O Goberno trata de evitar os drásticos recortes que quere introducir a Comisión Europea nas capturas da flota española en especies coma a pescada ibérica, o peixe sapo e o rapante // O goberno galego solicitará a Unión Europea 100 millóns de euros para proxectos de cooperación transfonteiriza con Portugal // O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou hoxe na Audiencia Nacional coma testemuña. 15/12/15
A costa atlántica estará en alerta por ondas e ventos. Refachos fortes nun día no que os termómetros poden acadar os 20. 15/12/15
Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite. En Lugo varios centos de tractores continúan a rodear a muralla por quinto día. Este mediodía unha manifestación percorreu as rúas cidades reclamando que se cumpla o acordo de setembro para conseguir prezos rendibles // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago. O goberno galego asinou un convenio coas compañías suministradoras polo que aboará ata un máximo de 200 euros en dous meses, aos fogares afectados, sempre que dispoñan de rendas inferiores a 6.400 euros anuais // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. O filme é o terceiro con máis candidaturas, entre elas as de mellor actor, por Luis Tosar, e mellor dirección nobel, por Dani de la Torre. 14/12/15
Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite. En Lugo varios centos de tractores continúan a rodear a muralla por quinto día. Este mediodía unha manifestación percorreu as rúas cidades reclamando que se cumpla o acordo de setembro para conseguir prezos rendibles // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago. O goberno galego asinou un convenio coas compañías suministradoras polo que aboará ata un máximo de 200 euros en dous meses, aos fogares afectados, sempre que dispoñan de rendas inferiores a 6.400 euros anuais // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. O filme é o terceiro con máis candidaturas, entre elas as de mellor actor, por Luis Tosar, e mellor dirección nobel, por Dani de la Torre. 14/12/15
Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. 14/12/15
Comezamos semana con chuvias que serán persistentes sobre todo na costa atlántica onde tamén zoa con forza o vento sur. 14/12/15
A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido. Este é actualmente defensor do Secretario Xeral do PS de G- PSOE no sumario que investiga presuntas irregularidades, cando Besteiro era concelleiro de urbanismo en Lugo. A denuncia da xuíza prodúcese mentres a Audiencia decide sobre a competencia da maxistrada no caso Garañón, no que Gómez Besteiro figura coma imputado // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite.Na Coruña seguen a rodear un centro comercial tractores chegados dende varias comarcas e en Lugo, continuan rodeando a muralla // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona onde tratará de puntuar e o Celta recib ao Español co que tratará de sumar puntos para afianzar a súa cuarta posición na taboa. 11/12/15
A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido. Este é actualmente defensor do Secretario Xeral do PS de G- PSOE no sumario que investiga presuntas irregularidades, cando Besteiro era concelleiro de urbanismo en Lugo. A denuncia da xuíza prodúcese mentres a Audiencia decide sobre a competencia da maxistrada no caso Garañón, no que Gómez Besteiro figura coma imputado // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite.Na Coruña seguen a rodear un centro comercial tractores chegados dende varias comarcas e en Lugo, continuan rodeando a muralla // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona onde tratará de puntuar e o Celta recibe ao Español co que tratará de sumar puntos para afianzar a súa cuarta posición na taboa. 11/12/15
A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona e o Celta recibe ao Español. 11/12/15
O tempo seco e frío seguirá acompañandonos na meirande parte da fin de semana. O domingo empezará a mudar a situación coa chegada das chuvias pola tarde. 11/12/15
Volven os tractores a rúa, os gandeiros retoman hoxe as protestas porque seguen a reclamar prezos por riba dos custes de producción polo leite que venden as industrias. Din que, tralo acordo asinado a principios do outono para dar estabilidade ao sector, o leite é máis caro nos supermercados pero que eles seguen cobrando o mesmo ou pouco máis // A Xunta aprobou unha campaña de vacinacion a mulleres embarazadas. Comezará neste mes en todos os centros de saúde, coa recomendacion de vacinarse preferentemente nas semana 32 de xestacion. O consello tamén aprobou destinar 6 millons de euros pra facer unha nova estacion de autobuses en Santiago, integrada coa do ferrocarril // A dirección da planta de Citroen de Vigo plantexoulle ao Concello a súa preocupaciòn porque a anulación do Plan Xeral da cidade. O Alcalde, Abel caballero, estima que non haberá problema para a ampliación da factoría. 10/12/15
