Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Parlamento votou as propostas dos grupos no debate do estado da Autonomía // A presenza, na camiseta de Asunta, de ADN dun home que estaba a ser investigado por un caso de agresión sexual en Madrid, centrou a sesión do xuízo pola morte da nena de Santiago // Almería e Llagosterá serán os rivais do Celta e o Déportivo na Copa do Rei nos partidos que xogarán o 2 e o 16 de decembro. 16/10/15

Os grupos parlamentarios presentan hoxe as propostas de resolución, dentro do debate sobre o estado da autonomía. Un trámite no que cada grupo tén opción a facer 40 propostas // Os peritos da garda civil contaron que as cordas que apareceron a carón do cadáver da nena e a bobina que se atopou na casa familiar de Teo son iguais. Din sen embargo que non poden determinar que procedan do mesmo rolo. Tampouco atoparon restos de fibras desas cordas nos coitelos que había na vivenda // Detido en Carballo un home de 79 anos que lle asestou varias machetadas a súa parella de 77. Ela está grave aínda que non se teme pola súa vida. O home confesou despois os feitos no cuartel da garda civil. O xulgado decreto xa o seu ingreso en prisión onde permanece dende a pasada tarde. 15/10/15

Os grupos parlamentarios presentan hoxe as propostas de resolución, dentro do debate sobre o estado da autonomía. Un trámite no que cada grupo tén opción a facer 40 propostas // Os peritos da garda civil contaron que as cordas que apareceron a carón do cadáver da nena e a bobina que se atopou na casa familiar de TEo son iguais. Din sen embargo que non poden determinar que procedan do mesmo rolo. Tampouco atoparon restos de fibras desas cordas nos coitelos que había na vivenda // Detido en Carballo un home de 79 anos que lle asestou varias machetadas a súa parella, de 77. Ela está grave aínda que non se teme pola súa vida. O home confesou despois os feitos no cuartel da garda civil. O xulgado decreto xa o seu ingreso en prisión. 15/10/15

Os grupos parlamentarios presentan hoxe as propostas de resolución, dentro do debate sobre o estado da autonomía // Os peritos da garda civil contaron que as cordas que apareceron a carón do cadáver da nena e a bobina que se atopou na casa familiar de Teo son iguais // Detido en Carballo un home de 79 anos que lle asestou varias machetadas a súa parella, de 77. 15/10/15

O anuncio da rebaixa do imposto sobre a renda para os contribuintes galegos foi un dos puntos centrais do discurso pronunciado esta mañá, polo Presidente da Xunta, no inicio do Debate sobre o estado da autonomía // No xuízo pola morte de Asunta Basterra, os peritos aclararon que a nena inxeriu, o día do seu asasinato, alo menos 27 pastillas dun ansiolítico // O túnel de Folgoso, na Autovía Rías Baixas, queda reaberto ao tráfico, a partir desta hora, logo de permanecer pechado durante a primeira parte do día para realizar un simulacro de accidente no seu interior. 14/10/15

O anuncio da rebaixa do imposto sobre a renda para os contribuintes galegos foi un dos puntos centrais do discurso pronunciado esta mañá, polo Presidente da Xunta, no inicio do Debate sobre o estado da autonomía. Alberto Núñez Feijóo anunciou, ademáis, axudas directas ás familias, cen euros ao mes por cada fillo que naza a partir do 1 de xaneiro // No xuízo pola morte de Asunta Basterra, os peritos aclararon que a nena inxeriu, o día do seu asasinato, alo menos 27 pastillas dun ansiolítico. Os que participaron no levantamento do cadáver, dixeron que fora arrastrado ata ao punto no que foi localizado // O túnel de Folgoso, na Autovía Rías Baixas, queda reaberto ao tráfico, a partir desta hora, logo de permanecer pechado durante a primeira parte do dia para realizar un simulacro de accidente no seu interior. A finalidade é que os equipos de emerxencia e as instalaciòns estean prepaparos para un caso real. 14/10/15

O anuncio da rebaixa do imposto sobre a renda para os contribuintes galegos foi un dos puntos centrais do discurso pronunciado esta mañá, polo Presidente da Xunta, no inicio do Debate sobre o estado da autonomía // No xuízo pola morte de Asunta Basterra, os peritos aclararon que a nena inxeriu, o día do seu asasinato, alo menos 27 pastillas dun ansiolítico // O túnel de Folgoso, na Autovía Rías Baixas, queda reaberto ao tráfico, a partir desta hora, logo de permanecer pechado durante a primeira parte do día para realizar un simulacro de accidente. 14/10/15

E o tempo vai seguir estable, gracias á influencia dun anticiclón. As temperaturas máximas andan entre os 19 e os 22 graos e as mínimas baixarán ata os 8 graos en Ourense e aos 6 en Lugo. 14/10/15

