Equipos de protección civil de toda a comarca do Barbanza continuaron esta mañá o rastrexo do entorno da casa onde pasa as vacacións a moza madrileña de 18 anos desaparecida // Hoxe empeza a funcionar, no Hospital Lucus Augusti, de Lugo o novo servizo de Medicina Nuclear // A quinta etapa da Volta a España chega hoxe a Lugo nun percorrido propicio para os homes rápidos do pelotón. 24/08/16
As nubes cubren boa parte de Galicia nun día sen moitos cambios nas temperaturas. Poden caer algúns chubascos por treboadas en Ourense e na montaña de Lugo. 24/08/16
Seguimos en alerta por calor no interior de Galicia, no sur de Lugo e Ourense onde poden de novo superar os 36 graos de máxima. Marcas que xa rebasaron na pasada tarde, no interior ourensán con temperaturas por riba dos 40 graos. En Leiro, a máxima acadou a pasada xornada os 41.4 graos // Segue a contestación interna no Partido Socialista de Pontevedra e Ourense, logo de que a dirección galega presentase ante as xuntas electorais as candidaturas con cambios respecto ás que saíran das agrupacións locais. O candidato, fernández Leiceaga confía en que a formación manteña a unidade // Na Pobra do Caramiñal buscan a unha moza de 18 anos que está desaparecida dende o pasado domingo. É unha xoven modelo de Madrid que veranea nesta localidade coruñesa, morena e moi alta, mide metro setenta e cinco. 23/08/16

Seguimos en alerta por calor no interior de Galicia, no sur de Lugo e Ourense onde poden de novo superar os 36 graos de máxima // Segue a contestación interna no Partido Socialista de Pontevedra e Ourense, logo de que a dirección galega presentase ante as xuntas electorais as candidaturas con cambios respecto ás que saíran das agrupacións locais // Na Pobra do Caramiñal buscan a unha moza de 18 anos que está desaparecida dende o pasado domingo. 23/08/16
A calor dará hoxe un respiro polo norte e na costa atlántica onde baixan algo as temperaturas. 23/08/16
A semana empeza con moita calor. Os termómetros superan os 35 graos, na metade sur, e mesmo hai zonas onde se decretou a alerta amarela por esas altas temperaturas que, na provincia de Pontevedra andan entre os 36 e os 39 graos e, na de Ourense rozan os 37 // O Presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo defendeu, no acto de presentaciòn pública das listas electorais da formación a súa oferta de estabilidade fronte aos que, dixo, só ofrecen botalo a el do executivo // A dirección provincial do PSOE en Pontevedra e Ourense recorren á dirección federal do partido ás listas electorais destas provincias na que finalmente se incluiron os cambios defendidos pola xestora e o candidato á presidencia da Xunta, Fernández Leiceaga. 22/08/16

A semana empeza con moita calor. Os termómetros superan os 35 graos, na metade sur // O Presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo defendeu a estabilidade fronte aos que, dixo, só ofrecen botalo a el do executivo // A dirección provincial do PSOE en Pontevedra e Ourense recorren á dirección federal do partido ás listas electorais. 22/08/16
Unha masa de aire quente do sur fará que durante o día se active a alerta amarela no interior, por temperaturas que poden oscilar entre os 34ºc na provincia da Coruña e os 37 no sur de Lugo e Ourense. 22/08/16
As listas electorais do Partido Popular inclúen a todos os conselleiros en postos que, a priori, teñen garantida a elección coma membros da futura cámara autonómica. Unhas listas que foron aprobadas hoxe polo Comité Electoral e nas que tamén figura en postos altos o secretario xeral, Miguel Tellado, o portavoz parlamentario, Pedro Puy, e as senadoras Paula Prado e Sandra Vázquez // O candidado socialista Fernández Leiceaga, calificou de renovadoras as listas electorais da súa formación, aprobadas pola Dirección Federal e que inclúen en postos altos a aspirantes coma a exportavoz parlamentaria, Patricia Vilán e o membro do sector crítico en Vigo, Gonzalo Caballero, que non figuraban nas listas enviadas dende a provincia pero considerados da confianza do candidato e da xestora galega // Nas próximas horas darase a coñecer o resultado das primarias realizadas por Podemos e En Marea para elexir aos membros da listas electorais desta coalición. 18/08/16
Unha fronte fría atravesa Galicia hoxe por mor da borrasca situada ao oeste de Irlanda. 18/08/16
