Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A situación mellorou considerablemente, nas últimas horas, no tocante aos incendios forestais // A policía autonómica investiga a aparición de candeas noutro incendio en Ourense, en Padrenda // Este martes, 16 de agosto, aínda segue a ser festivo para moitos porque se celebra San Roque. Patrón de moitas vilas galegas. 16/08/16

Segue a loita contra os incendios. Os tres máis importantes que seguen sen control levan queimadas máis de 3 mil hectáreas, nos últimos días, pese aos esforzos dos equipos de extinción. Incluídos os militares e os medios aéros enviados, de reforzo, polo Ministerio para apoiar os locais e os da comunidade autónoma. A Garda Civil detivo a unha muller do concello coruñés de Cerceda á que lle imputan ser a autora de 15 incendios forestais. E a Xunta axilizará os pagos aos afectados // E O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo dixo que a xunta porá en marcha, este mesmo mes, os créditos e procedementos necesarios para indemnizar ás persoas que sofriran danos por mor dos incendios destes días // Podemos e En Marea acudirán previsiblemente por separado ás eleccións autonómicas do 25 de setembro. Luis Villares, o candidato as primarias de En Marea á presidencia da Xunta confirmou nun tuit que as negociacións con Podemos foron cordiais pero que non houbo acordo. 12/08/16

Segue a loita contra os incendios. Os tres máis importantes que seguen sen control levan queimadas máis de 3 mil hectáreas, nos últimos días, pese aos esforzos dos equipos de extinción. A Garda Civil detivo a unha muller do concello coruñés de Cerceda á que lle imputan ser a autora de 15 incendios forestais // Podemos e En Marea acudirán previsiblemente por separado ás eleccións autonómicas do 25 de setembro. 12/08/16

O vento do sur fará que hoxe siga a suba das temperaturas. As máximas mesmo superarán os 30 graos na metade norte, en cidades, coma A Coruña, Santiago e Lugo. 12/08/16

Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. Durante a mañá continuou activada a situación de alerta en puntos de Santiago, Porto do Son, Cee e Avión, por mor de lumes xa iniciados onte. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son. o incendio declarado no concello pontevedrés de Arbo activo dende onte pola noite tamén desplazaron unha brigada // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea no penúltimo día que teñen as dúas formacións para inscribirse como coalición se finalmente concurren xuntas ás eleccións do 25 de setembro. 11/08/16

Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea. 11/08/16

Ceos despexados en toda Galicia despois dunha mañá só con algunhas nubes baixa a primeira hora no terzo norte. Un día que estará marcado pola entrada dunha masa de aire cálido dende o sur. 11/08/16

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas. Nesta ocasión no límite entre os concellos de Soutomaior e Redondela. En Ventosela, en Redondela, houbo que desaloxar a 20 nenos que estaban nun centro de Aldeas Infantiles, foron evacuados e pasaron a noite na Base da Brilat, no cuartel de Figueirido // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas. Os equipos loitan agora para extinguilo, despois de que leve queimadas 365 hectáreas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. O dispositivo tiña unha lata no medio e cóidase que, de ter prendido lume, provocaría un importante incendio. 10/08/16

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. 10/08/16

O ceo segue prácticamente despexado en toda Galicia salvo no norte das provincias da Coruña e Lugo onde pode caer algún orballo. As temperaturas que refrescaron sobre todo na tarde de onte continuarán sen apenas cambios ou algo máis baixas. 10/08/16

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas. Nos 3 que se declararon na provincia de Pontevedra houbo mesmo que activar o nivel dous de alerta pola proximidade do lume ás casas // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona. Buitrón é partidario de integrarse en En Marea, mentres a tese do partido mantén a opción de formalizar unha candidatura independente e negociar despois unha coalición // Edificios e lugares emblemáticos da Coruña teñén estes días uns paseantes moi especiais. Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic "Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas segundo os últimos datos ofrecidos pola Xunta // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona // Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic " Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Unha fronte pouco activa que entra polo norte fará que se retire a masa de aire cálido dos últimos días e iso axudará a que as temperaturas máximas baixen sobre todo cara o final do día. 09/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto. Os datos aportados polas enquisas, segundo os que podería darse un empate entre o PP e a suma de todos os grupos da oposición de esquerdas non fán máis que avivar o enfrontamento // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro. Unhas declaracións realizadas esta mañá logo de que os representantes de En Marea lle deran á formación morada un prazo de 48 horas para integrarse ou presentarse por separado neses comicios // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. O voceiro de Anova de 80 anos e con máis de 40 na política dí que está cumprido, ao tempo que nesta rede social dá o seu aval ao candidato á Xunta de En Marea, Luis Villares. 08/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. 08/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea. Villares de 37 anos, lucense e xuíz de profesión, renunciou ao seu posto de maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza, antes de presentar a candidatura // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia. Tamén animou ao Partido Popular a buscar unha maioría estable para evitar que en Galicia se reproduzan o que calificou de irresponsabilidade política e infantilismo que se están a vivir, dixo, na política española e nas negociacións para formar goberno // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. E unha aplicación dentro da páxina do Instituto de Estudios do Territorio e empeza a funcionar hoxe, posta en marcha pola Xunta e quere ser un instrumento para coñecer, divulgar e protexer mellor as nosas paisaxes. 05/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea. Villares de 37 anos, lucense e xuíz de profesión, renunciou ao seu posto de maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza, antes de presentar a candidatura // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia. Tamén animou ao Partido Popular a buscar unha maioría estable para evitar que en Galicia se reproduzan o que calificou de irresponsabilidade política e infantilismo que se están a vivir, dixo, na política española e nas negociacións para formar goberno // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. E unha aplicación dentro da páxina do Instituto de Estudios do Territorio e empeza a funcionar hoxe, posta en marcha pola Xunta e quere ser un instrumento para coñecer, divulgar e protexer mellor as nosas paisaxes. 05/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. 05/08/16