A cúpula da antiga novacaixagalicia, condenada pola audiencia nacional a penas Dous anos de cadea polo cobro indebido de 14 millóns de en prexubilacions cando a entidade estaba sendo rescatada polo FROB. A sentenza condena o seu excopresidente Julio FErnández Gayoso e a catro exdirectivos // O Fiscal responsable da acusación pública no xuízo pola morte da nena Asunta Basterra, modificou hoxe o seu escrito, na presentaciòn das súas conclusións, e estima que, na asfixia que lle causou a morte á nena só participou a nai, Rosario Porto. Respecto ao Pai, Alfonso Basterra, tamén acusado, mantén que a súa participaciòn está indisolublemente unida á morte da nena // O Paro baixou en Galicia en 29 mil seiscentas persoas, entre xullo e setembro , segundo os datos da EPA,e que supoñen un descenso do desemprego do 11, 74 por cento. Nese mesmo periodo o número de persoas ocupadas medrou, na nosa comunidade, en 29 mil. 22/10/15
A cúpula da antiga novacaixagalicia, condenada pola audiencia nacional a penas Dous anos de cadea polo cobro indebido de 14 millóns de en prexubilacions // O Fiscal responsable da acusación pública no xuízo pola morte da nena Asunta Basterra, modificou hoxe o seu escrito, na presentaciòn das súas conclusións, e estima que, na asfixia que lle causou a morte á nena só participou a nai, Rosario Porto // O Paro baixou en Galicia en 29 mil seiscentas persoas, entre xullo e setembro , segundo os datos da EPA. 22/10/15
O sol segue a acompañarnos un día máis. As temperaturas máximas subiran sobre todo polo interior. 22/10/15
Rosario Porto negoulle ao psiquiatra que a atendeu dous meses antes da morte da súa filla Asunta que se estivera medicando contra a depresión. Daquela o seu exmarido xa lle mercara en varias ocasións Orfidal // Seguen en Fisterra os labores de busca dun xove policía nacional, destinado na localidade madrileña de Fuenlabrada, do que non se sabe nada dende que, a pasada fin de semana, rematou o camiño de Santiago nestes acantilados da Costa da Morte, como fan moitos outros peregrinos // Un home recibiu unha ferida de bala en Vigo, supostamente nun enfrontamento entre os clanS xitanos dos moróns e os zamoranos. O tiroteo produciuse nas inmediacións do mercadiño de Coia que se celebrou hoxe nun ambiente de tensiòn e vixiado pola policía, despois do enfrontamento entre os dous grupos, a samana pasada en Cangas, onde houbera varios feridos. 21/10/15
Rosario Porto negoulle ao psiquiatra que a atendeu dous meses antes da morte da súa filla Asunta que se estivera medicando contra a depresión. Daquela o seu exmarido xa lle mercara en varias ocasións Orfidal // Seguen en Fisterra os labores de busca dun xove policía nacional, destinado na localidade madrileña de Fuenlabrada, do que non se sabe nada dende que, a pasada fin de semana, rematou o camiño de Santiago nestes acantilados da Costa da Morte, como fan moitos outros peregrinos // A policía nacional reforza a vixilancia dos mercadiños para evitar enfrontamentos entre clans xitanos despois da liorta do pasado venres en Cangas entre os clans denominados "moróns" e "zamoranos". 21/10/15
Rosario Porto negoulle ao psiquiatra que a atendeu dous meses antes da morte da súa filla Asunta que se estivera medicando contra a depresión // Seguen en Fisterra os labores de busca dun xove policía nacional do que non se sabe nada dende que, a pasada fin de semana, rematou o camiño de Santiago nestes acantilados da Costa da Morte // Un home recibiu unha ferida de bala en Vigo, supostamente nun enfrontamento entre os clans xitanos dos moróns e os zamoranos. 21/10/15
Segue a estabilidade, gracias á influencia do anticiclón. Continúan os ceos despexados con só algunhas nubes ailladas no extremo norte da Comunidade. 21/10/15
Dentro de media hora van prestar declaración ante o xulgado de Vigo o capitán os tripulantes que estaban na ponte de mando do Baltic Breeze cando o mercante bateu, na entrada da Ría, co pesqueiro Mar de Marín, provocando o seu afundimento // Comezou na Coruña o xuizo contra un matrimonio de Pontedeume, acusado de acoitelar a un mozo de 17 anos que entrou de madrugada na súa casa en xullo de 2011 e que morreu desangrado logo de fuxir. 07/04/14
O "Baltic Breeze" empezou xa a recibir carga para poder zarpar do Porto de Vigo. É barco mercante contra o que bateu o pesqueiro "Mar de Marín" que se afundiou o martes na entrada da Ría, fronte ás Illas Cíes. Antes de que parta, o seu capitán e os mariñeiros que estaban na ponte de mando a noite do naufraxio terán que prestar declaración // Recuperado o corpo de Manuel María Tajes, mecánico de 49 anos levaba desaparecido dende o naufraxio do Santa Ana o 10 de marzo. Era o último dos mariñeiros que faltaba por aparecer logo daquela traxedia que se cobrou a vida de sete compañeiros seus e na que só houbo un supervivente // Comezou na Audiencia Provincial da Coruña o xuizo contra un matrimonio de Pontedeume por apuñalar a un mozo de 17 anos que entrou na súa casa en xullo de 2011. O menor morreu desangrando logo de fuxir. 07/04/14

