Os alumnos de secundaria e bacharelato empezan hoxe o curso. 14/09/16 Son os últimos en voltar ás aulas, logo de que xa o fixeran os de primaria e na universidade. Regresan ás aulas dos institutos mais de 146 mil alumnos, dos que 14 mil son adultos que estudan de xeito semipresencial ou a distancia // A Xunta aprobou o plan que permite axeitar o parque empresarial de Vigo onde está Citroen ás necesidades desta empresa. É un dos acordos do consello desta mañá. O plan aprobado facilita facer cambios no parque empresarial de Balaidos para atender as necesiades de Citroen e das industrias auxiliares da automocion // A Garda Civil detivo na provincia de Pontevedra seis presuntos integrantes dunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos de luxo, que posteriormente eran vendidos no Norte de África. Foran roubados en Bélxica, Portugal, Francia e, principalmente, Italia. 15/09/16
Os alumnos de secundaria e bacharelato empezan hoxe o curso. Son os últimos en voltar ás aulas, logo de que xa o fixeran os de primaria e na universidade // A Xunta aprobou o plan que permite axeitar o parque empresarial de Vigo onde está Citroen ás necesidades desta empresa // A Garda Civil detivo na provincia de Pontevedra seis presuntos integrantes dunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos de luxo. 15/09/16
Seguimos con ceos anubrados e tempo típico do outono. 15/09/16
O pai e a irmá pequena de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal hai máis de tres semanas, volveron hoxe a Galicia, dentro do proceso paralelo pola custodia da irmá pequena. O avogado da nai desmentiu que a proxenitora figure coma sospeitosa da desapariciòn da moza // A cabeza tractora do tren Celta que descarrilou o pasado venres, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos, segue ao carón da vía, nesta localidade pontevedresa, á espera de que os peritos que investigan o accidente analicen se houbo algún fallo técnico // O avogado da familia de Tatiana Vázquez, a moza asasinada de 50 coiteladas, asegura que hai probas concluintes de que foi un crime premeditado e que o acusado foi gravado por cámaras de seguridade ocultando un obxecto que podería ser o coitelo do crime. 14/09/16

O pai e a irmá pequena de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal hai máis de tres semanas, volveron hoxe a Galicia // A cabeza tractora do tren Celta que descarrilou o pasado venres, no Porriño, causando 4 mortos e case medio cento de feridos, segue ao carón da vía // O avogado da familia de Tatiana Vázquez, a moza asasinada de 50 coiteladas, asegura que hai probas concluintes de que foi un crime premeditado. 14/09/16
Esta tarde activarase unha alerta amarela na Mariña de Lugo por vento forte nun día no que continuamos con tempo inestable e ceos moi cubertos que poden deixar chuvascos e treboadas. 14/09/16
A caixa negra do tren que descarrilou o pasado venres no Porriño, causando 4 mortos e 48 feridos, revela que o convoi ía a unha velocidade excesiva cando sucedeu o accidente. Circulaba a 118 km/h, cando tiña que ter reducido a 30 km/h, xa que fora desviado a unha vía secundaria por mor de obras na principal // O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación da orde de axudas destinadas a paliar os danos dos xabaríns. Esta modificación contempla agora como beneficiarios non só aos agricultores censados no rexistro de actividades agrarias, senón tamén aos propietarios de fincas destinadas ao autoconsumo // A chuvia caída nas últimas horas axudou no control dunha decea de lumes declarados onte na provincia de Ourense. Arestora non hai ningún activo, seis quedaron controlados e outros tres xa foron extinguidos en Sandiás, Xunqueira de Ambía e Manzaneda. 13/09/16

