Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia amosa hoxe, na feira de Fitur, en Madrid, os éxitos dun sector que medrou, o ano pasado, o 12 por cento, chegando aos 4 millóns seiscentos mil viaxeiros, case un millón e pico deles estranxeiros // Máis dun milleiro de colexios foron controlados polas forzas de seguridade, no primeiro trimestre deste curso, en evitación de problemas coma os causados polo tráfico de estupefacientes. O control do uso das novas tecnoloxías para evitar o acoso escolar figura entre as medidas máis demandadas por pais e profesores // Celta viaxa a Madrid para xogar mañá contra o Rayo en Vallecas e o Depor centrado na Liga recibe en Riazor aoValencia. 22/01/16

Galicia amosa hoxe, na feira de Fitur, en Madrid, os éxitos dun sector que medrou, o ano pasado, o 12 por cento, chegando aos 4 millóns seiscentos mil viaxeiros, case un millón e pico deles estranxeiros // Máis dun milleiro de colexios foron controlados polas forzas de seguridade, no primeiro trimestre deste curso, en evitación de problemas coma os causados polo tráfico de estupefacientes. O control do uso das novas tecnoloxías para evitar o acoso escolar figura entre as medidas máis demandadas por pais e profesores // O Celta viaxa a Madrid para xogar mañá contra o Rayo en Vallecas con ausencias importantes. Berizzo reserva para a eliminatoria de Copa a Aspas e Wass e convoca a tres xogadores do filial. O Depor centrado na Liga recibe en Riazor a un Valencia que fixo dunha discreta primeira volta do campionato e está catro puntos por baixo dos coruñeses na clasificación. 22/01/16

Galicia amosa hoxe, na feira de Fitur, en Madrid, os éxitos dun sector que medrou, o ano pasado, o 12 por cento, chegando aos 4 millóns seiscentos mil viaxeiros // Máis dun milleiro de colexios foron controlados polas forzas de seguridade, no primeiro trimestre deste curso // O Celta viaxa a Madrid para xogar mañá contra o Rayo en Vallecas e o Depor centrado na Liga recibe en Riazor aoValencia. 22/01/16

A Xunta convocará este ano 800 prazas de emprego público na sanidade. O Consello tamén destinou 8 millóns de euros a un plan de promoción da eficiencia enerxética nas vivendas e decidiu crear bancos de leite materno nos hospitais de Vigo e Santiago // A facturación do sector servizos aumentou un 8% o ano pasado en Galicia, concretamente entre os meses de novembro do 2014 e novembro pasado. Mellorou tamén o emprego nese sector , no que aumentou o 1, 2% // Efectivos das policías Nacional e Local intensificaron esta mañá a vixilancia no Mercado ambulante de Salgueiriños, en Santiago, co fin de evitar que se reproduciran os enfrontramentos da pasada fin de semana entre dúas familias xitanas, nos que houbera disparos ao aire e que se saldaran cun ferido e tres detidos. 21/01/16

A Xunta convocará este ano 800 prazas de emprego público na sanidade. O Consello tamén destinou 8 millóns de euros a un plan de promoción da eficiencia enerxética nas vivendas e decidiu crear bancos de leite materno nos hospitais de Vigo e Santiago // A facturación do sector servizos aumentou un 8% o ano pasado en Galicia, concretamente entre os meses de novembro do 2014 e novembro pasado. Mellorou tamén o emprego nese sector, no que aumentou o 1, 2% // Efectivos das policías Nacional e Local intensificaron esta mañá a vixilancia no Mercado ambulante de Salgueiriños, en Santiago, co fin de evitar que se reproduciran os enfrontramentos da pasada fin de semana entre dúas familias xitanas, nos que houbera disparos ao aire e que se saldaran cun ferido e tres detidos. 21/01/16

A Xunta convocará este ano 800 prazas de emprego público na sanidade // A facturación do sector servizos aumentou un 8% o ano pasado en Galicia, concretamente entre os meses de novembro do 2014 e novembro pasado // Efectivos das policías Nacional e Local intensificaron esta mañá a vixilancia no Mercado ambulante de Salgueiriños, en Santiago, para evitar enfrontamentos entre clans xitanos. 21/01/16

Nubes e aumento das temperaturas. As máximas chegan hoxe os quince graos en moitos puntos e ata 17 se prevén en localidades coma Viveiro ou Monforte en Lugo. 21/01/16

A Portavoz de En Marea Alexandra Fernández foi recibida este mediodía polo Rei Don Felipe. É a séptima representante das listas que obtiveron representacións, nas pasadas eleccións, que é consultada polo Xefe do Estado ao que lle amosou a disposición do grupo galego a participar nun executivo presidido polo lider do PSOE, Pedro Sánchez // O Presidente da Xunta confirmou en Ferrol que o contrato para a construcción de cinco corbetas para Arabia Saudí nos estaleiros de Navantia está só pendente da súa firma. Díxoo durante a visita aos traballos para a fabricación das estructuras para o primeiro parque eólico flotante do mundo que se constrúen no estaleiro ferrolán, con destino a Escocia // Galicia perdeu máis de 16 mil habitantes durante o 2014. A poboación total da comunidade situouse o un de xaneiro de 2015 en dous millóns setecentos trinta e dous mil habitantes. 20/01/16