Inaugurado un novo treito da autovía Lugo- Santiago. Son 15 kilómetros entre as localidades lucenses de Guntín e Palas de Rei nos que se investiron 96 millóns de euros. Coa apertura ao tráfico deste novo tramo xa se pode circular pola metade desta autovía que unirá Lugo coa capital galega // Dende hoxe xa é posible elexir no Segas o hospital onde ser atendidos. Poderase facer en dous casos, cando o paciente vaia ser operado ou se se trata dun proceso novo polo que non fora atendido antes.Tramitarase no centro de saúde e a xerencia do hospital solicitado terá un mes para respostar á petición // No xuízo polo asasinato de Asunta Basterra hoxe os peritos do Instituto nacional de toxicoloxía confirmaron que as analises do pelo da nena confirman que lle administraran dous tipos de sedantes distintos alomenos nos tres ou catro meses anteriores a súa morte. 20/10/15

Inaugurado un novo treito da autovía Lugo- Santiago. Son 15 kilómetros entre as localidades lucenses de Guntín e Palas de Rei // Dende hoxe xa é posible elexir no Segas o hospital onde ser atendidos // No xuízo polo asasinato de Asunta Basterra hoxe os peritos do Instituto nacional de toxicoloxía confirmaron que as analises do pelo da nena confirman que lle administraran dous tipos de sedantes distintos. 20/10/15
A chegada do anticiclón estanos a deixar ceos despexados e moito vento do nordés que sopra con forza sobre todo no litoral. 20/10/15
O proxecto de orzamentos da Comunidade autónoma para o ano que vén supón un aumento de 365 illóns de euros, respecto ao presente. Contén un 14 por cento máis de investimentos, e a axuda de 100 euros ao mes para a maioría dos nenos que nazan a partir de xaneiro // Comeza a campaña de vacinación da gripe. Sanidade distribuirá en Galicia máis de medio millón de doses nos 900 centros sanitarios onde se administrará nos próximos dous meses. Por iso recomendan non saturar as consultas estes primeiros días // O teléfono de Rosario Porto recibiu unha chamada dende o seu piso, na tarde na que desapareceu Asunta, media hora despois de que a nena saíra da casa do pai e antes de que as cámaras de seguridade a detectaran no coche da nai, camiño do chalet de Teo. 19/10/15

O proxecto de orzamentos da Comunidade autónoma para o ano que vén supón un aumento de 365 illóns de euros, respecto ao presente // Comeza a campaña de vacinación da gripe // O teléfono de Rosario Porto recibiu unha chamada dende o seu piso, na tarde na que desapareceu Asunta, media hora despois de que a nena saíra da casa do pai. 19/10/15
Comezamos semana con chuvia que será persistente sobre todo polo norte pero que irá remitindo pola tarde. As temperaturas han ser algo máis baixas. 19/10/15
O Parlamento votou as propostas dos grupos no debate do estado da Autonomía. O Partido Popular sacou adiante as referidas ás rebaixas fiscais e medidas como a axuda de 100 euros o mes para os novos nacementos. A oposición criticou a falla de concreción desas medidas // A presenza, na camiseta de Asunta, de ADN dun home que estaba a ser investigado por un caso de agresión sexual en Madrid, centrou a sesión do xuízo pola morte da nena de Santiago // A xuiza de familia de Vigo autorizou a unha rapaza de 15 anos a abortar, pese á oposición dos seus pais que se opoñían a esa decisión por motivos relixiosos. A moza acudiu entón á xustiza e O aborto foi xa practicado nun hospital de Vigo. 16/10/15
O Parlamento votou as propostas dos grupos no debate do estado da Autonomía. O Partido Popular sacou adiante as referidas ás rebaixas fiscais e medidas como a axuda de 100 euros o mes para os novos nacementos. A oposición criticou a falla de concreción desas medidas // A presenza, na camiseta de Asunta, de ADN dun home que estaba a ser investigado por un caso de agresión sexual en Madrid, centrou a sesión do xuízo pola morte da nena de Santiago. Os biólogos da Garda Civil din que non hai evidencia de que a contaminación da prenda da pequena se producise no laboratorio // Almería e Llagosterá serán os rivais do Celta e o Déportivo na Copa do Rei nos partidos que xogarán o 2 e o 16 de decembro. Na Liga este domingo o Celta disputa o liderato de Primeira fronte ao Vilareal en Castellón. Mentres o Dépor recibe en Riazor ao Atletic de Bilbao. 16/10/15