A caixa negra do tren que descarrilou o pasado venres no Porriño, causando 4 mortos e 48 feridos, revela que o convoi ía a unha velocidade excesiva cando sucedeu o accidente // O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha modificación da orde de axudas destinadas a paliar os danos dos xabaríns // A chuvia caída nas últimas horas axudou no control dunha decea de lumes declarados onte na provincia de Ourense. 13/09/16
Ata media tarde está previsto que siga chovendo en toda Galicia. Chuvias que deixaron máis de 40 litros por metro cadrado en moitos puntos nas últimas horas. 13/09/16
Cambia o tempo. Despois dun verán seco e caluroso, as nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día empezando polo oeste da comunidade. Chuvias intensas que se prevén para esta noite na que estára activa unha alerta amarela nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra // Este luns 12 de setembro é tamén o día de volta ao cole para os máis pequenos. Máis de 200 mil nenos de infantil e primaria volveron hoxe ás aulas despois das longas vacacións de verán. Este ano serán menos sobre todo en infantil, onde hai matriculados máis 60 mil nenos // O xulgado aínda non autorizou o traslado dos restos da cabeza tractora do tren que descarrilou no Porriño, causándolles a morte a catro persoas. Nove feridos seguen aínda hospitalizados e mañá empezaranse a recuperar os datos técnicos da caixa negra do tren, tratando de averiguar as causas do sinistro. 12/09/16

Cambia o tempo. Despois dun verán seco e caluroso, as nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día // Este luns 12 de setembro é tamén o día de volta ao cole para os máis pequenos. Máis de 200 mil nenos de infantil e primaria volveron hoxe ás aulas despois das longas vacacións de verán // O xulgado aínda non autorizou o traslado dos restos da cabeza tractora do tren que descarrilou no Porriño, causándolles a morte a catro persoas. 12/09/16
As nubes van ir cubrindo toda Galicia segundo se vai achegando unha fronte activa que deixará chuvascos cara o final do día empezando polo oeste da comunidade. 12/09/16
Catro persoas resultaron mortas e 47 feridas no sinistro ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, ao descarrilar o tren de Convoios de Portugal. Un dos falecidos é o maquinista do tren, de nacionalidade portuguesa // A Garda Civil realiza hoxe unha batida entre Rianzo e Boiro, no fondo da Ría de Arousa, en busca de indicios sobre a presenza de Diana Quer. Explicouno o Director xeral do Corpo, Arsenio Fernández de Mesa que esta mañá se reuniu, en Noia, con mandos e co equipo de investigadores que dirixe as pescudas para dar co paradoiro desta moza, desaparecida dende o pasado día 22, na Pobra do Caramiñal. 09/09/16
Catro persoas resultaron mortas e 47 feridas no sinistro ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, ao descarrilar o tren de Convoios de Portugal // A Garda Civil realiza hoxe unha batida entre Rianzo e Boiro, no fondo da Ría de Arousa, en busca de indicios sobre a presenza de Diana Quer // Desactivada a situación de alerta dous no incendio do municipio ourensán de Entrimo onde o lume xa non supón perigo para as vivendas. 09/09/16
Tempo seco e soleado, con ceos pouco anubrados, e cuns pequenos cambios nas temperaturas: as mínimas baixan algo, pero as máximas soben, 1 ou 2 graos. 09/09/16
O Partido Popular repetiria maioría absoluta no Parlamento Galego, se as eleccións se celebrasen agora. Segundo a enquisa do Cis, o PP teria 40 ou 41 deputados, En Marea, entre 15 e 17, e os socialistas 16, 2 menos que agora. O BNG teria dous, lonxe dos 7 actuais, e Ciudadanos podería ter 1 ou ningun // A Xunta preve que a economia galega creza un 3% o ano proximo, medio punto mais do inicialmente calculado. Tamen que o paro baixe en 1 punto // Son 6.000 as hectareas queimadas en Galicia nas ultimas 48 horas; 5.000 hectareas corresponden a Ourense. A situación mellorou hoxe no Concello de Entrimo, onde arderon 2.500 hectareas e con alerta por proximidade do lume ás casas. 08/09/16