O número que máis sorte repartiu este ano no sorteo de nadal en Galicia é o 89023, agraciado con un quinto premio e que deixou máis cinco millóns e medio de euros na localidade Pontevedresa de Sanxenxo // Na Coruña o quinto premio o 943 deixou no barrio dos Rosales 3 millóns de euros, 50 series. Foi un premio moi repatido porque se vendeu en pequenas participacións // O Bloque Nacionalista Galego cafica de malos e peores do que agardaban, os resultados obtidos pola candidatura Nos, da que formaba parte, nas pasadas eleccións xerais, nas que non obtivo representaciòn, logo de 20 anos de presenza do Bloque no Congreso dos deputados. 22/12/15
O número que máis sorte repartiu este ano no sorteo de nadal en Galicia é o 89023, agraciado con un quinto premio e que deixou máis cinco millóns e medio de euros na localidade Pontevedresa de Sanxenxo // Na Coruña o quinto premio o 943 deixou no barrio dos Rosales 3 millóns de euros // O Bloque Nacionalista Galego cafica de malos e peores do que agardaban, os resultados obtidos pola candidatura Nos. 22/12/15
Moitas nubes, aumentando pola tarde e con algunhas chuvias débiles máis probables na costa oeste. As temperaturas semellantes ás de onte. 22/12/15
O Partido Popular continúa coma forza máis votada en Galicia pero perde 5 escanos. En segundo lugar, por número de votos, sitúase En Marea que obtén seis deputados. Tamén seis conseguen os socialistas galegos aínda que perden cen mil votos. O BNG queda sen representación e Ciudadanos logra un escano pola Coruña. O Partido Popular destaca o feito de manterse coma primeira forza. Tamén que aquí logrou o 37 por cento dos votos, moi por riba da media de toda España. En Marea sinala que, por primeira vez, Galicia terá un grupo parlamentario en Madrid e asegura que o seu obxectivo serán, agora, as eleccións autonómicas. O Partido socialista galego amósase satisfeito con manter os seis escanos da última lexislatura, pese a perder votos, ciudadanos valora o diputado que logrou por A Coruña coma proba, din, de que o centrismo volta á escea política española e galega. 21/12/15
O Partido Popular continúa coma forza máis votada en Galicia pero perde 5 escanos. En segundo lugar, por número de votos, sitúase En Marea que obtén seis deputados. Tamén seis conseguen os socialistas galegos aínda que perden cen mil votos. O BNG queda sen representación e Ciudadanos logra un escano pola Coruña. O Partido Popular destaca o feito de manterse coma primeira forza. Tamén que aquí logrou o 37 por cento dos votos, moi por riba da media de toda España. En Marea sinala que, por primeira vez, Galicia terá un grupo parlamentario en Madrid e asegura que o seu obxectivo serán, agora, as eleccións autonómicas. O Partido socialista galego amósase satisfeito con manter os seis escanos da última lexislatura, pese a perder votos, ciudadanos valora o diputado que logrou por A Coruña coma proba, din, de que o centrismo volta á escea política española e galega. 21/12/15
O Partido Popular continúa coma forza máis votada en Galicia pero perde 5 escanos. En Marea sinala que, por primeira vez, Galicia terá un grupo parlamentario en Madrid e asegura que o seu obxectivo serán, agora, as eleccións autonómicas. O Partido socialista galego amósase satisfeito con manter os seis escanos da última lexislatura, pese a perder votos. 21/12/15
Despediremos o outono con algunas nubes baixas despois dunha mañá con algúns bancos de néboa. As temperaturas que comezaron a refrescar na fin de semana manteñense sen apenas cambios. 21/12/15
Últimas horas de campaña electoral. O domingo, a ornada contará cun dispositivo con máis de 7.000 axentes para garantir a normalidade nas mesas de votación. Poderemos votar dous millóns setecentos cinco mil galegos // Primeiro día de internamento neste centro de menores de Ourense para o rapaz de dezasete anos que agrediu a Mariano Rajoy nun paseo electoral polas rúas de Pontevedra. O xulgado de garda ordeou o seu internamento en réxime pechado durante seis meses tal como solicitou a fiscalía por atentando a autoridade // O Celta enfrontarase ao Cádiz, na próxima eliminatoria da Copa do Rei, logo do sorteo celebrado este mediodía, nun partido que se disputará o día de Reis. Pola súa banda ao Deportivo correspondeulle coma próximo rival, nese mesmo sorteo, o Mirandés. 18/12/15
Últimas horas de campaña electoral. O domingo, a xornada contará cun dispositivo con máis de 7.000 axentes para garantir a normalidade nas mesas de votación. Poderemos votar dous millóns setecentos cinco mil galegos // Primeiro día de internamento neste centro de menores de Ourense para o rapaz de dezasete anos que agrediu a Mariano Rajoy nun paseo electoral polas rúas de Pontevedra. O xulgado de garda ordeou o seu internamento en réxime pechado durante seis meses tal como solicitou a fiscalía por atentando a autoridade // O Celta enfrontarase ao Cádiz, na próxima eliminatoria da Copa do Rei, logo do sorteo celebrado este mediodía, nun partido que se disputará o día de Reis. Pola súa banda ao Deportivo correspondeulle coma próximo rival, nese mesmo sorteo, o Mirandés. 18/12/15