A Portavoz de En Marea Alexandra Fernández foi recibida este mediodía polo Rei Don Felipe. É a séptima representante das listas que obtiveron representacións, nas pasadas eleccións, que é consultada polo Xefe do Estado ao que lle amosou a disposición do grupo galego a participar nun executivo presidido polo lider do PSOE, Pedro Sánchez // O Presidente da Xunta confirmou en Ferrol que o contrato para a construcción de 5 corbetas para Arabia Saudí nos estaleiros de Navantia está só pendente da súa firma. Díxoo durante a visita aos traballos para a fabricación das estructuras para o primeiro parque eólico flotante do mundo que se constrúen no estaleiro ferrolán // Galicia está presente cunha variada oferta na feira do turismo Fitur, inaugurada hoxe en Madrid, pola Raíña Dona Letizia. A gastronomía, os espazos naturais, os cascos históricos e cidades e os ambientes mariñeiros nun stand no que tamén se destacan as ferramentas de acceso á información ligadas ás novas tecnoloxías. 20/01/16

A Portavoz de En Marea Alexandra Fernández foi recibida este mediodía polo Rei Don Felipe // O Presidente da Xunta confirmou en Ferrol que o contrato para a construcción de cinco corbetas para Arabia Saudí nos estaleiros de Navantia está só pendente da súa firma // Galicia está presente cunha variada oferta na feira do turismo Fitur, inaugurada hoxe en Madrid, pola Raíña Dona Letizia. 20/01/16

Seguirán os ceos con nubosidade variable e ventos do suroeste, que aportan humidade e que mesmo poden deixar algunhas precipitacións nas comarcas do Sur, próximas ao Atlántico. 20/01/16

Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde // A elección dun novo presidente da patronal galega non rematou cos enfrontamentos internos na Confederación de Empresarios. José Manuel Pérez Canal , o aspirante perdedor,,sosten que no proceso houbo déficit democrático e acusa ao gañador, Dieter Moure, de ser un "home de palla" do ex presidente Fontenla. Acusacións que rexeita o novo mandatario // O Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 250 quilos de alimentos que foron levados ata alí polo xeneral xefe desta circunscripcíón militar. 19/01/16

Os armadores do cerco asociados en ACERGA viven os últimos días de acampaña diante da Xunta, en San Caetano, en demanda dun reparto distinto das cotas de captura. Decidiron voltar ao mar, a partir do lúns que vén. Unha decisión adoptada logo de que a Consellería lles garantise uns topes mínimos de capturas de 10 ou 20 mil quilos, dependendo do tamaño dos barcos // Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde. Anuncian que, se a mesa do Congreso rexeita a súa pretición, por considerar que non se axusta ao regulamento, recurrirán á vía xudicial // Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 250 quilos de alimentos que foron levados ata alí polo xeneral xefe desta circunscripcíón militar. 19/01/16

Os armadores do cerco asociados en ACERGA viven os últimos días de acampaña diante da Xunta, en San Caetano, en demanda dun reparto distinto das cotas de captura // Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde // O Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 19/01/16

Achégase unha borrasca que foi cubrindo de novo o ceo máis nubes neste martes que de cara a tarde van ir deixando chuvia comezando polo litoral atlántico e que de cara a noite poden caer en calquera punto do país. 19/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os armadores do cerco voltarán faenar o luns que vén e , na proxima fin de semana, abandonarán o campamento que manteñen dende hai case tres meses diante da sede da Xunta en demanda dun reparto distinto das cotas de pesca // O Tribunal Supremo reduciu, de novo, a condena imosta ao ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. Acaba deixala en oito anos e dous meses, despois de reducir xa, nunha sentencia anterior, a de dez anos que lle impuxera a Audiencia da Coruña. 18/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas. A ministra de fomento en funcións Ana Pastor anunciou hoxe, na Coruña que a tripulación do Helimer que resctou aos mariñeiros do Novo Jundiña, será proposta para recibir a medalla ao mérito civil // Os militantes de Podemos Galicia terán que decidir sobre o novo responsable de Organización, logo de que o Secretario Xeral, Breogán Riobóo o destituíra a el e a outros tres membros da dirección // Continúa a investigación da morte do cura de Vilanova dos Infantes en Celanova despois de que esta fin de semana foran detidos dous homes croatas, tío e sobriño en relación co caso. Quedaron en liberdade con cargos e terán que comparecer cada quince días nos xulgado. 18/01/16

Salvamento Marítimo rescatou a máis de 15 mil persoas o ano pasado, case mil delas foron auxiliadas nas costas galegas // Os militantes de Podemos Galicia terán que decidir sobre o novo responsable de Organización, logo de que o Secretario Xeral, Breogán Riobóo o destituíra a el e a outros tres membros da dirección // Continúa a investigación da morte do cura de Vilanova dos Infantes en Celanova despois de que esta fin de semana foran detidos dous homes croatas en relación co caso. 18/01/16

Soben as temperaturas nun día de ceos grises pero sen apenas precipitacións. Durante a tarde tenden a remitir as chuvias débiles que rexistraron a primeiras horas. 18/01/16