Volven os tractores a rúa, os gandeiros retoman hoxe as protestas porque seguen a reclamar prezos por riba dos custes de producción polo leite que venden as industrias. Din que, tralo acordo asinado a principios do outono para dar estabilidade ao sector, o leite é máis caro nos supermercados pero que eles seguen cobrando o mesmo ou pouco máis // A Xunta aprobou unha campaña de vacinacion a mulleres embarazadas. Comezará neste mes en todos os centros de saúde, coa recomendacion de vacinarse preferentemente nas semana 32 de xestacion. O consello tamén aprobou destinar 6 millons de euros pra facer unha nova estacion de autobuses en Santiago., integrada coa do ferrocarril // A dirección da planta de Citroen de Vigo plantexoulle ao Concello a súa preocupaciòn porque a anulación do Plan Xeral da cidade polo supremo non lle afecte á ampliación das instalaciòns para a fabricación do novo vehículo K-9. O Alcalde, Abel caballero, estima que non haberá problema. 10/12/15
Volven os tractores a rúa contra os baixos prezos do leite // A Xunta aprobou unha campaña de vacinacion a mulleres embarazadas // A dirección da planta de Citroen de Vigo plantexoulle ao Concello a súa preocupaciòn porque a anulación do Plan Xeral da cidade. 10/12/15
Seguimos baixo a influencia das altas presións aínda que hoxe con bastantes nubes de tipo medio e alto que tenden a diminuir pola noite. 10/12/15
Un home xulgado hoxe na Audiencia Provincial da Coruña recoñeceu ter intentado queimar a casa da que fora a súa parella mentres ela e seus pais durmían. Está acusado, ademais de tela intimidado con chamadas telefónicas e mesmo de tela atacado, armado cunha pistola que resultou ser de xoguete, cando a vítima ía conducindo // Aprobado o orzamento de Vigo para o ano que vén, cos únicos votos do grupo socialista. O Goberno Municipal cré que a anulación do plan xeral por unha sentenza do Tribunal Supremo non terá influencia nos ingresos do concello por mor da diminuciòn dos impostos a terreos que eran urbanizables e agora volven ser rústicos // O servizo de emerxencias, o 112, pón en marcha o uso dun xeolocalizador que permite atopar aos donos dos teléfonos móbiles nos que está instalado, grazas a aplicacións coma Alpifay que se pode descargar de xeito gratuito. 09/12/15
Un home xulgado hoxe na Audiencia Provincial da Coruña recoñeceu ter intentado queimar a casa da que fora a súa parella mentres ela e seus pais durmían // Aprobado o orzamento de Vigo para o ano que vén, cos únicos votos do grupo socialista // O servizo de emerxencias, o 112, pón en marcha o uso dun xeolocalizador que permite atopar aos donos dos teléfonos móbiles nos que está instalado. 09/12/15
Últimas horas de descanso para as persoas que puideron disfrutar da ponte. As desta tarde agárdase que sexan horas de moito tránsito ante as que compre extremar a precaución xa que se prevé que se produzan boa parte dos máis de medio millón de desprazamentos previstos por tráfico // Preocupación en Santiago polo aumento dos roubos en vivendas no entorno norte da cidade. Duas bandas de ladróns estarían detrás dos asaltos a varias casas nos últimos días. Entre os inmobles que foron desvalixados están os de dous policías e un garda civil residentes na capital galega // E de Asia procede un insecto que pode ser o responsable de que se reduza e moito a producción de castaña ou madeira de castaño nos próximos anos. Poden ser algunhas das consecuencias da avespiña do castiñeiro, un pequeno e exótico insecto que foi localizado por unha investigadora do Campus de Lugo. 08/12/15
Últimas horas de descanso para as persoas que puideron disfrutar da ponte // Preocupación en Santiago polo aumento dos roubos a vivendas no entorno norte da cidade // De Asia procede un insecto que pode ser o responsable de que se reduza e moito a producción de castaña ou madeira de castaño nos próximos anos. 08/12/15
Nas próximas horas irán remitindo as chuvias tralo paso dunha fronte. Este festivo estará marcado por nubes e claros e algún chubasco illado. 08/12/15
Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia e pola gran colonia galega residente naquel país // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública que xestiona 6 millóns de euros anuais. Un cargo para o que tamén recibiu o apoio do Partido Popular e para o que contou coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas na institución provincial // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. Miguel tén 23 anos, estudou quiromaxe e esta temporada axuda ao fisioterapeuta do clube, pendente do estado físico de todos os xogadores. 07/12/15