O domingo, a xornada contará cun dispositivo con máis de 7.000 axentes para garantir a normalidade nas mesas de votación // Primeiro día de internamento neste centro de menores de Ourense para o rapaz de dezasete anos que agrediu a Mariano Rajoy nun paseo electoral polas rúas de Pontevedra // O Celta enfrontarase ao Cádiz e o Deportivo ao Mirandés, na próxima eliminatoria de Copa do Rei. 18/12/15
As chuvias da mañá van ir remitindo de cara a tarde nun día no que o máis destacado será o vento que irá gañando intensidade ao longo da xornada na que mesmo se poden acaban rexistrando refachos fortes cara o final do día. 18/12/15
Esta tarde coñecerase a situación xudicial na que queda o mozo de 17 anos que foi detido, logo de agredir ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, cando realizaba un paseo electoral por Pontevedra. Esta mañá foi sometido a diversas probas xudiciais, máis longas do habitual, polo feito de ser menor // O tribunal de xustiza da Unión europea anulou a decisión da Comisión Europea de esixir a devoluciòn das axudas fiscais á construcciòn naval, o coñecido coma Tax Lease // A xunta aproba un plan para a rehabilitacion integral das 500 aldeas polas que pasan os 7 camiños de peregrinacion a Santiago. O ano proximo investiranse 3,5 millons de euros, ós que sumarán os aportados por empresas e entidades privadas. 17/12/15
Esta tarde coñecerase a situación xudicial na que queda o mozo de 17 anos que foi detido, logo de agredir ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, cando realizaba un paseo electoral por Pontevedra. Esta mañá foi sometido a diversas probas xudiciais, máis longas do habitual, polo feito de ser menor // O tribunal de xustiza da Unión europea anulou a decisión da Comisión Europea de esixir a devoluciòn das axudas fiscais á construcciòn naval, o coñecido coma Tax Lease // A xunta aproba un plan para a rehabilitacion integral das 500 aldeas polas que pasan os 7 camiños de peregrinacion a Santiago. O ano proximo investiranse 3,5 millons de euros, ós que sumarán os aportados por empresas e entidades privadas. 17/12/15
Esta tarde coñecerase a situación xudicial na que queda o mozo de 17 anos que foi detido, logo de agredir ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O tribunal de xustiza da Unión europea anulou a decisión da Comisión Europea de esixir a devoluciòn das axudas fiscais á construcciòn naval, o coñecido coma Tax Lease // A xunta aproba un plan para a rehabilitación integral das 500 aldeas polas que pasan os 7 camiños de peregrinacion a Santiago. 17/12/15
Entra unha nova fronte que trae chuvias que irán avanzando dende a costa ao interior ao longo do día. En todo o litoral atlántico está activa unha alerta amarela por ondas e ventos. 17/12/15
A Audiencia Provincial de Lugo considera que a Xuíza Pilar de Lara é competente para continuar coa instrucción do denominado Caso Garañón, no que figura coma imputado o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro // As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea que engloba ós productores, as cooperativas e as industrias do sector lácteo de toda España. Establecería un prezo fixo, mixto ou variable sometido a distintas referencias // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducciòn que pretendía a Comisión que, en especies coma a pescada acadaba o 60 por cento nos caladoiros cercanos. No Gran Sol aumentará a cota da pescada e rapante. Un acordo que foi acollido con moderada satisfacción polos armadores galegos. 16/12/15
As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea. Establecería un prezo fixo, mixto ou variable sometido a distintas referencias // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducciòn que pretendía a Comisión que, en especies coma a pescada acadaba o 60 por cento nos caladoiros cercanos. No Gran Sol aumentará a cota da pescada e rapante. Un acordo que foi acollido con moderada satisfacción polos armadores galegos // O Deportivo pasa a oitavos de final de Copa do Rei. En Riazor nun frouxo partido só conseguiron empatar a 1 co Llagostera grazas a un gol de Juan Domínguez. Superan esta fase grazas a vitoria que conseguiran no partido de ida. O venres no sorteo de Copa coñeran o seu próximo rival nesta competición. 16/12/15
As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducción que pretendía a Comisión // O Deportivo pasa a oitavos de final de Copa do Rei. 16/12/15
Segue a situación provocada polo aire cálido procedente de ÁFrica que fai que as temperaturas cheguen a superar hoxe os 20 graos hoxe en cidades coma A Coruña ou Vigo. 16/12/15
O Goberno trata de evitar os drásticos recortes que quere introducir a Comisión Europea nas capturas da flota española en especies coma a pescada ibérica, o peixe sapo e o rapante // Unha reducción que, no caso da pescada chega ao 60 por cento e que é considerada inadminisible por administración e armadores // O goberno galego solicitará a Unión Europea 100 millóns de euros para proxectos de cooperación transfonteiriza con Portugal.Unha cantidade semellante a que xa se investiu este ano na eurorexión Galicia Norte de Portugal // O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou hoxe na Audiencia Nacional coma testemuña, dentro da investigación aberta a raiz da detención dos integrantes de Causa Galiza pola súa presunta relación co grupo terrorista Resistencia Galega. No Bloque apóñenlle a esta citación intencionalidade política, por producirse en plena campaña electoral. 15/12/15