a pasada noite, se declararon no entorno da cidade de Ourense seis lumes que chegaron a por en perigo algunhas vivendas. O Presidente da Xunta di que os incendiarios tratan de provocar unha situación de caos, de momento, sen conseguilo // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. Dixo que este verán se espera batir o record no número de turistas e destacou o caso concreto de Galicia. 11/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. 11/08/15
O anticiclón vaise retirando cara o oeste. Iso fará que os ceos queden cubertos, onde máis no norte. 11/08/15
Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes. As lapas seguen sen controlar no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar onde leva queimadas 30 hectáreas de terreo // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. 10/08/15
Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes. As lapas seguen sen controlar no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar onde leva queimadas 30 hectáreas de terreo // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros. Piden que o Goberno propicie un acordo entre distribución, industria transformadora e produtores similar ao que se acadou en Francia // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. Dixo nunha entrevista en Radio Nacional en Galicia na que calificou de irresponsable a oposición do PSOE porque argumentou semellan máis preocupados polas súas pelexas internas que nos proxectos da provincia. 10/08/15
Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. 10/08/15
O anticiclón segue con nós un día máis hoxe con aumento das temperaturas sobre todo polo interior. 10/08/15
Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña. DAvid Oubel, acusado do parricidio, segue no cárcere da Lama, pese a que está previsto trasladalo a outra prisión, fóra de Galicia, para evitar o perigo de que sexa agredido, no penal pontevedrés // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano. É o número dos que recibiron atención psicolóxica por ser testemuñas ou sufrir a violencia machista contra as súas nais // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta para reactivar o emprego no sector naval. Un punto que as dúas administracións consideran imprescindible, segundo puxeron de manifesto o alcalde ferrolán, Jorge Suárez e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recibiu ao rexedor no seu despacho, en Santiago. 07/08/15
Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña. David Oubel, acusado do parricidio, segue no cárcere da Lama, pese a que está previsto trasladalo a outra prisión, fóra de Galicia, para evitar o perigo de que sexa agredido, no penal pontevedrés // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano. É o número dos que recibiron atención psicolóxica por ser testemuñas ou sufrir a violencia machista contra as súas nais // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta para reactivar o emprego no sector naval. Un punto que as dúas administracións consideran imprescindible, segundo puxeron de manifesto o alcalde ferrolán, Jorge Suárez e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recibiu ao rexedor no seu despacho, en Santiago. 07/08/15
Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta para reactivar o emprego no sector naval. 07/08/15
O tempo parece que vai acompañar sobre todo os que busquen praia aínda que hoxe de momento o que máis abunda son as nubes. 07/08/15
David Oubel, o acusado de terlles dado morte ás súas fillas en Moraña compareceu hoxe nos xulgados de Caldas onde foi sometido a unhas probas consideradas imprescindibles e urxentes pola xuíza que instrúe o caso // A Xunta investirá 400 millóns de euros na ampliación da planta de Sogama na localidade coruñesa de Cerceda. Aumentará a súa capacidade de recuperación de envases e de produción de enerxía. O Consello tamén decidiu devolverlles aos funcionarios outro 25 por cento da paga extra suprimida no 2.012, co que xa terán recuperada a metade // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro presenta hoxe no xulgado a documentación que acredita a forma en que pagou o seu piso en Lugo. Unha documentación que, ao seu entender, certifica que non existiron irregularidades. 06/08/15
David Oubel, o acusado de terlles dado morte ás súas fillas en Moraña compareceu hoxe nos xulgados de Caldas onde foi sometido a unhas probas consideradas imprescindibles e urxentes // A Xunta investirá 400 millóns de euros na ampliación da planta de Sogama na localidade coruñesa de Cerceda // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro presenta hoxe no xulgado a documentación que acredita a forma en que pagou o seu piso en lugo. 06/08/15