Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia e pola gran colonia galega residente naquel país // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública que xestiona 6 millóns de euros anuais. Un cargo para o que tamén recibiu o apoio do Partido Popular e para o que contou coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas na institución provincial // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. Miguel tén 23 anos, estudou quiromaxe e esta temporada axuda ao fisioterapeuta do clube, pendente do estado físico de todos os xogadores. 07/12/15
Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. 07/12/15
Comezamos semana coa chedada dunha nova fronte que fará mudar o tempo. 07/12/15
O Consello de Ministros aproba unha partida de 121 millóns euros para as obras de construción do treito entre Palas de Rei e Melide, da autovía Santiago- Lugo. Son case 12 kilómetros e con estas obras e as que se realizan entre Santiago e Arzúa, xa só queda por licitar o treito de Arzúa a Melide // O avogado de Rosario Porto recurre a sentenza que a condena a dezaoito anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta. Pide a absolución para ela porque argumenta o veredicto está basado en especulacións. A defensa de Porto afirma nel que o xurado popular tiña decidida a condena de antemán // Está fóra de perigo, pero con un corte no pescozo, a muller de 55, da Coruña, á que o home que fora a súa parella, a atacou cando entraba no domicilio do ancián que coidaba. 04/12/15
O Partido Popular preséntase como garante da consolidación da melloría económica acadada, despois dos peores anos da crise. Os socialistas din que son a única alternativa real de cambio para recuperar as políticas de igualdade e garantir os servizos públicos. Nos Candidatura Galega preséntase coma a única opción para que Galicia teña voz propia en Madrid e En Marea quere levar ao congreso o cambio que xa introduciu en moitos concellos // O avogado de Rosario Porto recurre a sentenza que a condena a dezaoito anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta. Pide a absolución para ela porque argumenta o veredicto está basado en especulacións // Está fóra de perigo, pero con un corte no pescozo, a muller de 55, da Coruña, á que o home que fora a súa parella, a atacou cando entraba no domicilio do ancián que coidaba. Os veciños alertados polos seus berros, avisaron á policía e, cando os axentes chegaron, o home tirouse por unha ventá e faleceu. 04/12/15
O Consello de Ministros aproba unha partida de 121 millóns euros para as obras de construción do treito entre Palas de Rei e Melide, da autovía Santiago- Lugo // O avogado de Rosario Porto recurre a sentenza que a condena a dezaoito anos de prisión polo asasinato da súa filla Asunta // Está fóra de perigo, pero con un corte no pescozo, a muller de 55, da Coruña, á que o home que fora a súa parella, a atacou cando entraba no domicilio do ancián que coidaba. 04/12/15
Tralo paso das chuvias os pronósticos apuntan a que as nubes irán diminuindo pola tarde e de cara a fin de semana. 04/12/15
Técnicos en urbanismo expuxeron hoxe ante empresarios e representantes doutros sectores de Vigo as consecuencias da anulación do Plan Xeral de Urbanismo por unha sentenza do tribunal supremo. Contaron que a maioría dos equipamentos cidadáns e industriais se poderán seguir construíndo, se se acollen a normativas autonómicas // O consello da Xunta pón en marcha a chamada "tarxeta benvida" da que se poderán beneficiar unhas 17.000 familias que teñan fillos a partir do ano que vén. Disporán dun saldo de 100 euros ao mes para que os gasten en productos básicos para os nenos. 03/12/15
Técnicos en urbanismo expuxeron hoxe ante empresarios e representantes doutros sectores de Vigo as consecuencias da anulación do Plan Xeral de Urbanismo por unha sentenza do tribunal supremo. Contaron que a maioría dos equipamentos cidadáns e industriais se poderán seguir construíndo, se se acollen a normativas autonómicas // O consello da Xunta pón en marcha a chamada "tarxeta benvida" da que se poderán beneficiar unhas 17.000 familias que teñan fillos a partir do ano que vén. Disporán dun saldo de 100 euros ao mes para que os gasten en productos básicos para os nenos // O avogado de Rosario Porto ultima o recurso contra a sentenza que a condenou a 18 anos de cadea polo asasinato da súa filla Asunta. Unha pena que tamén lle foi imposta ao pai da pequena, Alfonso Basterra. A súa avogada, acaba de recurrir e pedir a absolución do seu cliente por falla de probas. 03/12/15
Técnicos en urbanismo expuxeron hoxe ante empresarios e representantes doutros sectores de Vigo as consecuencias da anulación do Plan Xeral de Urbanismo por unha sentenza do tribunal supremo // O consello da Xunta pón en marcha a chamada "tarxeta benvida" da que se poderán beneficiar unhas 17.000 familias que teñan fillos a partir do ano que vén // O avogado de Rosario Porto ultima o recurso contra a sentenza que a condenou a 18 anos de cadea polo asasinato da súa filla Asunta. 03/12/15
O máis destacado é a suba das temperaturas nun día no que as nubes han ir aumentando e mesmo poden deixar de novo chuvias febles no litoral atlántico. 03/12/15
Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para evitar os perxuízos que pode supor para o urbanismo e para os proxectos industriais a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Plan Xeral por non terse sometido ao preceptivo análise de impacto ambiental. A Xunta puxo a disposición do concello os medios necesarios para superar o problema // O Fiscal arquiva a denuncia presentada contra o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por unha muller que o acusaba de terlle ofrecido un posto de traballo no organismo provincial a cambio de manter relacións sexuais // En novembro subiu o paro en Galicia en Galicia en 3.066 persoas mentres baixou no resto de España en algo máis de 27 mil persoas. Ainda así, agora hai, na nosa comunidade, 23.400 desempregados menos que hai un ano. 02/12/15
Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para evitar os perxuízos que pode supor para o urbanismo e para os proxectos industriais a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Plan Xeral por non terse sometido ao preceptivo análise de impacto ambiental. A Xunta puxo a disposición do concello os medios necesarios para superar o problema // O Fiscal arquiva a denuncia presentada contra o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por unha muller que o acusaba de terlle ofrecido un posto de traballo no organismo provincial a cambio de manter relacións sexuais // En novembro subiu o paro en Galicia en Galicia en 3.066 persoas mentres baixou no resto de España en algo máis de 27 mil persoas. Ainda así, agora hai, na nosa comunidade, 23.400 desempregados menos que hai un ano. 02/12/15
Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para evitar os perxuízos que pode supor para o urbanismo e para os proxectos industriais a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Plan Xeral // O Fiscal arquiva a denuncia presentada contra o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por unha muller // En novembro subiu o paro en Galicia en Galicia en 3.066 persoas mentres baixou no resto de España en algo máis de 27 mil persoas. 02/12/15
As nubes que reapareceron nas últimas horas trouxeron de novo a chuvia á costa atlántica. Chuvias pouco importantes que se rexistraban ao comezo do día pero que desaparecen de cara a tarde. 02/12/15
Tres persoas da mesma familia faleceron esta mañanciña no incendio da súa casa na aldea de Ribeira, pertencente á parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba.Os falecidos son un matrimonio de máis de 80 anos e a súa filla duns 50 // Preocupación en Vigo tras a anulación do plan urbanístico por sentenza firme do Tribunal Supremo. O Alto tribunal estimou un recurso dunha asociación veciñal e declarao nulo, ao considerar inxustificado que o Plan Xeral de Vigo non se sometese a unha avaliación ambiental estratéxica // Presentan en Ourense as etapas da Volta a España que discorrerán pola provincia. A ronda ciclista arrancará o 20 de agosto cunha crono por equipos que sairá do balneario de Laias e rematará no Club Náutico de Castrelo de Miño. Outras tres etapas partirán da cidade de Ourense, Maceda e a Ribeira Sacra. 01/12/15
Tres persoas da mesma familia faleceron esta mañanciña no incendio da súa casa na aldea de Ribeira, pertencente á parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba. Os falecidos son un matrimonio de máis de 80 anos e a súa filla duns 50 // Preocupación en Vigo tras a anulación do plan urbanístico por sentenza firme do Tribunal Supremo. O Alto tribunal estimou un recurso dunha asociación veciñal e declarao nulo, ao considerar inxustificado que o Plan Xeral de Vigo non se sometese a unha avaliación ambiental estratéxica // Presentan en Ourense as etapas da Volta a España que discorrerán pola provincia. A ronda ciclista arrancará o 20 de agosto cunha crono por equipos que sairá do balneario de Laias e rematará no Club Náutico de Castrelo de Miño. Outras tres etapas partirán da cidade de Ourense, Maceda e a Ribeira Sacra. 01/12/15
Tres persoas da mesma familia faleceron esta mañanciña no incendio da súa casa na aldea de Ribeira, pertencente á parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba // Preocupación en Vigo tras a anulación do plan urbanístico por sentenza firme do Tribunal Supremo // Presentan en Ourense as etapas da Volta a España que discorrerán pola provincia. 01/12/15
As nubes van ir reaparecendo de cara a tarde despois dunha mañá de novo con xeadas e néboas en moitos puntos que foron deixando paso o sol. 01/12/15
Pasou a disposición do xulgado, en Pontrevedra, o home detido pola Garda Civil, logo de que se confesase autor da morte a navallazos do marido da súa ex-noiva. Os dous, agresor e vítima, eran veciños, na localidade de Ponte Caldelas e rexentaban negocios situados un ao carón do outro // A familia de Francisco Javier Romero Taboada pide que se faga xustiza, cando se cumpre un ano da súa morte, despois de sufrir unha brutal malleira e ser botado ao río Manzanares. Só un mozo que, no momento dos feitos, era menor, está imputado por homicidio aínda que hai outras 105 persoas procesadas por ter participado na liorta tumulturaria que rodeou á morte de Jimmi // A Muralla de Lugo conta dende hoxe cun ascensor que permite un mellor acceso ao seu adarve ás persoas con discapacidade ou ás familias con nenos pequenos. É un xeito de celebrar os quince anos do monumento coma patrimonio da humanidade. 30/11/15