As mulleres vítimas de violencia de xenero contarán co apoio dun profesional de referencia cando entre en vigor unha nova figura que está a crear a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta // Rosario Porto foi expedientada por acumular fármacos na súa celda no cárcere de Teixeiro. Contounono hoxe o director do penal coruñés no xuízo no que compareceu coma testemuña proposta polo avogado da acusada e no que tamén dixo que a nai da pequena falaba continuamente dela // Dous cruceiros cunhas 4.500 persoas a bordo, en total, coinciden hoxe no porto de Vigo. Unha visita que se produce, despois dunha ponte festiva na que a ocupaciòn hoteleira en Galicia foi do 60 por cento de media. 13/10/15

As mulleres vítimas de violencia de xenero contarán co apoio dun profesional de referencia cando entre en vigor unha nova figura que está a crear a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta // Rosario Porto foi expedientada por acumular fármacos na súa celda no cárcere de Teixeiro. Contounono hoxe o director do penal coruñés no xuízo no que compareceu coma testemuña proposta polo avogado da acusada e no que tamén dixo que a nai da pequena falaba continuamente dela // Dous cruceiros cunhas 4.500 persoas a bordo, en total, coinciden hoxe no porto de Vigo. Unha visita que se produce, despois dunha ponte festiva na que a ocupaciòn hoteleira en Galicia foi do 60 por cento de media. 13/10/15

As mulleres vítimas de violencia de xenero contarán co apoio dun profesional de referencia cando entre en vigor unha nova figura que está a crear a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta // Rosario Porto foi expedientada por acumular fármacos na súa celda no cárcere de Teixeiro // Dous cruceiros cunhas 4.500 persoas a bordo, en total, coinciden hoxe no porto de Vigo. 13/10/15

Comezamos semana con ceos despexados agás no norte das provincias da Coruña e Lugo pero con algo máis de fresco que se notou sobre todo nas temperaturas nocturnas. 13/10/15

Morreu a nena Andrea, de 12 anos, que estaba hospitalizada en Santiago cunha enfermidade dexenerativa // No xuízo pola morte de Asunta Basterra escoitáronse hoxe testemuñas de informes psiquiátricos referidos á nai, Rosario Porto // A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Galicia o próximo luns 19 deste mes e vai durar nove semanas, ata o 19 de decembro. 09/10/15

Morreu a nena Andrea, de 12 anos, que estaba hospitalizada en Santiago cunha enfermidade dexenerativa. Os seus pais pediran que os medicos lle retirasen a alimentacion asistida e que logo a sedasen // No xuízo pola morte de Asunta Basterra escoitáronse hoxe testemuñas de informes psiquiátricos referidos á nai, Rosario Porto. Unha das psiquiatras que a atendeu, amparouse no código deontolóxico para non opinar sobre a existencia dun informe, no que figuraría que Asunta, lle supoñía un estorbo para a nai // A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Galicia o próximo luns 19 deste mes e vai durar nove semanas, ata o 19 de decembro. Unha das novidades é que van chamar un a un, aos pacientes de risco, que aínda non se vacinaran, e ofrecerlles unha data para facelo. 09/10/15

Morreu a nena Andrea, de 12 anos, que estaba hospitalizada en Santiago cunha enfermidade dexenerativa // No xuízo pola morte de Asunta Basterra escoitáronse hoxe testemuñas de informes psiquiátricos referidos á nai, Rosario Porto // A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Galicia o próximo luns 19 deste mes e vai durar nove semanas, ata o 19 de decembro. 09/10/15

Darío Campos (PSDEG) releva a Elena Candia (PP) na presidencia da Deputación de Lugo // Primeira reunión do Goberno da Xunta cos novos titulares de Sanidade, Medio Rural e de Política Social. O goberno acordou o recambio dos delegados en Vigo e Ourense // Declara como testemuña no xuízo pola morte de Asunta o home de Madrid do que o seme aparecera na camiseta da nena mentres era analizada nun laboratorio da Garda Civil. 08/10/15

Darío Campos (PSDEG) releva a Elena Candia (PP) na presidencia da Deputación de Lugo, pola moción de censura de socialistas e nacionalistas // Primeira reunión do Goberno da Xunta cos novos titulares de Sanidade, de Medio Rural e de Política Social // A Xunta envía ao Parlamento o proxecto de Lei do Solo que pon condicións para a construcción no medio rural e acorda o recambio dos delegados en Vigo e Ourense // Declara como testemuña no xuízo pola morte de Asunta o home de Madrid do que o seme aparecera na camiseta da nena mentres era analizada nun laboratorio da Garda Civil // O avogado do maquinista do tren descarrilado en Angrois e as asociacións de vítimas recorrerán o auto xudicial que manten como único imputado ao maquinista // O concelleiro de Santiago, Rafael Peña (CA), incluía insultos a Manuel Fraga, na norte deste. O alcalde di que foron feitos cando aínda non era concelleiro. 08/10/15