Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 

Os cen mil empregados publicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano, o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.

O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen dono. Se antes do día 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete.

A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)

O temporal de vento e choiva deixou en Caldas 200 litros de auga por metro cuadrado e en puntos altos de Carballeda de Valdeorras refachos de vento de 164 kms por hora. O forte vento obrigou a desviar varios vós que viñan a Santiago e Vigo. Arestora, o peor está no mar da Coruña e Lugo // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite // Comezan as obras de rehabilitación do cuartel da Garda Civil de Ferrol, cun orzamento de 1,3 millóns de euros euros. O cuartel levaba 63 anos sen reformas nin actualizarse.  16/09/15

O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Cinco vos foron desviados entre por ventos fortes. Hoxe o principal problema está no mar // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente // Esta tarde celébrase unha misa na catedral de Santiago en memoria da peregrina estadounidense  asasinada hai cinco meses cando realizaba o Camiño na zona de Astorga. 16/09/15

O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente. 16/09/15

Temporal de auga e vento, que afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra.   

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite e consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.

Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova. A imaxe actual da Virxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)

O primeiro temporal de final de verán chega con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. Rexistráronse 100  litros por metro cuadrado na Barbanza e ventos de 100 kms por hora en Cedeira.  

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite, como medida de presión para conseguir mellores prezos. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro; eles piden 6 céntimos.

200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.

O Deportivo conseguiu  en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3.

Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova, e frustración entre os veciños por non poder sacala en procesión por mor da choiva. A imaxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)

Primeiro temporal de final de verán con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. 

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.

200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.

O Deportivo conseguiu  en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3. (15/09/15)

Os gandeiros tiran máis de 200 mil litros de leite ao non poderen almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias.

Vegalsa e Mercadona anucian que van subir os prezos de leite  dende este mes e  a industria Leite Celta di que retira os contratos á braixa que prevía presentarlles aos ganderios  para os próximos  meses. 

A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade. (14/09/15)

Os gandeiros tiran 200 mil litros de leite ao non teren capacidade para almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias como protesta polos baixos presos

Os tractores bloquean a entrada de leite ás plantas transformadoras. Quedan sen recoller uns 6 millóns de litros de leite ao día en toda Galicia. 

Pasa a disposición xudicial o principal sospeitoso de matar a unha peregrina estadounidense que facía o Camiño de Santiago, cerca de Astorga. El declárase inocente. 

A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade. 

O Celta desperdicia unha vantaxe de dous goles ante o Las Palmas, que xogaba con dez desde os primeiros minutos. Ía gañando 3 goles a 1, e o Las Palmas  acaboulle empatando. 

En Segunda, o Lugo gañoulle ao  Almeria.

O Porto de Vigo espera bater a marca histórica do número de cruceiristas, que ten recibido a cidade nun mes de setembro. (14/09/15)

Os gandeiros tiran 200 mil litros de leite ao non teren capacidade para almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias como protesta polos baixos prezos. 

Os tractores bloquean a entrada de leite ás plantas transformadoras. Quedan sen recoller uns 6 millóns de litros de leite ao día en toda Galicia. 

Pasa a disposición xudicial o principal sospeitoso de matar a unha peregrina estadounidense que facía o Camiño de Santiago, cerca de Astorga. El declárase inocente. 

A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade. 

O Celta desperdicia unha vantaxe de dous goles ante o Las Palmas, que xogaba con 10 desde os primeiros minutos. Ía gañando 3 goles a 1, e o Las Palmas  acaboulle empatando. 

En Segunda, o Lugo gañoulle ao  Almeria. (14/09/15)

Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión, pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración no xulgado de Ponteareas. 11/09/15

Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión,pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto,en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago. Tamén contra os responsables do bloqueo, que lles está a causar, din , perdas de 3 millóns de euros diarios // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas di no xulgado de Ponteareas, que investiga a morte do musico, que o fixo porque temeu pola vida do outro garda. A parella da garda civil acudira ó domicilio da vítima, atendendo unha chamada da familia. 11/09/15

Os gandeiros farán unha folga de entrega, e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración  no xulgado de Ponteareas. 11/09/15

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15