As listas electorais do Partido Popular inclúen a todos os conselleiros en postos que, a priori, teñen garantida a elección coma membros da futura cámara autonómica // O candidado socialista Fernández Leiceaga, calificou de renovadoras as listas electorais da súa formación // Nas próximas horas darase a coñecer o resultado das primarias realizadas por Podemos e En Marea para elexir aos membros da listas electorais desta coalición. 18/08/16
Denuncias nos xulgados contra a integración dos militantes galegos de Podemos nas primarias para elexir as candidaturas de En Marea para as eleccións galegas. Unha polo contencioso administrativo, presentada na Coruña, contra a anulación das candidaturas propias de podemos e outra, unha demanda, iniciada en Vigo, por presunta cesión ilegal de datos, cando os inscritos de podemos votan, nesas primarias // Hoxe cúmplense seis anos da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias. Un caso arquivado xudicialmente por falta de probas e no que a familia da muller pelexa porque se siga investigando // En Betanzos seguen de festa hoxe con milleiros de persoas participando na primeira xira dos Caneiros. Unha festa na que 150 de embarcacións percorren o río Mandeo e moitos outros a pé desprazan ata o campo da festa onde acaban comendo e sobre todo bebendo. Un cento de persoas vixiará para previr que se produzan incidentes durante esta romería centenaria. 18/08/16
Denuncias nos xulgados contra a integración dos militantes galegos de Podemos nas primarias para elexir as candidaturas de En Marea para as eleccións galegas // Hoxe cúmplense seis anos da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias // En Betanzos seguen de festa hoxe con milleiros de persoas participando na primeira xira dos Caneiros. 18/08/16
Volve a lucir o sol en toda Galicia antes da chegada dunha nova fronte de cara últimas horas do día nas que se notará un aumento da nubosidade polo oeste e xa de madrugada os pronósticos anuncian chuvias en toda a comunidade, máis débiles polo interior. 18/08/16
Chegou a choiva e parece que vai ir a mais. A fronte que acaba de pasar só trouxo alguns orballos ás zonas da Coruña e Pontevedra próximas ao atlántico e, detrás, só queda aire fresco que chegou con el, pero, mañá pola noite e mais o venres as precipitaciòns poden ser máis intensas e xeralizadas // As tronadas do pasado luns causaron graves danos na Ribeira Sacra. A afectada é unha pequena zona do concello de Sober, nas escarpadas pendentes sobre o río sil. Alí, mais dun cento de viticultores viron como a sarabia lles estragaba os seus viñedos e arruinaba, case na súa totalidade, a colleita deste ano // Cangas preparase para recibir mañá a Teresa Portela despois de conseguir nos xogos de Río o seu quinto diploma olímpico ao quedar sexta na final do K1 200 metros // A que segue pelexando por conquistar outro outro olímpico é a ourensá Támara Echegoyen, líder con Berta Betanzos na forinainer coa que disputa mañá a medal race. 17/08/16
Chegou a choiva e parece que vai ir a mais // As tronadas do pasado luns causaron graves danos na Ribeira Sacra // Cangas preparase para recibir mañá a Teresa Portela despois de conseguir nos xogos de Río o seu quinto diploma olímpico ao quedar sexta na final do K1 200 metros. 17/08/16
A fronte pouco activa que deixou algunhas chuvias débiles e dispersas durante a mañá vai ir avanzando dende a costa cara o interior. Tenden a desaparecer nunha tarde de nubes e claros. As temperaturas seguen a baixar. As máximas oscilarán entre os 20 graos de Vigo e os 28 de Ourense. 17/08/16
A situación mellorou considerablemente, nas últimas horas, no tocante aos incendios forestais. Ao longo desta mañá, os equipos de extinciòn centráronse, sobre todo na provincia de ourense en dous lumes xa estabilizados ou controlados, o de Melón, na parroquia de quins, onde arderon algo máis de cen hectáreas e o de Navea, en Trives, onde se queimaron case duascentas // A policía autonómica investiga a aparición de candeas noutro incendio en Ourense, en Padrenda. No que levamos de ano xa detiveron a máis 40 persoas presuntamente por ter provocado lumes, unha das últimas a muller de Cerceda que está en prisión provisional sen fianza dende a pasada fin de semana // Este martes, 16 de agosto, aínda segue a ser festivo para moitos porque se celebra San Roque, patrón de moitas vilas galegas. Entre as celebracións máis multitudinarias hoxe está a festa da auga de Vilagarcía, onde este mediodia se daban cita milleiros de persoas. 16/08/16